Entrevista
a Francisco Castro en Faro de Vigo:
“– Faro de Vigo (FdV): Define In Vino Veritas como una novela furiosa, ¿por qué?
– Francisco Castro (FC): Está escrita desde la rabia, casi desde la ira. Uno de los núcleos de la narración es el mundo de la telebasura y la trama sirve para destapar todas las miserias que rodean a un medio como la televisión que nos ofrece miseria enlatada. (…)
– FdV: En Spam también hace una crítica disfrazada con humor, aquí de Internet, ¿cuál es la parte perversa de la red?
– FC: Hay una que es muy clara que es el anonimato ya que la gente puede disfrazarse. El segundo elemento perverso es la mala utilización. Estamos convirtiendo la gran cantidad de información, datos o de textos en ruido. Y ahí corremos el riesgo de pervertirnos también.
– FdV: Sin embargo si se emplea bien, no debería suponer ningún problema.
– FC: Soy un defensor acérrimo de la red y sus posibilidades. En cuanto nacieron los blogs creé uno, creo que es fundamental para un escritor y más en lengua gallega con lo invisibles que somos en la propia Galicia. Y tengo cuenta de corte literario en todas las redes sociales.
– FdV: ¿Busca romper moldes con las críticas de sus novelas?
– FC: Yo escribo para contar una historia e intervenir en la realidad. No concibo la literatura como un entretenimiento, creo que tiene que servir también para agitar ya que la verdadera provocación es señalar los errores de la sociedad.
– FdV: ¿Tiene manías como escritor?
– FC: Tengo manías como persona y por lo tanto como escritor. Escribo descalzo, en cualquier estación del año. Siempre creo tres versiones de la novela y destruyo completamente las dos que no se publican y nadie lee nada de lo que escribo hasta que está editado.”
Bases do 25º Premio Literario Ánxel Fole, no ano 2011
“A
Fundación Nova Caixa Galicia Claudio San Martín e o xornal El Progreso convocan o 25º Premio Literario Ánxel Fole, conforme ás seguintes bases (pódense descargar aquí: Premio Ánxel Fole 2011):
1.- Establécese un único premio indivisíbel de seis mil euros.
2.- Poderán optar a el todas as persoas que o desexen, con traballos en galego ou en castelán, inéditos, de extensión mínima de cen folios e máxima de douscentos, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara, referidos a calquera aspecto da vida ou da obra de José Almoina Mateos.
3.- Os orixinais enviaranse ou presentaranse por cuadruplicado, baixo plica, na sede da Fundación Nova Caixa Galicia Claudio San Martín en Lugo (Praza Maior, 16, 27001 Lugo), ou no xornal El Progreso (rúa Ribadeo, 5, 27002 Lugo). O prazo de admisión remata o 30 de setembro de 2011. Os redactores de El Progreso non poderán concorrer a este premio.
4.- O premio decidirase en Lugo, no mes de novembro.
5.- O traballo premiado será propiedade do seu autor, aínda que a primeira edición será publicada pola Fundación Nova Caixa Galicia Claudio San Martín. En posteriores edicións deberá constar a súa condición de Premio Literario Ánxel Fole.
6.- O xurado estará formado por persoas de recoñecido prestixio, e será designado polas dúas entidades convocantes.
7.- Os orixinais non premiados non lles serán devoltos aos seus autores, nin as entidades convocantes manterán correspondencia sobre os mesmos.
8.- A interpretación destas bases corresponderalle exclusivamente ao xurado que decidirá o premio. O feito de se presentar a este concurso supón a conformidade do concursante coas presentes bases.”
Fernando Arribas Arias: ”Temos que partir do pasado para construír o futuro”
Entrevista
a Fernando Arribas Arias en El Progreso:
“- El Progreso (EP): Na súa intervención do curso Paisaxes Simbólicas vostede falou da importancia que tén o patrimonio en Galicia. A que se debe ese valor?
