Compostela: acto central do Día de Rosalía de Castro 2016, no Panteón de Galegos Ilustres, o domingo 21

CartelAELGDia-de-RosaliaDeCastro2016-ActoCentral_001PROGRAMA

  • Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
  • Actuación da Coral da Asociación cultural e musical Solfa.
  • Negra Sombra (Letra: Rosalía de Castro; música: J. M. Capón).
  • No escuro (Letra: R. Cabanillas; música: Fuxan os Ventos; arr.: F. Tobar Cereijo).
  • Lectura do Manifesto da AELG. Suso de Toro.
  • Lectura de poemas rosalianos:
    María Xesús Astray Rodríguez
    Afonso Becerra
    Rosalía Fernández Rial
    Margarita Ledo
    Celia Parra
    Mercedes Queixas Zas
    Eli Ríos
    Isabel Risco
    Alba María
    Francisco Susavila
  • Actuación da Coral da Asociación cultural e musical Solfa:
    Na morte de Castelao (Letra: R. Cabanillas; arr.: F. Tobar Cereijo).
    Os soños na gaiola (Letra: Manuel María; arr.: F. Tobar Cereijo).
  • Ofrenda floral.
  • Interpretación do himno.

Dolores Macías Pose: «Aos novos non lles gustan as coplas»

EntrevistaDolores Macías Pose foto J. M. Casal a Dolores Macías Pose en La Voz de Galicia (foto de J. M. Casal):
“A AELG acaba de galardoar a Dolores Macías Pose, veciña de Cabana, pola súa dedicación á cultura popular.
Ao igual que o músico que mentres conversa vai arrancando notas do seu instrumento ou o escritor que nunca esquece ter a man papel e bolígrafo para anotar as ideas que nacen no seu maxín, Dolores Macías Pose sempre ten no bico un cantar co que dar renda solta á súa gran paixón: «Cando vou para o muíño / asubíos me van dando / hache de ser Farruquiño / que anda no monte co ghando / Farruco vaite ao muíño / que che ha de ter acabado / coa ala do sombreiro / varreraslle o tremiñado», recita ao pouco de comezar a falar esta veciña de Cabana convertida aos seus 85 anos en memoria viva dunha tradición ameazada polo paso do tempo: a das coplas e as historias en verso coas que décadas atrás se animaban as xornadas de feira e de traballo compartido ou as noites de inverno ao carón dunha lareira.
A súa nai, María; as fiadas en Esmorís, Cesullas, ou Bamiro, en Vimianzo, e as feiras son -tal como contou xa no seu día Ángel Eiroa, neto doutra veterana copleira cabanesa, Aurora Ramos Pereiro, de 102 años- algunhas das fontes das que bebeu Dolores, incapaz de lembrar cando ou cal foi a primeira copla que aprendeu, pero que non deixou de acumular desde entón na súa cabeza todo ese saber popular. «Agora xa son unha viegha. A voz xa me falla bastante, pero de momento sigo cantando porque é algo que me gusta moito», explica antes de arrincarse outra vez en verso: «Sei cantar e sei bailar / sei toca-la pandeireta / o que se case comigho / leva a música completa», recita recuperando un ofrecemento que nunca se chegou a materializar. (…)
Dolores recoñece sentir mágoa pola perda dunha tradición á que permanece allea a mocidade. «Á xente nova xa non lle gustan as coplas, prefire cousas modernas. Antes bailabamos unha xota, unha muiñeira, un valse, bailes moi bonitos, pero agora vas a unha festa e non hai diso». Pero tamén en evitar que esa perda chegue a producirse ten xogado esta cabanesa un papel fundamental: colaborando con grupos como Xacarandaina ou na elaboración do Cancioneiro de Cabana de Pablo Díaz e Olga Kirk, e participando en varias das polafías coas que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) está a gravar por toda Galicia estas manifestacións da cultura tradicional.
Todo este labor acaba de ter agora recompensa cun dos dous premios Mestras e Mestres de Memoria, cos que a AELG recoñece «toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional». Dolores recoñece que a súa idade non lle gusta viaxar, pero a pesares do que di a copla coa que despide a conversa («Eu aquí non canto máis / que se me acabou a ghrasia / e a pouquiña que me queda / lévoa pra a miña casa»), seguro que estará ese día en Lugo cun cantar nos seus beizos.”

