Desde
Sermos Galiza:
“Sobre unha enquisa remitida aos seus 1.262 afiliad@s, a Asociación de Escritores en Lingua Catalá (AELC) vén de presentar os resultados do seu estudo que evidencia unha “precarización” dos escritores e escritoras con obra só en catalán a respecto de quen ten obra en castelán e unha situación peor en canto á profesionalización da de hai sete anos, cando se fixo a anterior investigación sobre a profesionalización da literatura.
Só unha de cada dez persoas que escriben en catalán vive maioritariamente da escritura, un 1,5 % menos a respecto dos datos de 2007. Significativa é a diferenza entre homes e mulleres, xa que os datos evidencian un 65,7% fronte a un 34,3%.
Do total dos nomes da literatura catalá, case o 80% gaña menos de 5.000 euros ao ano en actividades que teñen que ver coa literatura, que inclúen non só os dereitos por obras senón tamén colaboracións en prensa, conferencias ou guións. Case o 80% manifestan que conseguen o 15% dos seus ingresos por actividades literarias e só o 9,77% dos enquisados confesan que máis do 50 do que facturan ao ano provén da literatura.
Se hai sete anos só un 2% manifestaban estar en situación de desemprego neste momento a cifra elévase ao 4%. Malia iso, o 60% dos enquisados declara que escriben de maneira regular e só un 29% de forma estacional e un 12% frecuentan o oficio de maneira esporádica.”
Lugo: presentación de Ode à Madison Ivy, Gume de navalha e A seiva calcinada, de Verónica Martínez, José Alberte Corral e Alberte Momán
Compostela: presentación de Os inocentes, de María do Cebreiro
O
venres 19 de decembro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, María do Cebreiro presenta Os inocentes, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, participan Margarita García Candeira e Ismael Ramos.
Compostela: presentación de Rastros con enrugas, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
Betanzos: presentación de Dende o conflito, de María Reimóndez
Compostela: No lugar do lugar, con Estevo Creus e Pablo Seoane
O
venres 19 e o sábado 20 de decembro, ás 20:00 horas os dous días, na Kunsthalle de Compostela (Rúa da Conga, 8), haberá unha sesión músico poética en formato site specific, baixo o nome No lugar do lugar, con Estevo Creus (texto e voz) e Pablo Seoane (piano en directo). O prezo é de 3 euros (con poema/postal de agasallo).
A Coruña: recital poético-musical na reapertura da Libraría Sisargas
O
venres 19 de decembro, ás 20:30 horas, terá lugar un recital con poesía e música na reapertura da Libraría Sisargas no seu novo emprazamento (Rúa San Roque, 7), na Coruña. Participan, na parte poética, Dores Tembrás, Francisco X. Fernández Naval, Xosé Iglesias, Jose Montero, Rodrigo Osorio, Teresa Ramiro, Rosalía Fernández Rial e Ramiro Torres, e na parte musical César Morán. Previamente ao recital haberá unha actuación de Xurxo Souto.






