O
venres 18 de outubro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío terá lugar un espectáculo musical en homenaxe a Rosalía de Castro. O acto contará coa participación do escritor Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía e a intervención dos grupos musicais: 2naFronteira, Son do Val, Kogito-Ska feito na Galiza, Conservatorio de Música do Concello de Gondomar, Xardín Desordenado e o Coro Tradicional Cantares do Brión. Conducirán o acto Marta Dacosta e Rexina Vega. Por razóns de seguridade, a organización foi requirida para que garanta que non se superará o número de prazas habilitadas no local referido. A tal efecto, os asistentes deberán retirar unha entrada, no propio auditorio, nos momentos previos ao comezo da función, entrada que será indispensable para acceder ao local. Estes boletos irán numerados correlativamente, pero iso non significa unha reserva de asento, senón só unha reserva de praza. Unha vez completa a cabida, non poderá acceder ningunha persoa máis. Esperamos e desexamos que estas medidas esixidas non entrañen ningunha molestia. A actividade enmárcase nas homenaxes preparadas polo Instituto de Estudos Miñoranos a Rosalía de Castro, as que inclúen a celebración do Xantar Rosaliano (de prazas limitadas) a desenvolverse o sábado 20 nas instalacións do Pazo da Escola en Mañufe.
O Carballiño: proxección do documental A fazaña da liberdade, sobre Alexandre Bóveda
Marín: presentación de Noite~Día, de Alfonso Láuzara
Betanzos: presentación de Baixo a lona preta, de Xosé García Rodríguez
O
venres 18 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Carricanta (Rúa Doutor José Fariña nº 1, baixo dereita) de Betanzos, preséntase Baixo a lona preta. Xornal de viaxe dun brigadista na Bahia do MST, de Xosé García Rodríguez, publicado por Estaleiro Editora. No acto, xunto ao autor, participa Marcos Abalde.
Compostela: conferencias no ciclo Escrita(s) 2013, o venres 18 de outubro
O
ciclo Escrita(s) 2013, coordinado por Claudio Pato, finaliza este ciclo de 2013 en Almáciga(s), na Travesa dos Basquiños, 14, de Santiago de Compostela. Dentro do programa (que pode ser descargado aquí: Escritas-2013), destacamos estes actos para o venres 18 de outubro:
– 18:00 h. Frankenstein: a construción da clase traballadora, por Álvaro Otero. O devir mercadoría de creacións estéticas revela unha forma de dominación realizada baixo o paradigma da industria cultural, cuxa finalidade é a apropiación mercantil completa do individuo: a domesticación do seu desexo e a produción en masa de desexos imposibles de satisfacer, a reorientación da súa atención, a redefinición do seu corpo, a percepción de si mesmo e da realidade, a remodelación da súa linguaxe, a reestruturación da súa sensibilidade e da súa valoración.
– 20:30 h. Xtreaming, por A. Argibai e M. Otxoteko. Sesión audiovisual que inclúe 3 curtametraxes experimentais de A. Argibai e M. Otxoteko nas que se interpretan os marcos de guerra como marcos de creación audiovisual cooperativa.
Ferrol: presentación de Fume de cerna, de Ofelia López
Santiago: presentación de Presente continuo, kleinigkeiten/cousiñas e Moda galega reloaded, de María Reimóndez
O
xoves 17 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntanse os libros Presente continuo (Xerais), kleinigkeiten/cousiñas (Fabulatorio) e Moda galega reloaded (Positivas), de María Reimóndez. No acto, xunto á autora, participan Susana Arins, Fran Alonso, Cibrán Rico, Suso Vázquez e Paco Macías.
Santiago: XIV Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua, o 16 de novembro
O sábado 16 de novembro, o IES As Fontiñas de Santiago de Compostela acolle as XIV Xornadas de expresión oral Tíralle da lingua, da AS-PG, e nas que interveñen Francisco Castro, Quico Cadaval, Pilar Ponte, Fran Godón e Pablo Carracedo.
Matrícula e máis información, no web da AS-PG.
PROGRAMA
– De 09:45 a 10:00 h. Recepción e entrega de material.
– De 10:00 a 12:00 h. Achegarse ao galego a través da escrita literaria. Francisco Castro, escritor.
– De 12:00 a 14:00 h. Falar a través do “podcast”. Pilar Ponte Patiño, profesora de ensino secundario.
– De 16:00 a 17:30 h. Contar histórias. As adoas vam todas num fio. Quico Cadaval, contador de historias, dramaturgo e diretor teatral.
– De 17:30 a 19:00 h. A creación dramática no ensino. Metodoloxía práctica. Fran Godón, profesor de ensino secundario e especialista en arte dramática.
– De 19:00 a 20:00 h. Música galega contemporánea e expresión oral. Pablo Carracedo Goldar, mestre de educación primaria e musical.
– 20:00 h. Clausura.
Manuscritos: Carlos Casares (II)
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
A Coruña: último espectáculo de A caricia da serpe
Desde
La Opinión (a foto é de Aitor Saavedra):
“O mércores 16 de outubro, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro, terá lugar o último concerto de “A caricia da serpe”, o grupo formado por Lino Braxe, Miguel Ladrón de Guevara, Xosé Luís Saqués e Rómulo Sanjurjo. Lonxe de ser unha ruptura, o poeta destaca que “hai que pasar páxina e facer novos encontros de cabeza xuntos”, polo que non descarta volver cruzar camiños cos seus compañeiros. (…)
A fusión de poesía e música que marcaron os últimos quince anos das súas vidas deron para falar sobre “cousas que andaban por aí, que podería falar calquera”, nas que o poeta rememora temas de actualidade como a da Pateira. Un tempo sen egolatrías, xa que Braxe di ter o seu ego “gardado no frigorífico”, pero que serviron para poñer palabras en baleiros sen ocupar, convertendo “as letras en caricias e a música en serpes”. Xogos malabares coa lingua e a melodía que mañá marcarán o principio de algo máis.”