II Excursión da ruta Costa do Solpor, o sábado 20 de febreiro

12745452_773633042764190_3366103016071985182_nO sábado 20 de febreiro, a partir das 09:30 horas, terá lugar a II Excursión da Ruta Costa do Solpor, turístico-literaria, dirixida polo autor da obra, Xosé María Lema Suárez.
Está organizada polo CEFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación), o antigo CEFORE (Formación do Profesorado), dependente da Xunta de Galicia, e como tal, dirixida a profesores/as de toda Galicia. A excursión inaugural (con 54 viaxeiros) fora o 17 de outubro de 2015.
Estasitinerario ruta CdoS + portada (skaner) van ser as paradas principais previstas para contemplar os itinerarios naturais nos que se desenvolve a novela: saída de Vimianzo ás 9:30 h. >> ruínas do pazo de Boallo (Berdoias) >>> praia da Langosteira (Fisterra) >>> porto de Fisterra e castelo de San Carlos, onde o poeta Alexandre Nerium recitará unhas poesías súas que inspiraron pasaxes da novela ==> punta da Buitra / furna da Buserana / monte Cachelmo >>> xantar nos Muños (Muxía); pola tarde: paso pola Ponte do Porto >>> Alto das Campeleiras (Santa Mariña) e Camelle.
Están apuntados profesore/as de toda Galicia (para un autobús de 50 prazas), non só de lugares máis ou menos próximos á zona (Santa Comba, Carballlo, A Coruña, Santiago) senón de moito máis distantes, coma Ferrol, Ribadeo, Lugo, Ourense, Boiro, Pontevedra, Cangas, Moaña…).

Universidade da Coruña: Mestrado Universitario en Literatura, cultura e diversidade (curso 2016-2017)

MLCD 2016 1MLCD 2016 2MLCD 2016 3MLCD 2016 4Podedes consultar tamén a web da Facultade de Filoloxía.
Xa está aberto o prazo de matrícula dos Mestrados para os estudiantes estranxeiros (do 18 de xaneiro ao 18 de abril).

Convocado o XV Certame Literario de Relato de aventuras Antón Avilés de Taramancos

1. Antón Avilés de TaramancosPoderán concorrer ao Certame de Relato de Aventuras todas as persoas, maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras.
2. A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica.
3. O prazo de admisión dos orixinais rematará o día 8 de abril de 2016.
4. Os traballos serán remitidos ao enderezo: Concello de Noia. Rúa Rosalía de Castro, 2 – 15200 Noia (A Coruña)
5. Estabelécese un único premio de 3.000 euros, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa, e a publicación da obra gañadora por parte do Excmo. Concello de Noia. O importe do premio estará suxeito á lexislación fiscal vixente.
O premio está consignado na partida 334.48003, atopándose retido o crédito necesario.
A entrega do premio realizarase mediante transferencia bancaria ao gañador/-a, que deberá achegar ao Concello de Noia a certificación emitida polo banco correspondente á súa conta. Unha vez presentada a certificación, o Concello disporá de cinco días hábiles para a realización efectiva do pagamento.
6. O xurado terá todas as facultades para a decisión do premio, que poderá quedar deserto, para interpretar as bases e a súa decisión será discrecional e baseada en criterios de valoración literarios e lingüísticos.
O xurado, que será nomeado por resolución do concelleiro-delegado de Cultura, estará composto polo:
– Presidente: Concelleiro delegado de Cultura.
– Secretario/-a: un traballador municipal, sen voto.
– Catro vogais nomeados/-as entre persoas de recoñecido prestixio no eido das letras galegas entre os que deberá constar un membro da revista de creación literaria e cultural “Casa da Gramática” do IES Virxe do Mar de Noia.
O xurado emitirá publicamente o seu veredicto o día 13 de maio de 2016.
7. Os traballos non premiados serán devoltos, previa solicitude, e os restantes serán destruídos transcorridos vinte días desde a data do veredicto do Certame. Non poderán participar neste certame os autores premiados en edicións anteriores.
8. O feito de concorrer ao Certame implica a aceptación destas bases.

