O
xoves 17 de maio, ás 11:30 horas, a bordo do galeón Rei do Mar, no Peirao do Cantiño na Illa de Arousa, a Asociación Cultural e Deportiva Dorna e Edicións Xerais organizan a presentación de Iria, de Anxo Angueira. No acto, xunto ao autor, participan Uxío Allo e Dionísio Pereira. A continuación, actuación do Grupo de Música e Baile da A. C. D. Dorna. Na explanada do Xufre, a partir das 11:00 horas, haberá unha exposición de libros organizada pola Libraría Castelao.
Xinzo: presentación de Cartas ao director, de Rafael Laso Lorenzo
O
venres 18 de maio, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, terá lugar a presentación do novo libro de Rafael Laso Lorenzo, Cartas ao director, publicado en Tambre. No acto, xunto ao autor, intervirán Ricardo Soto e Alfonso Carlos Lois Suárez.
Viveiro: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
O
venres 18 de maio, ás 20:30 horas, no Salón de Usos Múltiples da Casa do Concello de Viveiro, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá o autor.
O Couto, Ponteceso: actos literarios do venres 18 de maio, no Festiletras
Festiletras,
o festival literario que cada ano se celebra no Couto (Ponteceso) arredor do Día das Letras chega ao seu 30 aniversario. E faino cun programa que se prolongará desde o día 16 ao 20 deste mes e que inclúe máis de trinta actos entre concertos, actuacións teatrais, presentacións literarias, maxia ou contacontos. Destacamos nomeadamente os actos do venres 18 de maio:
– 10:00-11:30 h.
* Na Escola Infantil A Galiña Azul (Ponteceso): animación literaria a cargo das fadas pondalianas (Bergantiños, Baltar e Rouriz) e Silvia Losada.
* No CEIP As Forcadas (Corme): animación literaria a cargo de Xoán Babarro arredor da novela O dragón de Gondomil. Concurso de Galeoke animado polo colectivo Tinta de Lura.
* No CEIP Eduardo Pondal (Ponteceso): animación literaria a cargo de Ana María Fernández arredor de Rosalía de Castro. Do A ó Z. Concurso de Galeoke animado polo colectivo Tinta de Lura.
* Na Fundación Eduardo Pondal (salón de actos). Con presenza de Xelucho Abella Chouciño (Gundar e o cabalo de oito patas), animación musical a cargo de Gloria Mosquera de Mamá Cabra e o acordeonista
Diego Maceiras e animación literaria do CD interactivo Gundar e o cabalo de oito patas a cargo de Tinta de Lura para alumnado do CRA Nosa Señora do Faro.
* No IES de Ponteceso: intervención literaria de Miguel A. Mato Fondo (Xope de Lilaina) e Xabier P. Docampo (O libro das viaxes imaxinarias) con alumnado de primeiro de Bacharelato.
– 12:00 h. Na Casa dos Veciños (Salón de Actos):
* Inauguración da exposición Querido Balbino coa presenza do seu autor: Xosé Neira Vilas.
* Escenificación de Balbino a cargo de Tamara Lema.
* Proxección audiovisual permanente Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda con Monte Branco.
– 12:45 h. Na Casa dos Veciños (Os Soportais):
* Inauguración da placa a cinco escritores: Xelucho Abella Chouciño, Miguel Anxo Mato Fondo, Xabier P. Docampo, Xoán Babarro e Ana María Fernández coa interpretación musical do Himno Galego a cargo
dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego.
– 13:00 h. Na Casa dos Veciños:
* Palabras de Xosé Neira Vilas e escenificación das Memorias dun neno labrego a cargo de Cándido Pazó para alumnado do IES de Ponteceso.
– 14:30 h. No Restaurante Miramar (Valarés):
* Xantar literario cos escritores homenaxeados.
* Sobremesa literaria coa presentación dos libros máis novos de Xabier P. Docampo (Mans), Xosé Neira Vilas (Cartas de Neira Vilas a Valentín Paz Andrade e a Celso Emilio Ferreiro), Xoán Babarro (Macarrón de narices) e Ana María Fernández (Páxinas de carricanta)
* Animación musical a cargo dos gaiteiros do Centro Coreográfico Galego.
– 22:00 h. Na Casa dos Veciños (Salón de Actos. Donativo para Escola de Verán 2.00 € por adulto):
* A Noite dos Poetas. Presenta a xornalista pontecesá Lorena Pose e anunciará a axenda sonora da Costa da Morte.
* Xurxo Souto, Lectura do Manifesto da regueifa.
* Luís O Caruncho e Benito Lobareiras.
* Joan Garriga.
