Carlos Meixide presenta Ons
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Unha novela do xénero de aventuras vacacionais dun grupo de adolescentes. “É un erro infravalorar a capacidade intelectual ou a actitude ante a vida dos rapaces”. A entrevista completa pode escoitarse aquí.”
A Pobra do Caramiñal: presentación de Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo, de X. Ricardo Losada
Ribeira: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
Lugo: presentación de A música dos seres vivos, de María Reimóndez
O
venres 30 de outubro, ás 19:00 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase A música dos seres vivos, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, que contará coa presenza da autora, participan tamén Fran Alonso e Mercedes Peón.
Bases do IV Premio de poesía Manuel Lueiro Rey 2015
Compostela: presentación de O coitelo da pedra fundida, de Francisco Antonio Vidal
Vigo: presentación de Xeixos, de Suso Lista
O
venres 30 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Cartabón de Vigo (Rúa Urzaiz, 125), preséntase Xeixos, de Suso Lista, publicado por Embora.
Os Premios Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal recoñecen a traxectoria de Margarita Ledo e Siro López
Desde
a
Real Academia Galega:
“”Unha nación pequena e subalterna pode contribuír a transformar a realidade”. A académica Margarita Ledo compartiu esta idea na entrega dos Premios Bos e Xenerosos da Fundación Eduardo Pondal, que este ano recoñeceron a súa traxectoria xunto ás do científico Ángel Carracedo, a cantante Guadi Galego e o debuxante Siro López. Ledo Andión empregou como fío condutor no seu discurso a frase do Himno “os tempos son chegados”, que segue a servir hoxe para reivindicarmos que “a igualdade deixe o limbo das declaracións e pase a ser parte desta terra na que pomos os pés”, salientou.
No seu discurso, que pode lerse aquí, Margarita Ledo lembrou o artista hip-hop Jean-Michel Basquiat, quen malia morrer con só 27 anos converteuse nunha das referencias na arte contemporánea. A arquiveira-bibliotecaria da RAG e catedrática de Comunicación Audiovisual contou como percorrendo o día anterior a mostra da súa obra no Museo Guggenheim pensou “que unha nación pequena e subalterna tamén pode contribuír a transformar a humanidade”. A mostra ten como nó organizador a consigna Now is the time do discurso “I have a dream” de Martin Luther King, que a premiada comparou con “os tempos son chegados” de Eduardo Pondal.
“Cando, a día de hoxe, volvemos dicir ‘os tempos son chegados’, dámoslle continuidade a unha xinea que tomou posición, que interveu no medio e medio da praza, que soergueu símbolos, que anticipou un xeito de pensar o futuro como emancipación comunal. Now is the time (…), tamén para nós esa frase do Himno significa que cómpre acadar poder político para deter a nova emigración, que é preciso mudar para as mans do común eses recursos imprescindíbeis para que a igualdade deixe o limbo das declaracións e pase a ser parte desta terra na que pomos os pés”, engadiu a académica.
Na homenaxe, celebrada na sede da Fundación Eduardo Pondal, na aldea do Couto de Ponteceso, participaron numerosos amigos e autoridades, entre eles o alcalde do concello e presidente da Fundación, Lois García Carballido, e o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, xunto a outros académicos.”
Lisboa: lanzamento de Ernesto Guerra Da Cal, do exílio a galego universal, de Joel R. Gômez
A
sexta feira 30 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditório da Sociedade Portuguesa de Autores (Av. Duque de Loulé, 31), de Lisboa, o Centro de Estudos Galegos da Faculdade de Ciências Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa organiza o lanzamento de Ernesto Guerra Da Cal, do exílio a galego universal, de Joel R. Gômez, publicado por Através. No acto participan, co autor do libro, o director do CEG, Luiz Fagundes Duarte, e o presidente da Sociedade Portuguesa de Autores, José Jorge Letria.





