Desde Cultura Galega:
“Otero Pedrayo pronunciou esta conferencia en Bos Aires en xuño de 1959, aos postres dun banquete de celebración da colectividade galega. Trátase do segundo volume da colección As Nosas Voces, editado orixinalmente en cassette en 1993 polo Arquivo Sonoro de Galicia. A peza, de boa calidade técnica, é unha mostra excelente da impresionante oratoria de Otero Pedrayo.”
“Que é unha autora? Inquérito a Chus Pato”
Entrevista
de Arturo Casas a Chus Pato no 2009, publicada agora en Poesía Galega:
“- Arturo Casas: Chus, en que medida e en que niveis consideras que a poesía que escribes está afectada polo feito de saberes que en distintos momentos terá unha formulación presencial, coa túa voz, o teu corpo, a túa situación diante dun público?
– Chus Pato: A resposta é inmediata e verdadeira: ningunha relación, porque unha e outra vez o acto de escribir é autodeterminado, comeza e remata en si mesmo e non garda afinidade máis que consigo mesmo. Dito isto, as matizacións, tamén verdadeiras, son longas.
Unha e outra vez, e van preto de vinte anos, leo os meus textos en público e en privado. Leo en privado cando preparo unha lectura para o público. Ensaio, por así dicilo. O que sucede é que da propia escritura agroma unha voz e uns movementos corporais que se axustan sen violencia e en harmonia ao texto; móvome, tanto se estou sentada coma se estou en pé, a voz é xeralmente moi lenta, respiro e escoito a respiración, escribo novamente o poema ao dicilo e trasládome ao(s) momento(s) de escritura, sinto un determinado pracer, estou a soas coa miña escritura e sei como debo dobrar o texto coa voz e co corpo.
Cousa moi diferente sucede cando leo en público. Ler en público causoume durante anos unha perturbación intensa, o único que eu desexaba era rematar canto antes, saír de alí, sentía unha vergonza difícil de explicar, tiña que ver con que non me sentía autorizada para ler (impor) ante un público o que eu escribía. Desconfiaba non dos textos, senón de min e —peor aínda— do propio público. Pensaba que seguramente estaban alí por razóns que nada tiñan que ver co que escribía, por razóns políticas por poñer un caso, isto naturalmente ten que ver con feito de pertencer eu a unha literatura de resistencia, feito que fai confusos os límites entre a defensa da lingua e da nación e a soberania do poema (a primeira lectura pública que eu realicei foi nun mitin contra a OTAN). Digamos que sempre sospeitaba que o público estaba alí por razóns extraliterarias. (…)”.
Duas entrevistas ao professor António Gil Hernández
Desde
o Portal Galego da Língua:
“Para acabar este ciclo de notícias sobre o Colóquio Homenagem a Ernesto Guerra da Cal e o III Seminário de Lexicologia organizado pela AGLP, apresenta-se o áudio da entrevista [20111011_entrevista_antonio_gil.mp3] realizada ao professor António Gil Hernández em 11 de outubro de 2011 na Fundação Caixa Galicia, e também o vídeo de uma segunda entrevista realizada em 7 de janeiro do presente ano, no fim da assembleia da AGLP, no Centro Galego de Arte Contemporânea de Santiago de Compostela. (…)” O vídeo pode ser visualizado aqui.
Santiago: presentación de Verbas no ar, de Iria Morgade
O
xoves 19 de xaneiro 2012, ás 20:0 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase a novela Verbas no ar, gañadora do VII Premio Biblos-Pazos de Galicia de Novela, de Iria Morgade, publicada por Biblos. No acto intervirán, xunto á autora, Tucho Calvo, Elena Veiga Rilo e Pablo García Martínez.
A Coruña: presentación de Guerra de grafias, conflito de elites, de Mário Herrero
O
xoves 19 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro Guerra de grafias, conflito de elites, de Mário Herrero Valeiro, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto ao autor, Celso Álvarez Cáccamo.
Convocada a 29ª edición do Premio Xerais de novela
Edicións Xerais de Galicia
convoca a vixésimo novena edición do PREMIO XERAIS DE NOVELA en lingua galega, dotado con 15.000 euros, que se rexerá polas seguintes bases:
1ª. Poderán concorrer ao premio todos aqueles autores/as de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais, non podendo ter sido comunicados, nin na súa totalidade, nin por partes, por ningún tipo de procedemento.
2ª. De cada orixinal presentaranse seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo e debidamente encadernadas, antes do día 10 abril de 2012 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A., rúa Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo.
3ª. Co orixinal, que deberá ser presentado baixo lema e sen ningún tipo de dato que identifique ao seu autor/a, achegarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor/a,
así como o título da obra, indicando no sobre: Para o Premio Xerais de Novela.
4ª. O xurado estará composto por cinco membros, escollidos entre lectores e lectoras e un secretario con voz e sen voto en representación de Edicións Xerais de Galicia, S.A. O premio outorgarase por maioría de votos.
5ª. A composición do xurado darase a coñecer no mes de maio.
6ª. O xurado emitirá o seu fallo no curso da Festa Xerais que se celebrará o día 9 de xuño.
7ª. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime e a decisión será inapelable.
8ª. Edicións Xerais de Galicia, S.A., que reserva os dereitos de edición sobre a novela premiada en todas as linguas, coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros, poderá publicar esta sen limitación do número de exemplares nin de edicións. Os cinco mil primeiros exemplares vendidos estarán libres do pagamento de dereitos de autor/a. O beneficiario/a do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente cincuenta exemplares da obra publicada.
