Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do 6 de xuño

O 6 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 17:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:

18:30 h. Contos do mundo. As viaxes de Irene. Contacontos sobre as viaxes de Irene (filla de cooperantes) a distintos lugares onde ten presenza a Cooperación Internacional de SIG (Solidariedade Intenacional Galicia); América Central, campamentos de refuxiados saharauís, Senegal, rexión andina ou Oriente Próximo.
19:00 h. Librería Lenda. In tempus veritas (viaxe pictopoética). Xabier Ron (poeta), Xosé Poldras (gravador) e Xosé Antonio Ferreira (músico).
20:00 h. Librería Lenda. Atlas dos hórreos de Galicia. Presentación do libro Atlas dos Hórreos de Galicia, de Carlos Regueira Méndez.

Crónica videográfica da III Gala do Libro Galego (VIII)

A III Gala do Libro Galego, coorganizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 19 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:

Premio na categoría de Teatro: Río Bravo, de Chévere (Kalandraka Editora):

Premio na categoría de Narrativa: A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. DoCampo (Edicións Xerais de Galicia).

Premio na categoría de Poesía: Camuflaxe, de Lupe Gómez (Chan da Pólvora Editora).

Crónica fotográfica do Paseo pola Pontevedra Literaria con Manuel Lourenzo González

Estas son algunhas das fotografías do Paseo pola Pontevedra Literaria con Manuel Lourenzo González, que tivo lugar o sábado 26 de maio. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.

Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do 4 e 5 de xuño

O 4 e 5 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 17:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para este día dentro do seu programa:

4 de xuño
18:30 h. El faro de los tres mundos. Radio Bule-Bule. Encontro con Paco Nogueiras e pequeno concerto baseado no seu libro-cd Radio Bule-Bule. Ed. Kalandraka.
19:00 h. Patasdepeixe editora. Obradoiro «Que é un libro?». Traballo con nenas/os de 6-10 anos sobre o que é un libro e como é proceso o de produción.
19:30 h. Correntes da conversa. Unha conversa sobre o Correntes d’Escritas, coa presenza de Manuela Ribeiro, organizadora do evento, e Carlos Quiroga, escritor e profesor de Literaturas Lusófonas na Universidade de Santiago de Compostela.

5 de xuño
17:30 h. Espazo efémero. Presentación Colección Libros SELIC.
18:30 h. Urco Editora. Obradoiro de ilustración. Obradoiro de ilustración para público infantil impartido por Eva Agra, ilustradora da colección Mulleres Bravas da nosa historia.
20:00 h. Poesía musicada con Aurelino Costa e Carlos Costa. Un guitarrista portugués e un poeta. Actividade promovida por Póvoa de Varzim.

A Coruña: “A cultura é un dereito. A escena galega no palco do Colón”, o 9 de xuño