Vilalba: presentación de No perfil das verbas, de Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero
A Coruña: Libros a monte III
Pontevedra: presentación de Michigan/Acaso Michigan, de Antón Reixa
Pontevedra: Xornadas Abertas Gálix 2018. Desfacendo a raia “A LIX nos medios de comunicación”
A Coruña: recital de Xiana Arias e Víctor Rodríguez Núñez no Ciclo Poetas Di(n)versos
A segunda
feira 26 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Xiana Arias e o poeta cubano Víctor Rodríguez Núñez. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos novembro 2018.
Crónica videográfica do 1º Encontro da edición galega e portuguesa, organizado pola Asociación Galega de Editoras en setembro de 2018 (III)
Vigo: presentación de Feminicidio, de Carme Adán
Compostela: presentación do libro-CD De viaxe polo mundo, de Faneca e Longueirón
Berta Dávila gaña coa obra Limiar o primeiro premio de poesía Díaz Jácome
Desde Crónica3:
“A santiaguesa Berta Dávila Fernández obtén o primeiro premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores, convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Deputación de Lugo. A obra que resultou gañadora na XIX edición deste certame leva por título Limiar.
O primeiro premio neste certame, que ten por finalidade estimular a creación poética entre os mozos e mozas, recoñécese con 1.500 euros, placa e diploma.
O segundo premio foi para Alexandre Fernández Peón de Pontevedra, pola creación Crónica bélica da devastación en cinco minutos. O pontevedrés recibe 600 euros, placa e diploma. Mentres, Laura López Esteban, de Lugo, acadou o terceiro premio, dotado con 300 euros, placa e diploma, coa obra Renacer.
O xurado que fallou os premios estivo integrado por Áurea Ramil, Armando Requeixo e José María Felpeto.
Entrega dos premios
A entrega dos premios terá lugar nun acto celebrado polo Concello de Mondoñedo o sábado 1 de decembro a partir das 12:15 horas no Salón de Plenos.
O Concello de Mondoñedo amosa un ano máis o seu compromiso “de aposta pola promoción do xénero poético, neste caso en lingua galega”. Dende a administración local lembran que Mondoñedo é “o berce de grandes mestres da literatura e da poesía” e, neste senso, lembran a convocatoria non só do premio de poesía que honra a Díaz Jácome, senón tamén o premio de poesía Manuel Leiras Pulpeiro.”