O
venres 19 de febreiro, ás 20:30 horas, na sala de conferencias do Instituto de Estudos Miñoranos, aula Ponte de Rosas, situada na Avenida da Feira, 10, baixo, de Gondomar, preséntase o libro colectivo 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, coordinado por Suso Díaz e Helena Villar Janeiro, e publicado por Biblos. No acto participan Marta Dacosta, Pepe Cáccamo, Ledicia Costas, Miriam Ferradáns e Irene Silva, que nos ilustrarán sobre a xestación deste orixinal e importante libro e recitarán algúns dos seus poemas.
A Coruña: presentación de Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
O
venres 19 de febreiro, ás 20:00 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32) da Coruña, preséntase Moraime, pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón, publicada por Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías.
Vilar de Santos: presentación de seique, de Susana Sánchez Arins
A
sexta feira 19 de febreiro, ás 20:30 horas, na Arca da Noe (Rúa do Forno, 13), en Vilar de Santos, Susana Sánchez Arins presenta o seu último libro, seique, publicado por Através Editora. No acto, a autora estará acompañada por José Calleja.
Betanzos: homenaxe a Rosalía de Castro, con María Lado e Lucía Aldao
Ledicia Costas e Marcos Calveiro inician as charlas en centros de ensino vigueses promovidas por Faro de Vigo
Desde Xerais:
“O Faro de Vigo publica unha información sobre as charlas que os escritores Ledicia Costas e Marcos Calveiro imparten en nove centros de ensino vigueses sobre a súa obra literaria dentro dunha programación promovida polo devandito xornal e o Faro da Escola.”






