Arquivos da etiqueta: Andrea Barreira
O Porriño: actividades do 11 de maio na Feira do Libro 2023
Compostela: presentación de Multitudes, de María Reimóndez
Compostela: obradoiro de relatos de terror Terroríficas, impartido por Andrea Barreira
Andrea Barreira: “Quería achegarme dun xeito divertido ás xemelgas Elisa e Jimena”
Entrevista a Andrea Barreira na Radio Galega:
“Andrea Barreira presenta o seu libro Desmontando o corpo. Construíndo a ciencia: “Quería achegarme dun xeito divertido ás xemelgas Elisa e Jimena”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Crónica fotográfica do Paseo Literario por Compostela con Andrea Barreira
Estas son algunhas das fotografías do Paseo Literario por Compostela deste 2021, enmarcado na SELIC, a cargo de Andrea Barreira, o martes, terza feira, 14 de setembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí (fotos cortesía da SELIC e Carlos Rodríguez Pérez).
Paseos Literarios por Compostela. Outono 2021
Os Paseos Literarios por Compostela. Outono 2021, son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Santiago de Compostela, no marco da Semana do Libro de Compostela (SELIC) 2021, que terá lugar entre o 12 e o 19 de setembro de 2021, procurando outra ollada á historia e xeografía da cidade.
No desenvolvemento desta actividade aplicaranse os protocolos sanitarios vixentes en cada momento.
– Prazas limitadas: 30.
– Inscrición obrigatoria no correo paseos.compostela@maos.gal
– Rexistro dispoñible até o día previo a cada roteiro, indicando: roteiro, prazas solicitadas, nome e teléfono de contacto.
O programa de Paseos Literarios é o seguinte:
Compostela de ficción: illas e carruseis na cidade novelada. Berta Dávila.
Domingo 12 de setembro, 12:00 h.
Punto de partida: Biblioteca Ánxel Casal.
Festina lente, canteiros e impresores en Compostela. Marcos Calveiro.
Luns, segunda feira, 13 de setembro, 17:00 h.
Punto de partida: Arco de Mazarelos.
As pedras non esquecen. Andrea Barreira.
Martes, terza feira, 14 de setembro, ás 17:00 h.
Punto de partida: Alameda de Santiago, xunto á estatua de Maruxa e Coralia.
Paseando coas Marías. Carlos Labraña.
Domingo 19 de setembro, ás 12:00 h.
Punto de partida: Alameda de Santiago, xunto á estatua de Maruxa e Coralia.
Compostela: SELIC 2021. Festival da Lectura
Actividades arredor de Xela Arias en centros de ensino das provincias da Coruña e Pontevedra
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) organiza diversas actividades arredor de Xela Arias en centros de ensino das provincias da Coruña e Pontevedra.
Coa colaboración da Deputación da Coruña, durante os meses de abril e maio a AELG promove a organización de obradoiros literarios arredor da figura de Xela Arias en diferentes centros de ensino de Educación Primaria e Secundaria da provincia da Coruña.
– En Educación Primaria son impartidos por Andrea Barreira, baixo o título de Cada día, a familia.
– En ESO e Bacharelato levan por título Xela Arias e a revista literaria, a cargo de Dúas gamberras e un micro.
Tamén están dispoñíbeis para toda a cidadanía dous Proxectos Didácticos elaborados por Beatriz Maceda Abeleira:
– Xela Arias. A poesía como acción (Educación Primaria)
– Xela Arias. A poesía como acción (Educación Secundaria e Bacharelato)
Así mesmo, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, a AELG promove tamén a organización de obradoiros literarios arredor da figura da autora homenaxeada no Día das Letras en diferentes centros de ensino de Educación Primaria e Secundaria desa provincia.
– En Educación Primaria son impartidos por Jesús Castro Yáñez, baixo o título de XELAPALABRA.
– En ESO son impartidos por Lara Dopazo Ruibal.
Obradoiros para o ensino e recital Versos na baixamar en Barreiros
Os Obradoiros para o ensino e recital Versos na baixamar en Barreiros son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Barreiros.
Con motivo do Día das Letras Galegas 2021 dedicado a Xela Arias, terán lugar dúas actividades no Concello de Barreiros.
Está pendente de confirmar a forma de inscrición para participar como público no recital poético, sempre seguindo as medidas sanitarias vixentes en cada momento.
10 de maio.
Obradoiros arredor da figura de Xela Arias Cada día a familia, impartidos por Andrea Barreira nos dous Centros de Educación Primaria de Barreiros. Dirixido unicamente ao estudantado destes centros.
17 de maio.
– Ás 18:00 h., no Centro Sociocultural de Barreiros (Rúa Veiga), terá lugar a primeira edición de Versos na Baixamar, recital poético que contará coa participación dalgunhas das nosas mellores poetas e voces máis novas da Mariña: Olalla Cociña, Paula dos Anjos e o chairego Daniel Irimia, xunto ao coordinador da actividade, Lois Pérez.