– Fernando Arribas Arias (FAA): O patrimonio en Galicia, referido especialmente ós cruceiros e cruces, é unha cousa que forma parte da nosa identidade. Estas construcións están completamente implicadas na nosa paisaxe dende o século XIV ata os nosos días, e son un elemento diferenciador da nosa cultura. (…)
– EP: Dicía hai uns días o arqueólogo vilalbés Eduardo Ramil que “as sociedades máis avanzadas son as que lle dan importancia á súa historia”. Apoia vostede esa afirmación?
– FAA: Completamente. Sempre se dixo que un pobo sen historia é un pobo condenado a repetir os erros do pasado, un pobo sen futuro. Nese pasado, o patrimonio artístico é unha parte importante dese futuro. O exemplo de antes, o do veciño que me quería vender o cruceiro, serve tamén para este caso. Cun coñecemento do seu pasado, xa tiña unha nova proxección de futuro, a de non venderme o cruceiro. É unha mágoa que a maioría da xente non se interese polo seu pasado, non xa de xeito universal, senón pola historia da súa vida. A gran parte da poboación sabe o que son as pirámides, pero nunca oíu falar dunha mámoa, porque lle damos máis importancia ó de fóra que ó que está ó lado da casa. E para construírnos a nós mesmos, máis importantes son as mámoas que as pirámides. (…)”.
Takekazu Asaka: Falar dende Xapón sobre Galicia
‘O
profesor Takekazu Asaka, profesor de Filoloxía Románica da Universidade Tsudajuku, visitou onte Editorial Galaxia. Con este experto en Galicia e a literatura galega mantivemos unha breve conversa na que nos informou, entre outras cousas, da publicación de dous novos volumes, en xaponés, centrados na nosa cultura e da súa autoría. Por unha banda, Tatekazu Asaka canta a Ramón Cabanillas, un texto no que estuda a obra de Cabanillas ao tempo que ofrece, en xaponés, unha escolma de dezasete poemas. Por outra banda, deixounos un exemplar de Coñecer Galicia, outro texto da súa autoría, editado tamén en xaponés, e que presenta o noso país ao público lector nipón en medio cento de capítulos. (…)’ Vía Galaxia.
David Pintor: Os ilustradores, a lúa e a industria do libro
Artigo
de David Pintor en Cadernos Redelibros:
“Non hai moito, en Galicia os ilustradores non apareciamos nas portadas dos libros, non eramos considerados autores, e non cobrabamos dereitos polos nosos libros. Eramos, simplemente, uns tipos que enchían uns ocos que había polo medio do libro. Non tiñamos, nin de lonxe, a consideración que si se lle daba aos escritores. Case que nunca apareciamos referenciados nas axendas culturais, non eramos invitados ás presentacións dos libros inda que fósemos parte fundamental do mesmo, non eramos invitados ás feiras internacionais, non eramos considerados por parte das administración públicas, etc. (…)
Todos queremos unha industria cultural do libro moito máis forte en Galicia. Unha industria aberta e independente. Unha industria que leve polo mundo os marabillosos libros que se fan aquí e que compita de igual a igual con calquera literatura de calquera país en calquera feira internacional. Unha industria que permita a profesionalización e a dignificación do oficio do ilustrador. Unha industria cunhas editoras fortes, que canalicen o traballo dos creadores. Unha industria imprescindible se queremos que o libro galego teña un sitio importante nun mundo cada vez máis globalizado. Unha industria transparente na que escritores, ilustradores, editores, tradutores, críticos, libreiros, distribuidores, deseñadores, impresores, etc. nos sintamos importantes. Creo sinceramente que Galicia podería competir a nivel literario en calquera feira do mundo. Estamos nun momento de grande talento en Galicia que debemos aproveitar. Temos una canteira de ilustradores para xogar a Champions League da literatura. Pode ser o momento.”