Vigo: recital-conferencia Itinerario poético pola defensa do idioma, por Carlos Callón
O
mércores 16 de maio, ás 20:00 horas, na Biblioteca Central de Vigo, Carlos Callón pronunciará un recital-conferencia baixo o título Itinerario poético pola defensa do idioma, en que fará un percorrido pola historia contemporánea da lingua galega partindo de textos poéticos que a reivindican, desde os albores do Rexurdimento até os versos máis actuais das novas fornadas creativas.
Santiago: encontro con Pere Tobaruela
Co
gallo do día das letras galegas, Pere Tobaruela estará ao dispor de tod@s @s lectores na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela de 12:30 h. a 14:00 h. e de 18:30 h. a 20:00 h., para asinar e falar polo miúdo dos seus libros.
Vigo: acto de homenagem a Paz Andrade e Celso Emilio
Vigo: sesión plenaria extraordinaria da Real Academia Galega
O
xoves 17 de maio, ás 12:00 horas, na Fundación Barrié (Rúa Policarpo Sanz, 31) de Vigo, con motivo do Día das Letras Galegas, terá lugar unha sesión plenaria extraordinaria e pública da Real Academia Galega na Fundación Barrié, en Vigo (rúa Policarpo Sanz, 31), coas seguintes intervencións:
– Xavier Vence Deza.
– Manuel Rivas Barrós.
– Ramón Villares Paz.
– Xosé Ramón Barreiro Fernández.
– Xesús Alonso Montero.
– Pecha o acto o presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín.
Barcelona: celebración das Letras Galegas
A Coruña: Espazo compartido, no Día das Letras Galegas
Neste esvaradío universo de multiples historias a imaxe non é o que está diante, senón detrás, ou máis aló, na fuxida, cara a unha existencia imaxinaria, son trazos de soños esquecidos. Foi unha tarde de liñas onduladas na que un fato de amigos/as apoiamos incondicionalmente a idea que tivo Xabier Docampo para festexar o -Día das Letras Galegas- (sen institucións de por medio) na cidade de A Coruña. O proxecto era moito máis que un xogo de equilibrios. Movérmonos sen “pasaporte”, tentar convertérmonos nun vector de forza cara a cultura do noso país, neste intre de ar asfixiante, enrarecido polo despropósito dunhas medidas que sempre van na contra dos máis desfavorecidos. A capacidade de resistencia e reacción atópase estreitamente unida ao vigor cultural dunha sociedade formada por cidadáns que non vasalos. Unha sociedade onde a clase dirixente (enténdase política e poderes fácticos) acouta o territorio da educación, sanidade e cultura está sementando vulnerabilidade e desasosego, e como consecuencia, ignorancia e medo. Un país sen cultura-liberdade-igualdade é un país bárbaro, escuro, enchido dun primitivismo perigoso que pode levármonos a incontabeis noites de inmsonio nun pozo sen fondo. Un grupo de persoas relacionadas co mundo da creación artística imos procurar unha caixa de luz para compartila con outros/as habitantes desta cidade que asoma ao mar. Unha caixa de palabras e sons que non sexan fotogramas borrosos da nosa identidade. Para celebrar o Día das Letras Galegas o 17 de Maio do 2012, tentaremos levar a cabo un estalido de luz que agrome na sombra da sombra. Percorrer espazos na procura doutros/as moradores deste destartalado planeta coa fin de ollármonos preto uns dos outros, procurando albiscar nas distancias curtas o escintileo que aínda habita neste asteroide á deriva. Hai que procurar unha esperanza para seguir loitando, para que non consigan matarnos os soños: o cabalo branco alado que trote-voe á beira da escuma unha noite de verán de lúa chea, onde as ondas sonoras sexan a banda musical, e o canto dos grilos o chamen a voar cara ao bosque ata dar alcance ao raio de lúa que esvara nun claro inesperado. Verémonos o 17 de Maio na area máis orgánica, borrando lindes nunha superficie compartida. Imos facelo dende a lingua dos nosos antergos, sen prexuízos, nin complexos, cadaquén dende as súas referencias, amosaremos atmosferas envoltas no bafo da nosa terra, a pegada identitaria do que fomos, somos e seremos : un pobo fértil de infindas posibilidades. Porén deste mundo disparatado, cavaremos alí onde pareza imposíbel, sempre se precisa xente máis heroica que un mesmo!
Datos do percorrido: Comezaremos o traxecto ás 19:00 horas na rúa Troncoso para rematar na rúa da Estrela. Entraremos nos locais previstos de antemán, estes terán un cartel identificativo; despois dun saúdo preliminar, as intervencións consistirán en cantar, ler, recitar ou dramatizar un apuntamento teatral, todas as actuacións serán breves. Agasallaremos aos presentes cun pousavasos con versos de Paz Andrade, a quen está dedicado este ano o -Día das Letras Galegas-. Remataremos ás 23:30 horas diante do Teatro Rosalía de Castro. Pretendemos compartir dun xeito lúdico o -Día das Letras Galegas-

