Pontevedra: inauguración da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!
Fegatea concede a Manuel Lourenzo o Premio á Animación Teatral
Desde Fegatea:
“A Xunta Directiva da Federación Galega de Teatro Afeccionado acordou, por unanimidade, concederlle o Premio FEGATEA á Animación Teatral, na súa cuarta edición, a Manuel Lourenzo, pola súa dilatada e significada traxectoria no eido da cultura teatral galega.
A FEGATEA, que agrupa a arredor de 50 grupos de teatro amador e asociacións culturais de toda Galicia, convoca este premio de carácter honorífico bianualmente. A súa finalidade é recoñecer o labor a prol do teatro dunha persoa, colectivo ou entidade.
Neste sentido a Xunta directiva da FEGATEA considerou que o intenso e prolífico traballo de Manuel Lourenzo como director teatral, dramaturgo, actor e tradutor, así como o seu labor impulsor e dinamizador de incontables iniciativas, tanto no teatro profesional como amador, falan dun compromiso co teatro galego difícil de igualar e fano sobradamente merecedor deste galardón.
A entrega do Premio tivo lugar nunha cea homenaxe o día 10 de setembro na cidade de Lugo.”
Entrevista a Inma López Silva no Diario Cultural
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevista a Inma López Silva, autora da novela Aqueles días en que eramos malas, publicada por Galaxia. Pode accederse aquí.”
Marcos Abalde: “Temos o deber da rebelión, de non dominar nin deixar que nos dominen”
Entrevista de Montse Dopico a Marcos Abalde en Praza:
“”Hai que alimentar a rebelión, a desobediencia, a insubmisión, para parar a roda do mal, da infamia”. Iso di Marcos Abalde. E diso falan os seus dous últimos libros, Exhumación (Xerais), IV Premio de Poesía Manuel Lueiro Rei, e Oenach (Espiral Maior), XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Antes destes dous poemarios, coñeciámolo polas súas pezas de teatro. Mais as temáticas son as mesmas. Como erguer a fraternidade no medio da depredación. Falamos con el das dúas últimas obras e recuperamos partes dunha conversa anterior sobre a súa creación teatral.
– Praza: O xurado dixo de Oenach que era unha adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega. Coma Exhumación, é un libro sobre a opresión. Como toda a túa obra.
– Marcos Abalde: A opresión, a dominación, é o tema que máis me preocupa, si. A dominación en todos os aspectos: entre pobos, linguas, clases sociais, entre homes e mulleres… Non sabería explicar moi ben as diferenzas, nese sentido, entre Oenach e Exhumación. Son as mesmas obsesións… Se cadra porque é o tema que nos urxe resolver. Non podemos caer no fatalismo de que non hai saída á explotación do home polo home. Na historia as cousas foron mudando e hai esperanza de seguir mudando a sociedade. A idea de que a fin da historia é o capitalismo liberal é unha superstición. (…)”
Guitiriz: presentación de Labrego con algo de poeta, de Mercedes Queixas
Compostela: velada poética con Lala Blay e Estevo Creus
O sábado 10 de setembro, a partir das 20:00 horas, na Novaniké (Ruela de Xerusalén, 4), en Santiago de Compostela, terá lugar unha velada poética coa presenza de Lala Blay, chegada de Barcelona, e Estevo Creus Andrade. O acto vai ser presentado por Eduard Velasco.
Entrevista sobre Uxío Novoneyra con Carlos Paulo Martínez Pereiro
Bases do XXIII Premio de Novela Curta Lueiro Rey 2016
A Escritora na súa Terra: Helena Villar Janeiro. Rianxo, 2016. Crónica videográfica (III)
O sábado 25 de xuño tivo lugar unha nova edición de O/A Escritor/a na súa Terra, dedicada neste 2016 a Helena Villar Janeiro, en Rianxo.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG:
– Laudatio: Marica Campo:
– Entrega da Letra E e resposta á laudatio por Helena Villar Janeiro: