O
venres 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 30-32), terá lugar a presentación-concerto de Currículum oculto, poemario máis CD musical, de Arturo L. Regueiro. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Luís Mosquera Camba e os músicos de Caliza Cajún: Luís Cuntín (voz), Cabe García (guitarra), Óscar Painceiras (contrabaixo) e Víctor Sánchez (clarinete).
Allariz: novo espazo literario e de actividades
A
Libraría Aira das Letras pechou un acordo coa Fundación Vicente Risco (Rúa San Lorenzo, 3), de Allariz, para crear nesta última entidade un espazo literario e de análise sociopolítica permanente, que tamén servirá para realizar actividades para os máis cativos, xa que a Aira das Letras se incorpora ao club Kiriko.
Quérese facer unha actividade ao mes como mínimo (unha de adultos e outra de nenos) polo se informa a todo o público interesado para que saiba que este espazo á súa disposición.
Pódese contactar con Aira das Letras no teléfono 988442324 ou no correo electrónico info@airadasletras.com.
Parlamento das Letras: Medos Romero
Entrevista
de Armando Requeixo a Medos Romero no seu blogue, Criticalia:
“(…) – Armando Requeixo (AR): ¿Que cres que lle falta aínda ás nosas letras e que lle sobra definitivamente?
– Medos Romero (MR): Eu creo que o que máis precisa a nosa literatura é visibilidade social: estar nos escaparates das librarías, estar na televisión e nos medios de comunicación en xeral, en definitiva, formar parte da sociedade. Podería dicir tamén que precisa apoio institucional, mais que podemos agardar dun goberno que rexeita a normalización do idioma no que se escribe a nosa literatura? En canto ao propio contido da literatura, o que creo que lle sobra é aquela escritura que se elabora á marxe da vida, porque neses casos o texto non ten o pulso necesario e acaba por caerlle das mans ao lector. (..)
– AR: ¿Cal é a túa valoración do noso presente literario?
– MR: Penso que en calidade nada temos que envexar a outras literaturas, mais o noso problema é que a literatura galega precisa tamén, ademais de autores e de libros, de lectores. E aí imos para atrás. Por iso é tan imprescindíbel e valioso o traballo constante que ti e outras persoas estades a levar a cabo para facer visíbeis as nosas letras e para favorecer o interese polas obras que se escriben en galego. Nunca vos poderemos pagar o voso labor pola difusión da literatura galega. (…)”.
Vigo: presentación de Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás
Madrid: presentación de O caso máis estraño do detective Marschen, de Xavier Frías Conde
O
xoves 17 de xaneiro, ás 19:00 horas, en Aturuxo Tenda Galega (C/ Vallehermoso, 104) de Madrid, preséntase O caso máis estraño do detective Marschen, de Xavier Frías Conde, publicado en Galaxia. No acto, presentado por Ricardo Pichel, participará, xunto ao autor, Francisco Castro.
Entrevista a Fran Alonso en Zig zag
Ourense: presentación do número 196 da revista Grial
Ponteareas: presentación de Adelaida, de Artur Alonso Novelhe
Santiago: presentación de A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre
O
mércores 16 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase A vaca caníbal, de Marilar Aleixandre, publicado en Galaxia.
A Coruña: Poesía+Poesía, obradoiro dirixido por Dores Tembrás
O
obradoiro Poesía+Poesía, dirixido por Dores Tembrás, pretende ser unha rota de achegamento, ou varias rotas, das moitas posíbeis, á poesía galega contemporánea. Ao longo das sesións procuraremos distintos xeitos de ler que nos permitan adquirir ferramentas e aprofundar en aspectos concretos dalgunhas poéticas actuais. Cinguirémonos, na maioría dos casos, á exéxese dunha selección de textos de autores que abarcarán dende poetas dos oitenta ata novísmos creadores recén saídos do prelo. Todo co obxectivo de aplicar esas ferramentas á escrita creativa, recoñecendo os puntos fortes que caracterizan cada estilo e fortalecendo os máis débiles. A metodoloxía é sinxela: acometer a interpretación do texto dende o traballo coa palabra. Un camiño de dobre dirección da palabra ao poema e viceversa. O que nos interesa é explorar os distintos xeitos de ler, diferentes modos de enfrontarnos a un texto, tendo en conta que non hai unha única lectura por cada lector, senón que a experiencia lectora é un fenómeno múltiple. A atención que se adoita concentrar nos recursos estilísticos verase ampliada sustancialmente, prestándolle especial atención á palabra, á arquitectura do texto, á emoción. Neste sentido dende o primeiro intre establécese que o importante para chegar ao poema é a intuición. Non é precisa unha formación previa para ler poesía, aínda que esta poida enriquecer a lectura.
RESUMO
– Nivel: Iniciación.
– Duración: Trimestral. Prazas limitadas.
– Horario: Todos os martes de xaneiro a marzo, de 18:00 a 20:00 horas.
– Prezo: 60 €/mes socios. 80 €/mes non socios de Polisemias.
– Inscrición: aquí.
– Nivel: Medio (previa entrevista).
– Duración: Trimestral. Prazas limitadas.
– Horario: Todos os martes de xaneiro a marzo, de 20:00 a 22:00 horas.
– Prezo: 60 €/mes socios. 80 €/mes non socios de Polisemias.
– Inscrición: aquí.


