Arquivos da etiqueta: Alfredo López Tokio
Pontevedra: presentación de De baleas, de Eduardo Estévez
Proxecto De baleas: Eduardo Estévez, poeta, e Tokio, debuxante
Desde
Chamando á Terra, da Radio Galega:
“O proxecto poético De baleas está conformado por un poemario, un blog, un CD musical e un cómic, ilustrado polo debuxante de banda deseñada, Tokio. Conversamos co poeta Eduardo Estévez e con Tokio. Pode escoitarse aquí.”
Compostela: presentación de De baleas, de Eduardo Estévez
O
venres 17 de novembro, ás 20:30 horas, en Chan da Pólvora (Rúa de San Pedro, 74), en Santiago de Compostela, preséntase De baleas, de Eduardo Estévez, publicado por Caldeirón. Trátase dun traballo composto por un libro de poemas + un cómic + un cd con música de baleas + unha balea de papel. O cómic está debuxado por Tokio, e no cd participan Macarena Montesinos, o dúo Tiberevi, Benxamín Otero, Estevo Creus, Daniel Quaranta, Ariel Ninas, Pablo Seoane e Gabriela Acosta, Mónica de Nut, Mig Seoane, Madamme Cell e Belén Bermejo, acompañada por Andrés Díaz.
Crónica fotográfica da Gala das Letras e a entrega dos Premios AELG 2015 (II)
Dentro
da Gala das Letras que tivo lugar o sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo, déronse a coñecer as persoas e entidades gañadoras dos Premios AELG 2015. A continuación, publicamos parte das fotografías que recollen os diferentes momentos do acto, agradecendo a súa realización a Alfredo López, “Tokio”. Pódense ver todas aquí.
Crónica fotográfica da Gala das Letras e a entrega dos Premios AELG 2015 (I)
Dentro
da Gala das Letras que tivo lugar o sábado 9 de maio no Círculo de las Artes do Concello de Lugo, déronse a coñecer as persoas e entidades gañadoras dos Premios AELG 2015. A continuación, publicamos parte das fotografías que recollen os diferentes momentos do acto, agradecendo a súa realización a Alfredo López, “Tokio”. Pódense ver todas aquí.
Marta Dacosta reedita en formato dixital Cinsa
Marta Dacosta
reedita o seu libro Cinsa, actualizado en edición do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) realizada por Miguel Anxo Mouriño. Trátase dunha edición dixital que pode ser descargada de balde. Cinsa foi escrito hai once anos e concibido como unha especie de álbum de poemas en que ás veces hai unha anotación gráfica: fotografías actuais realizadas por Alfredo López, Tokio, ou a propia autora; imaxes antigas ou o debuxo titulado “Cronopio e tartaruga” de Aldán López Dacosta. Neste enlace pódese descargar o libro.
Taboleiro do libro galego XXVIII (novembro 2014), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Velaquí os libros galegos que gozaron dunha maior aceptación ao longo do pasado mes de novembro. A miña gratitude á ducia de librarías colaboradoras nesta ocasión: Trama, Paz, Casa do Libro de Vigo, Suévia, Miranda, Biblos, Andel, Cartabón, Libros para soñar, Pedreira, Aira das Letras e Lila de Lilith.
NARRATIVA
1º-. Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, Xerais; e Dende o conflito, de María Reimóndez, Xerais.
2º-. Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga, Xerais.
3º-. Instrucións para tomar café, de Manuel Núñez Singala, Galaxia.
4º-. A vinganza do defunto, de Carlos G. Reigosa, Xerais.
5º-. Somnámbulos, de Suso de Toro, Xerais.
6º-. Hostal Norte, de Xosé Duncan (ilustracións de José María Picón), Urco.
POESÍA
1º-. Os inocentes, de María do Cebreiro, Galaxia.
2º-. Anamnese, de Eli Ríos, Sotelo Blanco.
3º-.Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, A. C. Caldeirón.
4º-. Atravesar o fantasma, de Carlos Callón, Xerais.
ENSAIO-TEATRO
1º-.Textículos dramáticos e posdramáticos, de Afonso Becerra de Becerreá, Laiovento.
2º-. Xavier Vence. Conversas, de Xan Carballa, Engaiolarte Edicións.
3º-. Eu estaba alí, Afonso Eiré, Hércules de Edicións.
4º-. Crónicas dun tempo escondido, de Sabino Torres, Galaxia.
XUVENIL
1º-. Tes ata as 10, de Francisco Castro, Galaxia.
2º-. Reo, de Xesús Fraga, Galaxia.
3º-. O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas, Xerais.
INFANTIL
1º-. Escarlatina, a cociñeira defunta, de Ledicia Costas, Xerais.
2º-. Historia da bicicleta dun home lagarto, de Fina Casalderrey, Xerais.
3º-. O soño de Esther, de Miguel Ángel Alonso Diz e ilustracións de Luz Beloso, Nova Galicia Edicións.
4º-. A casa da mosca chosca, de Eva Mejuto, Kalandraka.
LIBROS CD-DVD
1º-. Brinca vai!, de Paco Nogueiras, Kalandraka.
2º-. Xiqui Xoque, fiú fiú!, de Uxía, Editorial Galaxia.
3º-. CoraSons, Kalandraka
4º-. Té, chocolate, café, de Golfiños, Gestión Cultural.
BANDA DESEÑADA
1º-. O bichero IV, de Luís Davila, Edición do autor.
2º-. A causa do crime, de Tokio, Demo Editorial.
3º-. Marcopola e a illa remeira 3. Dragoneta!, de Jacobo Fernández Serrano, Xerais.
OUTROS
1º-. Calendario Xerais 2015 (Xerais) e Luzes, nº 11, outubro 2014.
2º-. Cociñando con Benigno Campos, Galaxia.




















