Entrevista
a Rosalía Fernández Rial en La Voz de Galicia:
“A poetisa carballesa e muxiá, Rosalía Fernández Rial, presentou este xoves, 14 de agosto, o seu poemario Ningún amante sabe conducir no Faro Vilán de Camariñas rodeada das pezas da exposición de pintura e escultura Son do Mar e coa colaboración dos seus autores, José Garrido e Yano Yoro, que realizaron unha pequena performance inspirada neses versos. (…)
– La Voz de Galicia: Un soño por cumprir.
– Rosalía Fernández Rial: Moitos. Ter soños por cumprir é unha razón para vivir, así que os vou acumulando continuamente. Tamén teño soños colectivos, como que a cultura impere un pouco máis, que a xente aspire a ela e que aprecie as demostracións culturais, e sobre todo que haxa máis traballo neste sector. (…)”
Viveiro: actividades destacadas do sábado 16 e domingo 17 na Feira do Libro
O
sábado 16 e domingo 17 de agosto finaliza a edición de 2014 da Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados para eses días:
Sábado 16
– 19:00 h. Recital-presentación da novela Fugaz coincidencia e o poemario Nair, de José Estévez, publicados por Redelibros. Participan, xunto ao autor, Chus Amieiro, Luísa Arias, Ana P. Croas, Iria López, Salomé Díaz Muñiz, Esperanza Martínez, Carmen Cociña, Catarina Laxe e Mar Romero.
– 20:00 h. Henrique Dacosta asinará exemplares do seu libro Entrada ao xardín do saber, publicado por Redelibros.
– 20:00 h. Presentación do libro A voz do vento, de Pemón Bouzas, publicado en Xerais.
Domingo 17
– 20:00 h. Presentación do libro Alcumes de Celeiro, de José Antonio Abella Albo.
– 21:00 h. Presentación do libro Como ser reintegracionista sen que a familia saiba, de Eduardo Sanches Maragoto, publicado por Edicións do Cumio.
Viveiro: actividades destacadas do xoves 14 na Feira do Libro
O
xoves 14 de agosto comeza a edición de 2014 da Feira do Libro de Viveiro (nos Xardíns de Noriega Varela, de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 22:00 h.), cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 19:30 h. Pregón inaugural a cargo de Xurxo Souto.
– 20:00 h. Presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Xerais.
Malpica: presentación de Descubre Muxía, de Xan Fernández Carrera
Bueu: presentación de Chovida do ceo, de Alfredo Conde
O
sábado 16 de agosto, ás 12:00 horas, no Centro Social do Mar de Bueu, preséntase a novela Chovida do ceo, de Alfredo Conde, publicada en Xerais. No acto, organizado pola librería Miranda de Bueu, participa, xunto ao autor, o xornalista Salvador Rodríguez.
Cee: actos literarios da Feira do Libro no venres 15 e sábado 16 de agosto
Dentro
da Feira do Libro de Cee, terán lugar as seguintes actividades na caseta da Libraría Á lus do candil:
Venres 15
– 13:00 h. María Canosa Blanco asinará exemplares de Papá, que son os sorrisos? (Galebook) e Ana xa chegou! (Everest).
Sábado 16
– 13:00 h. Miro Villar asinará exemplares de A pantasma da Casa da Matanza (Biblos).
– 19:00 h. Xosé Iglesias asinará o seu poemario Transfusión oceánica (Caldeirón) e Modesto Fraga asinará exemplares de Fisterra, a derradeira perla de occidente.
Cee: actos destacados do xoves 14 na Feira do Libro
Nese mesmo día, o xoves 14 de agosto, a partir das 12:30 horas, na caseta da Libraría Á lus do candil, Concha Blanco asinará exemplares da súa obra As noites de Xián, publicada por Xerais.
Faro Vilán, Camariñas: presentación de Ningún amante sabe conducir, de Rosalía Fernández Rial
Radiocrítica do 04-08-2014, por Armando Requeixo
Desde
o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 4 de agosto en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López sobre Escrito en cafetarías, de Miguel Anxo Murado (I, 1:00); Obra reunida, de Verónica Martínez Delgado (I, 6:30), Crónicas dun tempo escondido, de Sabino Torres (II, 2:51) e As señoras cousas, de Helena Villar Janeiro (III, 00:24).”
Pódese escoitar na versión orixinal nestas tres ligazóns.


