O mércores 20 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Bragado e Xesús Ferro Ruibal.
Rosalía de Castro e Warhol, desde o CEIP Rosalía de Castro da Coruña
Entrevista a Xosé María Lema, autor de Costa do Solpor
A traxectorial vital e literaria de Ferrín, premiada co Otero Pedrayo
Desde Sermos Galiza:
“O xuri do Premio Otero Pedrayo recoñece co galardón a traxectoria de Xosé Luís Méndez Ferrín como poeta, ensaísta e narrador, mais tamén, a proposta de Manuel Baltar, destaca a súa biografía “chea de renuncias persoais” en que se valoran con especial relevancia as “decisións tomadas mesmo contra a propia estabilidade do seu entorno emocional máis cercano”. A candidatura de Xosé Luís Méndez Ferrín foi apresentada na propia xuntanza polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e contou co apoio dos representantes da Xunta, en concreto o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo e o director xeral de Política Lingüística, Valentín García. A candidatura do ex presidente da RAG obtivo tamén os votos dos representantes das Deputacións de Ourense e Pontevedra, do escritor Darío Xohán Cabana, en representación da Academia, e con algún dos representantes das Universidades. O premio está dotado con 30.000 euros. (…)”.
Convocado o I Concurso de Microrrelatos OZOCOGZ
O<img class="alignleft size-full wp-image-33719" title="I Concurso Microrrelatos I Concurso de Microrrelatos OZOCOGZ está promovido por esta entidade, coa colaboración de Libraría Escolma do Carballiño, Libraría Aira das Letras de Allariz, Livraria Suévia da Coruña, Marta Dacosta, Paula Carballeira e David Otero. O prazo para participar remata o 25 de abril de 2013, realizándose desde o seu perfil de facebook.
As bases completas pódense consultar aquí.
Manuscritos: Vicente Risco
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Dispoñíbel o Boletín público de AGPI (número 1)
“Está dispoñíbel o novo boletín de noticias da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
Aquí atoparás información sobre lanzamentos, eventos, convocatorias e proxectos relacionados co sector da ilustración galega.
Para recibir comodamente o boletín no teu correo electrónico podes subscribirte aquí. Tamén podes compartir este boletín cos teus amigos e colegas, e enviarnos as túas suxestións e comentarios escribíndonos a correo@agpi.es.
Se o prefires tamén podes borrar a túa subscrición.
Agardamos que esta nova ferramenta informativa sexa do teu interese.”
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega asinou un convenio coa Asociación Galiza co Galego
Como asociacións coincidentes no obxectivo dunha educación laica, plural, en valores, de calidade e en lingua galega, ambas entidades acordaron que Galiza co Galego difunda as actividades, publicacións e propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e esta última porá os seus recursos á disposición de GcG e participará nas actividades educativas promotoras da cultura e lingua, dentro da Rede de Ensino Popular.
As persoas asociadas de ambas as asociacións beneficiaranse das actividades e das actuacións conxuntas que acorden.
Galiza co Galego suma así máis recursos para o ensino en galego, pois este convenio vén xuntarse aos xa subscritos coas asociacións pedagóxicas Nova Escola Galega (NEG) e Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).
Entregados os Premios da Edición 2012
Desde a Asociación Galega de Editores:
“Os Premios da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores, pretenden recoñecer e distinguir a excelencia do traballo editorial realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2012 en Galicia. Asistiron á Noite da Edición o Secretario Xeral de Cultura e o Concelleiro de Cultura do Concello de Vigo.
O xurado dos Premios da Edición do ano 2012 estivo formado por Xaime Nogueira, Montse Pena Presas, Concha Costas, Paz Raña Lama e Laura Caveiro.
PREMIADOS
– Premio Ánxel Casal ao Libro de ficción: Morgana en Esmelle, Begoña Caamaño, editado por Galaxia.
– Premio Ánxel Casal ao Libro de non ficción: O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz, publicado por Xerais.
– Premio Ánxel Casal ao Libro de poesia ou teatro: Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro, editado por Kalandraka.
– Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro ilustrado: Cartas de inverno, ilustrado por Antonio Seixas, editado por Xerais.
– Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil: O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, editado por Xerais.
– Premio Lois Tobio á Tradución: Alén da fronteira. Sete poetas vascos, traducido por Isaac Xubín, editado por Kalandraka Editora.
– Premio Xosefa Vilarelle ao Libro Educativo: Peixes. Cociña infantil, de varios autores, editado por Ouvirmos.
– Premio Xosé María Álvarez Blázquez: Fina Casalderrey.
– Premio Rosalía de Castro á mellor iniciativa editorial: OQO films.
– Premio Francisco Fernández del Riego á difusión do ámbito editorial e cultural: Fundación Penzol.”
Vídeos do Día de Rosalía 2013 no ensino (XI)
30. Cando a luniña aparece (Colexio Divina Pastora, O Barco de Valdeorras)
31. Si a vernos, Marica, nantronte viñeras (CEP Pilar Maestu Sierra, A Pobra do Caramiñal)
32. Como chove miudiño (CEIP de Baño-Xanza, Valga)