Ourense: presentación de Muller de papel, de Rochi Nóvoa

ORochi Novoa Muller de papel mércores 11 de marzo, ás 20:30 horas, no Café Cultural Auriense (Praza do Correxedor, 11, baixo) de Ourense, preséntase o libro Muller de papel, de Rochi Nóvoa. No acto presentarase tamén a exposición que acompaña a obra de Chus Láuzara, e os fotógrafos Pepe Escano, José Ramón Araújo e Roberto García Sanchez. Estarán presentes tamén en directo os músicos: Dani Soldevilla, Nacho Martínez, Servando Barreiro, Castor Pérez, e Antonio Iglesias Fernández acompañando ademais ao recital.

Santo André de Campo Redondo, Ribadavia: presentación de Cuarto minguante, de Bautista Álvarez

Convite_novela_Bautista[3]Por cuestións de aforo, prégase confirmar asistencia no teléfono 981570265 ou no correo electrónico info@bautistaalvarez.org

Ourense: presentación de Conversas com Isaac Alonso Estraviz

Aconversascomestraviz-250x355 sexta feira 12 de decembro, ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5), preséntase o libro Conversas com Isaac Alonso Estraviz, de Bernardo Penabade, publicado por Através Editora. No acto, organizado pola A. C. Auriense, participan, xunto ao autor, Miguel R. Penas e Isaac Alonso Estraviz.

Ourense: xantar e entrega do Premio Brais Pinto a Isaac Alonso Estraviz, o sábado 13 de decembro

OIsaac Alonso Estraviz sábado 13 de decembro, ás 14:00 horas, na Asociación Aixiña (Rúa Recaredo Paz, 1) de Ourense, terá lugar a entrega da terceira edición do Premio Brais Pinto a Isaac Alonso Estraviz, concedido pola A. C. Auriense. O acto terá lugar nun xantar ao que as persoas interesadas se poden anotar enviando un correo electrónico ao enderezo acauriense@gmail.com ou no teléfono 616990587 (Rubén). O prezo do xantar será de 18 euros por persoa (12 para estudantes e desempregad@s).

cartaz_brais_pinto_2014

Premios AELG 2013

Estes son os gañadores/as dos Premios AELG 2013, que premian as mellores obras editadas en 2012, e que se veñen de fallar na Gala das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega:

Blog Literario: Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
Ensaio: Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás (Xerais).
Literatura Infanto-xuvenil: O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas (Xerais).
Xornalismo Cultural: Ana Romaní.
Narrativa: Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Galaxia).
Poesía, ex-aequo: Boca da cobra, de Francisco Salinas Portugal (Biblos); e Os ángulos da brasa, de Manuel Álvarez Torneiro (Faktoría K de libros).
Teatro: Banqueiros, de VV. AA. –Francisco Pillado, coordinador- (Laiovento).
Tradución: Cancioneiro, seguido das Rimas dispersas, de Francesco Petrarca, en tradución de Darío Xohán Cabana (Edicións da Curuxa).

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

  • O premio Mestres e Mestras da Memoria, de nova creación, que se concede nesta primeira edición a Manuela Cortizo Medal e Ángel Rivas Veiga, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional;
  • O Premio Institucións que se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura galega, e que este ano será para o asociacionismo cultural representado por aquelas asociacións que, nacidas nas décadas dos 60 e 70, aínda manteñen a súa vitalidade e activismo cultural (Agrupación Cultural O Galo, Agrupaçom Cultural O Facho, Clube Cultural Valle Inclán, Agrupación Cultural Auriense, Agrupación Cultural Francisco Lanza, Agrupación Cultural Avantar, Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Agrupación Cultural Lumieira, Sociedade Cultural Medulio, Associaçom Cultural Amig@s da Cultura de Pontevedra);
  • E mais o Premio AELG 2013 Escritora Galega Universal, outorgado pola Asemblea á escritora Lídia Jorge, galardón que a distingue como autora que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.

No transcurso da gala a AELG tamén entregou aos humoristas gráficos Siro López Lorenzo “Siro”, Xosé Lois González Vázquez “O Carrabouxo”, Xosé Ángel Rodríguez López “Gogue”, Xosé Carreiro Montero “Pepe Carreiro” e Xaquín Bieito Marín Formoso “Xaquín Marín” a distinción Bos e Xenerosos.

O Consello Directivo da AELG fixo constar os parabéns máis sinceros aos compañeiros e compañeiras de oficio hoxe premiados nesta Gala das Letras, felicitación e aplauso que fai extensivo a todos os autores e autoras finalistas, e mais os propostos na primeira quenda de votacións, cuxo labor creativo conxunto merece tamén o público recoñecemento, pois todo el se converte nunha globalidade creadora, copartícipe testemuño necesario, ano a ano, dunha sementeira literaria que agroma para orgullo da sociedade galega desde a vindicación irrenunciábel da súa ferramenta máis prezada: a lingua galega en perpetua construción de futuro lexítimo.