Artigo de Xabier P. DoCampo no Xornal de Galicia:
“(…) O tempo non é de liortas nin de definicións teóricas nin de teoloxías sociolingüísiticas, senón de labrar e sementar. É tempo de esixir que se cumpra a LNL (ameazada seriamente polo partido do goberno) e o PXNLG (que no ánimo de derrubalo xa se escoitaran voces que certos argumentos actuais fan lembrar). É tempo de seguir o exemplo do profesorado que segue a dar as súas clases en galego por enriba de prohibicións e de comenencias persoais, e de tantos galegos e galegas que seguen a loitar pola nosa lingua.
Perdoádeme o uso do dedo indicador, pero estades ollando para o lado equivocado. Virémonos e poñamos os nosos ollos nos de enfronte: os negacionistas, os inimigos do galego, os que procuran a súa desaparición. A eles é aos que lles temos que facer saber que só nós somos bilingües, que eles menten cando falan de bilingüismo, de equilibrio, de harmonía, de cordialidade… Que se arrogan o dereito de facer desaparecer a capacidade de decisión dos seus fillos ao negarlles a aprendizaxe da lingua galega… Tanto ten se son podengos os galgos, son cans.
Deixemos os asuntos que temos que dirimir entre nós (que os temos, coma todos) para outros momentos e para outros foros e non metamos o común no debate partidario ou persoal.”
Asemblea do Pen Clube
A rosa do viño, de Xavier Castro, mellor libro publicado no 2010 en España sobre a cultura da vide
A Real Academia Galega recupera o Boletín cun número sobre Ramón Piñeiro
Presentación de O libro da vaca
Arteixo: presentación do libro inédito Galiza, de Manuel María
O
mércores 29 de decembro, a partir das 20:00 h., no Centro Cívico Cultural de Arteixo, terá lugar a presentación do libro Galiza, ensaio inédito de Manuel María. No acto, organizado pola Fundación Manuel María e a Asociación Cultural Monte da Estrela, participan Aniceto P. Nunes, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Marica Campo, Saleta Goi e Alberte Ansede, e aproveitarase para presentar tamén o proxecto da Casa Museo do autor chairego.
“O resumo industrial do ano”
Santiago: presentación do almanaque poético 12 poetas para un ano
O
xoves 30 de decembro, ás 20:00 h., na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55), de Santiago de Compostela, preséntase o almanaque poético 12 poetas para un año, publicado por Ediciones El Gaviero, e antologado por Maite Dono. No acto estarán presentes as participantes galegas no libro: Branca Novoneyra, Estíbaliz Espinosa e a propia Maite Dono.
Vilalba: presentación de Con Fausto, por este rio acima, de María Xosé Lamas
O
xoves 30 de decembro, ás 20:30 h., na Casa da Cultura de Vilalba, terá lugar a presentación do libro de poemas Con Fausto, por este rio acima, de María Xosé Lamas, publicada polo Instituto de Estudios Chairegos.
Xosé Neira Vilas: “Escribir é algo esencial. A miña razón de vivir”
(Galaxia)