Reportaxe sobre edición electrónica en Galicia Hoxe.
Rivas e Reixa tratan o cine e a literatura en clave erótica
(Xornal)
Vigo: Certame de Arte Postal SaudArte 2010
A U
niversidade de Vigo, por medio da Unidade de Cultura Científica e o Grupo de Investigación de Medicina Preventiva e Saúde Pública MP1, coa financiación da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), e en colaboración coa Asociación Galega de Educación para a Saúde, co colectivo Medicina e Arte, con Boek 861 e con Psicotrex, convocan un certame de Arte Postal coa saúde e a arte como fío condutor, SaudArte 2010, no que se busca que os participantes amosen a visión que teñen sobre a saúde dun xeito creativo, co único condicionante de que as obras poidan ser enviadas utilizando os medios postais e electrónicos habituais. Trátase dunha actividade creativa e positiva, que combina arte, ciencia e sociedade, e busca establecer un espazo aberto no que as persoas xoguen un papel fundamental. As bases da convocatoria e un cuestionario sobre hábitos saudables están dispoñibles na web de Saudarte 2010. O prazo finaliza o 31 de outubro de 2010.
A Coruña: exposición A Coruña na creación do libro galego
O mércores
13 de outubro ás 19:30 h. inaugúrase a exposición A Coruña na creación do libro galego, que estará aberta até o domingo 21 de novembro (todos os días en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 h.). En 1810, hai agora douscentos anos, imprímese na cidade da Coruña o primeiro libro en galego, tres anos depois edítase o primeiro supervendas da literatura galega, pero é no período 1885-1931 cando se configura nesa cidade a moderna empresa editora. A partir de 1885, a Biblioteca Gallega de Martínez Salazar comeza a formar un público e a seguinte xeración de editores xa é quen de soñar un mercado. Leandro Carré e Ánxel Casal comezan a cadrar os números do libro galego. Sentido empresarial e compromiso ideolóxico están sempre presentes nos editores galegos. A exposición está organizada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña e a Real Academia Galega. Aquí se pode descargar o folleto da exposición: A Coruña na creación do libro galego.
Agustín Fernández Paz candidato ao premio Astrud Lindgren
(Xerais)
Ourense: Auria, actividades do día 14
Dentro das
actividades de Auria, que se desenvolve no Xardín do Posío de Ourense, o xoves 14 de outubro prosegue a Feira do Libro, en horarios de 17:00 a 22:00 h. No programa literario destacan os seguintes actos:
19:00 h. Mesa redonda: Biografías, da realidade á historia literaria, tras o encontro e sinatura de libros con José Luis Corral Lafuente. Na mesa participan Darío Xohán Cabana, Luís Rei Núñez, Vicente Araguas e Xoán Bernárdez Vilar, moderados por Ramón Pernas.
O programa completo pódese descargar aquí: Programa de Auria, Semana de Literatura Histórica.
Santiago: presentación de Todo é silencio, de Manuel Rivas
A
última novela de Manuel Rivas, Todo é silencio, preséntase o xoves 14 de outubro, ás 19:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela. Durante o acto intervirán o propio autor, a cantante Iria Peña e os guitarristas Gastón Rodríguez e Miguel Ladrón de Guevara, xunto co editor Manuel Bragado. Se o tempo o permite, o acto ocupará a praza de Cervantes
Santiago: presentación de Repensar o mal, de Andrés Torres Queiruga
O
xoves 14 de outubro, ás 20:00 h., na Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, Andrés Torres Queiruga presenta o seu último ensaio Repensar o mal. Da poneroloxía á teodicea, publicado en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Segundo Pérez López, profesor de Teoloxía, Xan López Facal, economista, e Luís García Soto, decano da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago.
Manuel Rivas: “O peor tóxico do narcotráfico foi a creba das defensas éticas da sociedade”
Entrevista a Manuel Rivas en La Voz de Galicia.
Santiago: charla-coloquio arredor de O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro
O mércores 13 de outubro, ás 20:00 h., no Salón de Actos da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, desenvolverase unha charla-coloquio arredor de O segredo de Marco Polo, publicado por Galaxia. No acto participan Arantxa Serantes, da Facultade de Filosofía, e o propio autor, Francisco Castro.