O
xoves 7 de marzo, ás 21:00 horas, no Joana’s Place (Rúa Pondal, 4) da Coruña, preséntase As Crónicas de Bran (I). A revolta dos Mestres, de Xosé Duncan, publicado por Contos Estraños.
Pepe Barro ilustra Cantares Gallegos na editorial El Patito
Fisterra na ollada dos poetas anglosaxóns
Desde Fervenzas Literarias:
“O cabo Fisterra achégase,
O cabo Fisterra aló vai;
No interior da corrente oceánica
flota, a visión dun soño
demasiado fermoso para perdurar.
Estes versos, do poeta estadounidense Henry Wadsworth Longfellow, acaban de pousar ao carón doutros de autores como Thomas Kinsella, Sylvia Plath, Robert Lima ou John Reibetanz. Todos eles teñen en común unha cousa: Fisterra. A tradutora Yolanda López López ven de publicar a colectánea Breve antoloxía de poesía anglosaxoa sobre Fisterra. De Walt Whitman a Sylvia Plath, que pode lerse en Bivir, a Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos.
O traballo deste libro contén unha pequena selección de poemas escritos por autores anglosaxóns do século XIX e XX, da altura de Walt Whitman e Sylvia Plath, e nos que aparece este emblemático punto da Costa da Morte, coñecido como a Fin da Terra.”
Vídeo desde o IES Macías O Namorado de Padrón, para o Día de Rosalía 2013
Vídeo desde o CEIP Agro do Muíño, de Bertamiráns, para o Día de Rosalía 2013
Taboleiro do libro galego (IV), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Continúa a entrega destas listaxes dos libros galegos máis vendidos que, desde agora, recollerá quincenalmente as modificacións que se produzan en todos os xéneros, de as houber.”
NARRATIVA
1º-. As voces baixas, de Manuel Rivas, Edicións Xerais de Galicia.
2º-. O gardián invisible, de Dolores Redondo, Edicións Xerais.
3º-. Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, Edicións Xerais.
4º-. A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, Edicións Xerais.
5º-. En vías de extinción, de María Reimóndez, Edicións Xerais.
POESÍA
1º-. Carnia haikai, de Elvira Riveiro, A. C. Caldeirón.
2º-. Cantares gallegos, de Rosalía de Castro, El Patito Editorial.
3º-. Breizh, de Miro Villar, Toxosoutos.
4º-. Vinte en escena, de Rosalía Fernández Rial, Edicións Positivas.
5º-. Esplendor arcano, de Ramiro Torres, Grupo Surrealista Galego.
ENSAIO-TEATRO
1-. Roberto Vidal Bolaño. Unha vida para o teatro, de Laura Tato, Toxosoutos.
2º-. Matriarcas, de Montse Fajardo.
3º-. Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Edicións Xerais.
4º-. AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda, de Manuel Darriba e Daniel Salgado, 2.0 Editora.
5º-. O mar de Arteixo e os seus naufraxios, de Xabier Maceiras, Asociación Cultural Monte da Estrela.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Dragal III, de Elena Gallego, Xerais.
2º-. Amor de serea, de Santiago Jaureguizar, Edicións Xerais.
3º-. O aroma do liquidámbar, de An Alfaya, Edicións Xerais.
4º-. O capitán Aspanitas, de Ramón Caride, Xerais.
5º-. O neno can, de Fina Casalderrey e Francisco Castro, Galaxia.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. María Fumaça, de VV.AA., Galaxia.
2º-. O crebanoces, de María Canosa e David Pintor, Pablo Zaera editor.
3º-. Imos cazar un oso, de Michael Rosen, Kalandraka.
4º-. A que sabe a lúa, de Michael Grejniec, Kalandraka.
5º-. Crocodilo, de Antonio Rubio e Óscar Villán, Kalandraka.
BANDA DESEÑADA
1º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
2º-. Cousas de mortos, Manel Cráneo, Demo Editorial.
3º-. Nómades, de Xosé Tomás, Galaxia.
LECER
1º-. A cociña dos larpeiros, de Benigno Campos, Galaxia.
Tabela dos Libros de marzo, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a Tabela dos Libros do mes de marzo. Nela figuran seleccionados os volumes que, ao ver d@s crític@s participantes (Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Héitor Mera Herbello, Montse Pena Presas e Armando Requeixo), son estimados como os máis recomendables de entre os publicados nas últimas semanas. Boas lecturas!”
Madrid: lectura de Mariví Villaverde no Día de Rosalía 2013
Desde Galego en Madrid:
Santiago: recital de A hostia en verso: Zombies vs. humanos
O
martes 5 de marzo, ás 22:30 horas, na Pub Ultramarinos de Compostela (Casas Reais, 34), terá lugar unha nova edición de A hostia en verso, baixo o título Zombis vs. humanos. Presentado por Lucía Aldao e María Lado, o recital enfrontará a Rosa Enríquez, Nolim González, Xesús Estalote Maroño e Elvira Riveiro. O elenco complétase coa música en vivo de Mig Seoane. A entrada custa 4 euros.
Convocado o concurso Agasallo de luz a Roberto Vidal Bolaño, pola Fundación Barrié
“Co
gallo do Día das Letras Galegas 2013, dende o servizo de Biblioteca da Fundación Barrié e a través da canle educativa educaBarrié convocamos o concurso Agasallo de luz en homenaxe á obra de Vidal Bolaño que integra a celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
A proposta didáctica desta edición consiste na realización da webquest Agasallo de Luz, cuxa tarefa principal consite na elaboración dun texto teatral que teña como motivo principal o significativo Banquete de Conxo celebrado o 2 de marzo de 1856. O texto deberá representarse polo propio alumnado e gravado en vídeo.
A convocatoria diríxese a todos os centros de PRIMARIA, ESO, BACHARELATO e CICLOS FORMATIVOS de Galicia.
O concurso está dividido en dúas categorías:
– 1. Categoría A: Nenos e nenas de 8 a 13 anos de centros de primaria galegos e primeiros curso de ESO.
– 2. Categoría B: Mozos e mozas de 14 a 18 anos de centros de secundaria, bacharelato e ciclos formativos de Galicia.
Os textos e a gravación da representación presentaranse en equipos dun máximo de oito membros e un mínimo de cinco.
Un mesmo centro pode presentar cantos equipos desexe de cada clase.
En todos os casos un/unha docente farase responsable da coordinación do traballo e aparecerá como coordinador/-ora do proxecto.
Descarga a webquest e o material didáctico para participar e le ben as bases do concurso que podes descargar aquí.
Os autores vídeo mellor valorado recibirán unha tablet, así como un lector de ebook para o docente coordinador.”
