Bases do VI Premio Laudamuco para textos teatrais
Vigo: “A Movida literaria”, coloquios sobre novela negra e social e literatura infantil e xuvenil en Galicia
Sábeme a salamántiga o ceo da boca gaña o Premio Torrente Ballester en lingua galega da Deputación da Coruña
Desde a Deputación da Coruña:
“O xa coñecido “Cónclave de Mariñán” reuniuse hoxe para elexir as obras gañadoras do Premio Torrente Ballester nas modalidades de lingua galega e lingua castelá. Ambos xurados analizaron as 374 obras presentadas e decidiron conceder o galardón a Sábeme a salamántiga o ceo da boca, de César Cequeliños, na modalidade de lingua galega, e El silencio de las palabras, de Anna M. Blasco Rovira e Viaje alrededor de las aristas de un cuchillo, de Jesús María Antón Ávila, gañadoras ex aequo na modalidade de lingua castelá.
O xurado da modalidade en lingua galega estivo formado por Anna R. Figueiredo, Diego Ameixeiras, Tamara Montero, Ledicia Costas, e o gañador deste premio na edición 2022, Amador Castro. O da modalidade en lingua castelá formárono Inma López Silva, María Piñeiro, Antonio Sandoval, Cristina Sánchez – Andrade, e Mario Beramendi. Presidido pola deputada de Cultura, Natividad de Jesús González, actuou como secretaria a xefa de Sección de Cultura, Manuela Muñiz.
Sábeme a salamántiga o ceo da boca foi a obra gañadora por maioría do Premio Torrente en galego. O xurado salientou que é un texto ben escrito, áxil, divertido e con diálogos inxeniosos. A novela contén un elemento fantástico que está ben encaixado na trama. Debuxa moi ben a burguesía viguesa de comezos do século XX. (…)”
A Coruña: presentación de Zeca Afonso. Balada do desterro, de Teresa Moure
Vigo: presentación de Eva e Lucy, de Cris Pavón
Pontevedra: presentación de Ramón Marcote. Obra en prosa. Volume I, con edición de Modesto Fraga
A Coruña: presentación de Galicia, 1981-2021. Autonomía, sociedade e cultura
“Hoxe lemos: Furia, de María Reimóndez”
Entrevista a María Reimóndez no Diario Cultural da Radio Galega:
“Conversamos con María Reimóndez a propósito do seu último libro, Furia, premio Jules Verne de literatura xuvenil. Unha novela sobre a adolescencia, a perda, os afectos e o boxeo como vía de reconexión individual e colectiva. Escoitamos tamén as impresións lectoras de Adela Dios, unha das integrantes do xurado do premio. Bárbara G. Vilariño, do club de lectura Queeruña, comparte as súas achegas sobre a triloxía de ciencia ficción feminista que Reimóndez comezou coa novela Cobiza e que culminará en 2024. A entrevista pode escoitarse aquí.”