A Xunta impulsa a finalización do novo dicionario da Real Academia Galega
“A
Consellaría de Educación e a Real Academia Galega (RAG) asinaron onte un convenio de colaboración para avanzar na investigación do galego. Este novo acordo entre ambas institucións abordará tres vertentes do galego: a terminolóxica, a lexicográfica e a sociolingüistica. Trala sinatura, o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, reiterou o “compromiso” da Xunta no avance das investigacións en torno ao galego. Pola súa banda, o presidente da RAG, Xosé Luís Méndez Ferrín, agradeceu o “entendemento” coa Xunta aínda que pediu máis fondos para a Academia. Un dos traballos máis importantes que se levará a cabo a partir deste acordo é a investigación terminolóxica. O novo proxecto do Termigal, que xa traballa neste aspecto, suporá o “avance nos traballos terminolóxicos da RAG”. O Termigal, servizo de terminoloxía científico-técnica en lingua galega, verá aumentado o seu ámbito de traballo durante o próximo ano. Ademais da atención ás consultas terminolóxicas, o Termigal encargarase de recoller e preparar a terminoloxía galega de botánica. Tamén elaborará a parte galega do dicionario de terminoloxía económica do Vocabulaire Panlatin du Marketing Économique da Rede Realtier. Os traballos relativos o ámbito lexicográfico centraranse na finalización da nova edición do dicionario da RAG no que se comezou a traballar no ano 2001. E a actualización do versión bilingüe –castelán-galego– do dicionario. Este convenio afondará na situación actual do galego na sociedade. Trátase dunha investigación sociolingüística sobre o galego na actualidade, a súa evolución e os cambios que sufriu o idioma o longo da historia. Dentro deste convenio recóllese tamén o fomento de proxectos para levar o galego ao estranxeiro. É o caso do XXIV Curso de Lingua e Cultura Galegas para Estranxeiros e Españois de fóra de Galicia que se desenvolve durante este mes na USC e no que participan 90 estudantes de vinte países. (…)” Vía Xornal. Tamén en Cultura Galega.
Iria Morgade gaña o 7.º Premio Biblos-Pazos de Galicia coa obra Verbas no ar
‘Iria
Morgade Valcárcel, unha moza de Poio (Pontevedra) de 23 anos que vén de licenciarse en Políticas en Madrid, é a gañadora do 7º Premio Biblos-Pazos de Galicia que se fallou o 22 de xullo do 2011 no transcurso da tradicional cea que reúne cada ano na Casa Grande do Bachao (a quince quilómetros de Compostela) a máis dun cento de persoas relacionadas co mundo da cultura e do sector turístico galegos. O premio achégalle á gañadora unha escultura de Luís Loureira titulada A peneira dos soños, un ordenador portátil, a estancia ao longo do mes de outubro na Casa Grande do Bachao para ultimar a súa novela coa colaboración de Xabier P. Docampo como titor e a edición da obra en galego e castelán antes de rematar o ano. (…)
A novela Verbas no ar, da que é autora Iria Morgade Valcárcel, resultou gañadora por unanimidade ao considerala o xurado unha obra “actual e oportuna que procura relacionar as revoltas nos países do norte de África coa actitude de descontento e protesta da xuventude protagonista dos movementos que estamos a contemplar no noso entorno”. Para o xurado, integrado por Xabier P. DoCampo, Elena Veiga e Tucho Calvo, “a obra está escrita cunha vocación de estilo que acode a unha linguaxe directa, construída cunha disposición do texto baseada nas frases curtas e nos parágrafos de pouca extensión, que procuran máis a suxestión cá descrición. Seguindo un estilo case propio do panfleto, por agresivo, mesmo incendiario, Iria Morgade sabe o que fai disparando verbas ao ar”. Segundo o fallo, Verbas no ar “amosa o texto que as florituras non son necesarias para que nos desgarre, abríndonos os ollos ante un mundo en conflito a golpe de linguaxe tweet. E a autora sabe tamén que son tempos de combate, de manifestarse contra a inxustiza, como ela o fai a través das palabras dun Ayat que sufre lonxe pero que o sentimos preto grazas a ese certo ton de crónica que impregna a novela”. Verbas no ar, engade, “zóupanos con imaxes duras, facéndonos partícipes á forza dunha novela real. Percíbese tamén a tentativa da autora da incitación á loita, filosofando sen cortapisas, e instigándonos a filosofar a nós tamén. Así, o sabor agridoce que nos deixa a súa lectura é un dano colateral necesario, como moitos dos que sufren os personaxes. E, á fin e ao cabo, estes danlle voz a un manifesto que debera ser universal…”. O xurado “valora tamén positivamente os outros traballos finalistas e anima a Iria Ameixeiras Cundíns e a Andrés Carrasco Solla a rematar os seus respectivos proxectos dadas as moitas posibilidades que se apuntan neles”. Ambos autores recibiron cadansúa placa como finalistas. E Fina Casalderrey e Xabier P. Docampo recibiron cadansúa escultora creada por Ramón Conde para os titores do premio. O acto concluíu coa entrega doutro galardón, o 3º Premio á Colaboración Necesaria coa Cultura, que organiza a asociación Pazos de Galicia e que visualiza unha escultura do artista Luís Loureira, que este ano correspondeu ao exconselleiro Vázquez Portomeñe polo seu labor de recuperación do Camiño de Santiago.’ Vía Biblos Clube.
