Até o 31 de decembro de 2008. Bases. (Centros Socioculturais de Santiago)
Alberto Lema na Sargadelos da Coruña
O martes 8 de xullo, ás 20:00 horas, a Galería Sargadelos da Coruña (Rúa Real, 56) contará coa presenza de Alberto Lema cunha intervención titulada “PLAN DE FUGA. Historia da literatura, declinar o (im)-posible”, nunha nova edición do ciclo quincenal “Martes Literarios”.
VIII Certame Literario José Saramago
Até o 31 de decembro de 2008. Bases.
VII Premio de poesía Caixanova
Até o 31 de outubro de 2008. Bases.
VII Premio de Novela Pastor Díaz 2008
Até o 30 de decembro de 2008. Información na web do Concello de Viveiro.
Perigosamente normais, de Anxos Sumai, será presentada en Cuntis
A obra Perigosamente normais, de Anxos Sumai (VIII Premio Roberto Blanco Torres de Xornalismo Literario e de Opinión), será presentada o sábado 28 ás 21:00 no Centro Patelas de Cuntis. Conduce o acto Ana Romaní, directora do Diario Cultural da Radio Galega.
XVII Premio Edebé de literatura infantil e xuvenil
Até o 15 de novembro de 2008. Bases.
Anxos Sumai gaña o San Clemente de literatura
“(Re)novarte”, obradoiro de poesía para escritores novos
«Outro Taller Xuvenil que nace neste ano 2008 en Artes no Camiño é (Re)novarte. A poesía únese ao Encontro das Artes que ten lugar na tempada estival polos camiños de Lugo. Profesionais da literatura traballarán e prepararán a un alumnado escollido mediante a previa valoración dos seus escritos, con fins como realizar presentacións en público que dean vida a ese traballo tan íntimo que é a creación poética.» Máis información aquí. (Artes no Camiño)
IV Obradoiro “Cousas de mulleres” en Bos Aires
A Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa e a Asociación Civil Herbas de Prata organizan o cuarto encontro dos obradoiros “Cousas de Mulleres” o vindeiro sábado día 28 de xuño ás 15:30 na Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa. O encontro será o sábado 28 de xuño ás 15,30 na rúa Moreno 3281 da cidade de Bos Aires. (Herbas de Prata)