9ª. Os orixinais non premiados poderán retirarse nos dous meses seguintes ao fallo. Os que non se retiren serán destruídos.
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases e as decisións do xurado que se teña designado.
Vigo, xaneiro 2012
Convocada a 27ª edición do Premio Merlín de literatura infantil
Edicións Xerais de Galicia
convoca a vixésimo sétima edición do PREMIO MERLÍN DE LITERATURA INFANTIL en lingua galega, dotado con 10.000 euros, que se rexerá polas seguintes bases:
1ª. Poderán concorrer ao premio todos aqueles autores/as de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais, non podendo ter sido comunicados, nin na súa totalidade, nin por partes, por ningún tipo de procedemento.
2ª. De cada orixinal presentaranse seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo e debidamente encadernadas, antes do día 10 abril de 2012 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A., rúa Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo.
3ª. Co orixinal, que deberá ser presentado baixo lema e sen ningún tipo de dato que identifique ao seu autor/a, achegarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor/a, así como o título da obra, indicando no sobre: Para o Premio Merlín de Literatura Infantil.
4ª. O xurado estará composto por cinco membros, escollidos entre lectores e lectoras e unha secretaria con voz e sen voto en representación de Edicións Xerais de Galicia, S.A. O premio outorgarase por maioría de votos.
5ª. A composición do xurado darase a coñecer no mes de maio.
6ª. O xurado emitirá o seu fallo no curso da Festa Xerais que se celebrará o día 9 de xuño.
7ª. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o xurado así o estime e a decisión será inapelable.
8ª. Edicións Xerais de Galicia, S.A., que reserva os dereitos de edición sobre a novela premiada en todas as linguas, coa posibilidade de ceder tales dereitos a terceiros, poderá publicar esta sen limitación do número de exemplares nin de edicións. Os cinco mil primeiros exemplares vendidos estarán libres do pagamento de dereitos de autor/a. O beneficiario/a do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente cincuenta exemplares da obra publicada.
9ª. Os orixinais non premiados poderán retirarse nos dous meses seguintes ao fallo. Os que non se retiren serán destruídos.
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases e as decisións do xurado que se teña designado.
Vigo, xaneiro 2012.
Santiago: presentación de Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza. Diarios inéditos e outros textos
O
mércores 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Moncho Valcarce. Un símbolo para Galiza. Diarios inéditos e outros textos, de Victorino Pérez Prieto, publicado en Trifolium.
Premios Fervenzas Literarias para Os mellores libros do 2011
“Tras
un mes de votacións temos, un ano máis, os resultados cos que as lectoras e os lectores de Fervenzas Literarias decidiron foi o mellor do 2011. En total, este ano recibimos 471 enquisas. Desde Fervenzas Literarias queremos agradecer a vosa participación e o voso interese, porque estes premios, aínda que polo de agora só sexan de carácter simbólico, queren reflectir a voz dos lectores e das lectoras galegas. A voz dos que somos receptores e consumidores dos libros que @s escritor@s e editoriais poñen nas librarías e nas bibliotecas. E agora os resultados e os nosos parabéns aos premiados…
– Mellor libro de Narrativa de adultos para Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz (Xerais).
– Mellor libro de Poesía para Poesía completa, de Lois Pereiro (Xerais).
– Mellor libro de Ensaio e Investigación para Amigos e sodomitas, de Carlos Callón (Sotelo Blanco).
– Mellor libro de Literatura dramática para o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, de varios autores (Xerais).
– Mellor libro traducido ao galego para adultos para O libro negro, de Orhan Pamuk (Galaxia).
– Mellor libro xuvenil para Febre, de Héctor Carré (Xerais).
– Mellor libro infantil para O meu gato é un poeta, de Fran Alonso (Xerais).
– Mellor libro traducido ao galego para público infantil e xuvenil para Contos por teléfono, de Gianni Rodari e traducido por Carlos Acevedo (Kalandraka).
– Autor do ano para Agustín Fernández Paz.
– Ilustrador do ano para Xosé Tomás.
– Mellor portada dun libro para adultos para Contos da terra da tarde, de Bieito Iglesias (Galaxia).
– Mellor portada dun libro para público infantil e xuvenil para Trece noites, trece lúas, de Antonio Reigosa (Xerais).
– Mellor editorial do 2011 Rinoceronte editora.
– Mellor crítico/a do 2011 para Ramón Nicolás.
– Mellor iniciativa literaria do 2011 para o Culturgal.
– O mellor acontecido no 2011 para o Culturgal.
– O peor acontecido no 2011 son o peche de medios de comunicación.
– Mellor Libraría do 2011 para a libraría Couceiro.
– Mellor medio de comunicación do 2011 para o Diario Cultural da CRTVG.
– Mellor blog do 2011 para Brétemas de Manuel Bragado.”
Valentín Paz Andrade aos puntos
“O
pasado ano a celebración do Día das Letras dedicado a Lois Pereiro amosou toda unha serie de orixinais iniciativas á hora de se achegar á obra, o autor e o seu contexto. A música, o audiovisual, as artes escénicas e a creación literaria, para alén do ensaio deron conta da súa fitura. Ao par do autor, a celebración deu para facer análise da Galicia da Movida, do malditismo, ou da propia figura do poeta. En 2012, Paz Andrade preséntase, de xeito inevitable, como un homenaxeado ao que lle tocarán outro tipo de honras e de abordaxes. Analizamos algunhas das aproximacións que posiblemente veremos ao longo deste ano, e que tocan cuestión de plena actualidade. (…)” Vía Cultura Galega.