O Grove: presentación de O noiro, de Antonio Piñeiro
Anxos Sobriño, nova presidenta da CTNL: “O traballo do persoal técnico de normalización ten que reverter na sociedade”
Entrevista
a Anxos Sobriño en Sermos Galiza:
“Anxos Sobriño (O Rosal, 1971) é a nova presidenta da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua. Substitúe no cargo Nel Vidal, que levaba nove anos á fronte da entidade. Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola USC, traballa no equipo lingüístico da Audiencia de Pontevedra.
– Sermos Galiza (SG): Como comezas esta nova etapa á fronte da CTNL?
– Anxos Sobriño (AS): Con ilusión e responsabilidade. Para min realmente é unha gran responsabilidade porque a CTNL é máis que unha asociación. É unha escola de traballo, un grupo de amigos que medramos profesionalmente xuntos e agora presidila supón un gran reto e a oportunidade de aprender. Esta é unha entidade que funciona de maneira moi asemblearia, polo que todos e todas achegamos, así que ser presidenta é un cargo importante, mais o traballo é conxunto.
– SG: Que retos ten por diante?
– AS: Realmente, este cambio de dirección é unha continuidade do traballo feito con anterioridade. Non é que vaia cambiar as liñas de acción. Eu, como presidenta, espero continuar co bo traballo que se fixo até o de agora e melloralo na medida do posíbel, se se consegue. O principal reto é lograr que haxa un mellor traballo en normalización lingüística, máis colaboración e unha mellora da situación da lingua dentro das nosas posibilidades.
– SG: Cales son os próximos proxectos da CTNL?
– AS: Na asemblea decidimos as propostas de acción para o ano. Como esta é unha etapa de continuación, as actividades que se aprobaron foron seguir coa formación para o colectivo (con un ou dous cursos ao ano), colaborar co curso de verán de normalización que organiza a UDC e cos encontros para a normalización organizados polo Consello da Cultura e continuar nas propostas de colaboración entre servizos de normalización lingüística (porque está demostrado que se traballa moito mellor entre varios e aproveitamos con maior eficacia os recursos). Ademais, ao abeiro da CTNL, acordamos que seguiremos apoiando actividades como Apego ou o club de debate entre institutos. Seguiremos a fomentar o traballo de colaboración entre os servizos porque vemos que é útil e enriquecedor. Tamén continuaremos a organizar actividades como o LGX15 ou a campaña arredor do Día das Letras. (…)”
Ourense: presentación de Un cesto de mazás, de Montse Fajardo
24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro: Mobiliza Rosalía
Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal.
Pode descargar aquí o cartel base do Día de Rosalía de Castro 2016, en formatos pdf e jpg.
A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
No Twitter:
No Facebook:
No Instagram:
Actos promovidos pola AELG (actualización diaria)
Sigue lendo
Vídeo do VI Día Lugrís (2015)
Vigo: presentación de Lourenço, Xograr, de Manuel Portas
Compostela: presentación de Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra, libro-DVD de Margarita Ledo Andión
Santa Cruz, Oleiros: presentación de O soño de Xoán, de Farruco Graña
A Coruña: presentación de O último día de Terranova e A boca da terra, de Manuel Rivas
O
xoves 25 de febreiro, ás 19:00 horas, na FNAC da Coruña (Praza de Lugo, s/n), terá lugar a presentación, lectura e coloquio arredor da novela O último día de Terranova e do poemario A boca da terra, de Manuel Rivas, publicados por Xerais.





