Corme: presentación de Salseiros, de Suso Lista
Fallo do XLVI Concurso Literário de Contos de nenos para nenos da A. C. O Facho
“A
Agrupaçom Cultural O Facho tem a honra de comunicar-lhes o falho do Concurso Literário Contos de nenos para nenos na convocatória do ano 2014, segundo acordo do júri formado polos escritores Xabier P. DoCampo, Breogán Riveiro Vázquez e Xosé Manuel Martínez Oca.
1º.- Prémios da Categoria A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos):
– Primeiro prémio: Onde estás?, de Claudia Neira Pérez. Aluna do IES do Caminho, de Palas de Rei (Lugo).
– Segundo prémio: O espantalho, de Víctor Vidal Anta. Aluno do CEIP Tuela Bibey de Lubián (Zamora).
2º.- Prémios da categoria B (Rapazes e rapazas de 13 a 16 anos):
– Primeiro prémio: Onde remata o real… e comezo eu, de Alba Pérez Barcala. Aluna do IES de Cacheiras, Teo (A Corunha).
– Segundo prémio: Na cara escura da Lúa, de Helena Aurora Montero. Aluna do IES Lucus Augusti de Lugo.
Agradecemos a colaboraçom das editoriais: Galáxia, Toxosoutos, Xerais; assim como a participaçom de todos os/as concursantes e felicitamos especialmente às ganhadoras e ganhadores. Também queremos recordar que o acto de entrega de diplomas e prémios será o dia 6 de Junho às 19:00 horas, no Salom de actos da ONCE, Cantom Grande, 3 – Crunha.
Parabéns e cumprimentos.
Assinado: Soledad González Maside, da Agrupaçom O Facho, e Secretaria do Júri.
Na cidade da Crunha, 24 de Maio de 2014.”
Compostela: presentación do libro-disco Brinca vai!
A Coruña: Marcha das Buguinas 2014
O
domingo 1 de xuño, a partir das 17:00 horas, desde a Praia de San Amaro da Coruña, sairá o roteiro A Marcha das Buguinas, organizado polo Colectivo In Nave Civitas pola contorna da Torre de Hércules, facendo bruar as buguinas ao tempo que se contarán paso a paso historias das pedras e dos percebeiros. Tamén haberá poesía e música, coa participación, entre outros, de Xurxo Souto.
Vigo: contada colectiva do alumnado do curso de narración oral do CIOV
Pitões das Júnias, Montalegre, Portugal: III Jornadas das Letras Galego-Portuguesas
PROGRAMA
(Pitões das Júnias, Montalegre)
“Dia 31 de Maio.
Sábado (hora portuguesa)
– 10:00 h.: Apresentação das Jornadas.
– 10:15 h.: João Paredes: “A utilidade do celtismo. Celticidade galaica no S. XXI”.
– 11:15 h.: Rafa Quintia e Miguel Losada: “Celtismo, construção cultural e identidade”.
– 12:15 h.: Perguntas, questões e debate.
– 13:00 h.: Oinaikos Kallaikoi.
– 16:30 h.: Oinaikos Kallaikoi.
– 18:30 h.: Maria Dovigo: “O conto de Santo Amaro, desde a procura da ilha paradisíaca à diáspora dos galegos de Lisboa”.
– 19:30 h.: Debate, perguntas e questões.
– 20:30 h.: Folião celto-galaico.
– 21:00 h.: Atuação do Bruxo Queimam.
– 21:30 h.: Folião celto-galaico.
Dia 1 de Junho. Domingo (hora portuguesa)
– 10:00 h.: Abertura da sessão.
– 10:15 h.: Alberte Alonso: “Utilidade das pedra-fitas no neolítico como observadores astronómicos”.
– 11:15 h.: André Pena Granha: “Constituição política celta das galaicas trebas e toudos. Etno-arqueologia institucional”.
– 12:15 h.: Pedro Teixeira da Mota: “As fontes matriciais de Portugal”.
– 13:15 h.: Debate, perguntas e questões.
– 13:45 h.: Encerramento.
A gente pode acudir livremente às jornadas. Não há matrícula.”
Vigo: actividades destacadas do venres 30 de maio na Feira do Libro
O
venres 30 de maio continúa a Feira do Libro de Vigo (na Praza de Compostela), con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses días:
– 18:15 h. Sinatura de Miguel Ángel Alonso Diz na caseta da Libraría Andel.
– 19:00 h. Mesa redonda sobre Xosé María Díaz Castro. Intervirán no acto Armando Requeixo, Luís González Tosar e Víctor Freixanes.
– 20:00 h. Presentación do libro O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila, publicado por Galaxia. Xunto á autora, participan no acto Xosé Monteagudo e Carlos Lema.
Carral: acto de entrega do Certame de Poesía Concello de Carral
Escenifican as semellanzas entre a escola do franquismo e a que pretende a LOMCE
Desde
Sermos Galiza (a foto é deste medio de comunicación):
“Un anel de chumbo que o profesor poñía no dedo ao neno que collía falando galego. Un anel que este neno tiña que ‘pasar’ a aquel compañeiro ou compañeira de escola que atopase falando galego. E así sucesivamente. O neno que chegase o final do día con ese anel, tiña que pagar un peso de multa. Esta foi unha das historias reais que o premio Nacional de Literatura Xabier P. DoCampo viviu en carne propia e que esta cuarta feira contou durante o acto da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.
O acto decorreu no Museo Pedagóxico de Galiza e tiña unha intencionalidade clara: escenificar as semellanzas entre a escola do franquismo e a que pretende a LOMCE, ‘actualizándoa’ para o século XXI.
Xabier DoCampo resaltou o doado que é comparar a LOMCE co ensino no franquismo. “Era unha escola que se centraba na Relixión, que era o elemento central arredor do cal xiraban todos os saberes”, explicou. Coa LOMCE refórzase a confesionalidade e chegamos ao absurdo -engadiu- de que haxa compañeiros que sexan sancionados por negarse a partipar en actividades relixiosas.
“Chegabamos todos falando galego mais a única lingua que existía, desde que entrabamos pola porta, era o castelán”; e a segregación “brutal” que sufría o alumnado foi outra das experiencias narradas polo mestre e escritor. O clasismo, a xerarquización, o autoritarismo e a masificación das aulas foron outros aspectos que repasou o escritor durante a súa intervención nunha das aulas do Mupega. (…)”




