O
venres 3 de xuño, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e no marco dos I Diálogos Literarios do Gaiás, organizados pola Fundación Carlos Casares, terá lugar este encontro e coloquio:
De 11:00 a 12:15 h.: Escribir novela na era da internet, con Iolanda Zúñiga e Llucía Ramis, moderadas por Tucho Calvo. A partir das 12:30 horas, terá lugar o coloquio.
O Burgo, Culleredo: representación de Travesía, dirixida por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández
Carlos Callón: “Os discursos sobre o galego non están desfasados senón que hai institucións que non os aplican”
Ourense: Roteiro Alexandre Bóveda
Adela Figueroa: “Eu sempre tomo parte. Pode ser uma senha da minha geração”
Ourense: actividades do 1 de xuño na Feira do Libro
Continúa
a XXVII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), aberta até o domingo 5 de xuño, con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do mércores 1 son as seguintes:
– 19:30 h. Presentación do libro de poemas visuais O libro dos cans, de Estevo Creus e do libro de poesía As Nosas Sombras no Xardín de Serralves, de Xoán Abeleira, publicados por Franouren Edicións. Xunto cos autores, participarán no acto Xosé Manuel Vélez Latorre, Xosé Manuel Bouzo e o director da editorial Manuel Ángel García Fernández.
– 20:30 h. Miguel Anxo Fernández asinará exemplares do seu libro Lume de cobiza, publicado en Galaxia.
Lugo: faladoiro O popular na obra de Álvaro Cunqueiro
O
xoves 2 de xuño, ás 19:30 horas, na Aula Sociocultural Novacaixagalicia (Praza de Santa María, s/n.) de Lugo, terá lugar un faladoiro sobre O popular na obra de Álvaro Cunqueiro, acto organizado polo Consello da Cultura Galega con motivo do Ano Cunqueiro, no que participan Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo.
Santiago: encontro e coloquio entre Marcos Calveiro e Sérgio Luís de Carvalho, nos I Diálogos Literarios do Gaiás
O
xoves 2 de xuño, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e no marco dos I Diálogos Literarios do Gaiás, organizados pola Fundación Carlos Casares, terá lugar este encontro e coloquio:
De 11:00 a 12:15 h.: Historia e historias, con Marcos Calveiro e Sérgio Luís de Carvalho, moderados por Carlos Quiroga, seguido por un coloquio, entre as 12:30 e as 14:30 horas.
A Coruña: presentación de Elos, de Paula Gómez del Valle, François Davo, Txiki Calvo e Rodrigo Varela
O
xoves 2 de xuño, ás 20:00 horas, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10, 1º) da Coruña, preséntase o libro Elos, con fotografías de Paula Gómez del Valle, poemas de Txiki Calvo, François Davo e Rodrigo Varela, e prólogo de Tati Mancebo, publicado en Edicións Morgante.
Carlos Negro: Queremos galego, mais… sabémolo vender?
Entrevista en Galicia Hoxe sobre o artigo de Carlos Negro publicado en Terra e Tempo.