Noia, 26 de xaneiro de 2016
O Concelleiro de Cultura

Asdo.: José Manuel Lage Tuñas”

Día Internacional do Libro Infantil 2016

DesdeCartel_DILI_2016_gl Galix:
“Como saberedes, o 2 de abril, para conmemorar o nacemente de Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil.
Cada ano, a OEPLI e as súas catro seccións, entre as que se encontra GÁLIX, traballan para celebrar este día no maior número de lugares de toda España.
Nas actividades deste día animamos a participar a centros escolares, bibliotecas e librarías na difusión da mensaxe da escritora Luciana Santori e do cartel do ilustrador Ziraldo que este ano preparou a sección brasileira do IBBY. Podes descargar a mensaxe en pdf aquí, e aquí a Carta de convite a bibliotecas e librarías e a Carta de convite a centros docentes.

Ademais, co gallo desta data, organizaranse sesións de contacontos, encontros con autores/as, etc. e, por suposto, o concurso anual. Este ano, o concurso chámase “Adopta un animal de conto”.

Concurso Adopta un animal de conto 1Concurso Adopta un animal de conto 2

As librarías e bibliotecas poden adherirse a estas iniciativas a través da web da OEPLI neste enderezo.
GÁLIX será a encargada de coordinar estas iniciativas en Galicia e celebraremos, no seu momento, a entrega de premios para os/as rapaces/as que participen no concurso.”

Xabier P. DoCampo estrea no CGAI un filme que rodou hai 33 anos

DesdeXabierDoCampo 2 Sermos Galiza:
“Este sábado no CGAI da Coruña proxéctase a curtametraxe Na outra beira das augas grandes, que o escritor Xabier P. DoCampo rodou hai 33 anos para un curso de cinema e que agora vén de recuperar e reescribir a historia.
O pase do filme será o sábado 20 ás 18 horas e incluirá unha conversa posterior co escritor, aquí no rol de director e guionista. A fita foi estreada no pasado Culturgal, cando Docampo sorprendía a propios e estraños dando a luz un filme que rodou hai case 44 anos na Costa da Morte. Titúlase Na outra beira das augas grandes e é unha adaptación dunha lenda dos Pés Negros americanos que lle pareceu ao autor “unha marabillosa metáfora desa emigración galega, eses homes e mulleres que foron buscar a vida á outra beira do océano”.
“Isto nace da miña paixón por contar historias e por que mas conten”, explica Docampo. “Eu amo o feito marabilloso de contar historias, non é que non me importe o medio polo que se contan, pero persigo por riba de todo a fascinación que asolaga a miña alma ao aprehender a emoción dunha historia ben contada. E iso é o que pretendín con Na outra beira das augas grandes”.
A orixe da fita remóntase a 1981, cando Docampo, xunto con outros compañeiros, participaron nun curso de cinema e, como parte del, tiñan que rodar un filme. El, como non podía ser doutra maneira, teimou en facer un guión para nenos e nenas que foi seleccionado e comezou a gravación en diversos lugares da Costa da Morte tendo como protagonistas aos actores Miguel Pernas e Maruchi Olmo. Sen embargo, os cartos rematáronse e aquela fita gardouse nun armario “coa condición de que o montaría cando tivese posibles, pero nunca os tiven e alí ficou durante case 33 anos”. Sigue lendo

Ourense: María Lado e Lucía Aldao presentan Pendanca e oso

OAldaolado Pendanca e oso sábado 20 de febreiro, a partir das 22:00 horas, en El Pueblo Café Cultural (Rúa Samuel Eiján, 1), en Ourense, Lucía Aldao e María Lado, Aldaolado, estrean o recital Pendanca e oso, unha fábula aldaolado sobre o amor.

Compostela: conversa con Manuel Rivas arredor de O último día de Terranova

O Manuel Rivasvenres 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na Librería Cronopios (Rúa Alfredo Brañas, 24) de Santiago de Compostela, a xornalista Susana Pedreira manterá unha conversa con Manuel Rivas sobre a súa novela O último día de Terranova, publicada por Xerais.