Vigo: Francisco Castro asina exemplares de In vino veritas
O
mércores 27 de xullo, ás 20:00 h., no Corte Inglés de Vigo (Gran Vía), Francisco Castro asinará exemplares da súa última novela, In vino veritas, e do resto da súa obra.
Entrevista a Carlos Callón en Radiofusión
‘”En
ningún ámbito podemos vivir en galego con normalidade”, láiase o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, quen se cadra por iso reparou na necesidade de crear unha sorte de manual para protexer o uso do idioma propio en sociedade. Así naceu Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, a última obra que Callón deu o prelo e cuxo título contaba cun engadido alternativo que dicía como facelo sen padecer unha úlcera de estómago. Mais finalmente o autor decidiu retiralo para presentar un carácter máis positivo nun libro que funciona, recoñece sen ambaxes, como manual de autoaxuda ou mesmo, de autodefensa. O volume sae publicado por Xerais e vai ser presentado en sociedade no Festigal que se celebra esta fin de semana en Compostela. Requirido pola mellor defensa coa que contan aqueles que desexan empregar o galego sen restricións, Callón sostén que “o máis revolucionario segue a ser falalo” e, a seguir, conxugar tres verbos: “usar, escoller e solicitar”.’ Vía Xerais:
Carlos Callón: “Hai moito por descubrir na Idade Media galega”
Entrevista
a Carlos Callón en A Nosa Terra:
‘(…) – A Nosa Terra (ANT): Na fiinda do libro [Amigos e sodomitas] repara en que na investigación histórica moitas veces o máis complicado é crebar inercias e preconceptos para poder “ver” a auténtica realidade.
– Carlos Callón (CC): Ese exercicio é moi necesario. Ao preparar esta obra encontreime con que había unha falsificación da historia da sexualidade e unha falsificación da historia de Galiza. A documentación é clara sobre determinados asuntos pero moitos estudosos obvian o que ven e impoñen o seu criterio. E por iso se silencia a loita da nobreza galega por maior independencia no reinado de Afonso X de Castela –con Estevan de Castro á cabeza, acusado de sodomita– ou se traduce sistematicamente a Gallaecia dos textos por Reino de León.
– ANT: Tendo en conta esas carencias da historiografía, hai moito por descubrir na historia de Galiza?
– CC: Hai moita descubertas por facer para os historiadores da Idade Media galega. Aínda hoxe pesa máis a ideoloxía que o rigor académico e iso fai que as conclusións históricas sexan falsas. No caso de Amigos e sodomitas xa houbo críticas poñendo a pedir pan o libro tres meses antes de que fose editado. Curiosamente, neste intre vemos que os estudos históricos minorizados, marxinados nos grandes centros de estudo, son os que meirande rigor académico teñen. (…)
– ANT: O roubo do Códice Calixtino alertou sobre a situación do noso patrimonio medieval.
– CC: Está caendo a cachos. Os documentos ou están sen coidados como no caso do códice ou foron levados para Madrid, caso do Tombo de Celanova. O caso desoutro códice tamén é interesante. A pesar de ser unha fonte documental fundamental da Galiza medieval tivo a súa primeira edición na década do 1990 e dixitalizouse, en fotos, hai só uns meses. Pero estes casos son simbólicos do que pasa co románico ou con outras mostras históricas ou artísticas, abandonadas, sen protección pública, ao coidado de institucións que non o resgardan senón que simplemente o patrimonializan.’