Baía Edicións
segue innovando no eido da edición e da achega dos seus fondos en versión dixital, desta volta coa creación da Aula Virtual: plataforma de distribución de recursos didácticos e materiais educativos. Trátase dun proxecto que nace coa idea de facilitarmos tanto ao profesorado como ao alumnado todos os recursos didácticos e materias educativos dos que se dispón de cada un dos libros de texto publicados na actualidade. A Aula Virtual conta cos libros dixitais de Sociais de 1º e 2º de ESO, dirixidos tanto ao alumnado como ao profesorado, e desde a cal se poden adquirir. Asemade, desde esta plataforma poderanse descargar tanto o Proxecto curricular establecido e a Programación proposta para cada unha das disciplinas como materiais complementarios de axuda ao profesorado no seu labor didáctico e pedagóxico diario nas aulas tan só co seu rexistro.
Arquivos da etiqueta: Baía Edicións
A Coruña: actividades destacadas do mércores 8 na Feira do Libro
Continúa
a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), aberta até o venres 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. A actividade máis destacada do mércores 8 de agosto é:
– 20:00 h.: Xavier Alcalá presenta a súa novela Verde oliva, publicada por Galaxia. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes, Tati Mancebo e Vicente Araguas.
– 21:00 h.: Presentación da novela O alento nas costas, de Natalia Carou, publicado por Baía Edicións. No acto, xunto á autora, participan Belén López e Xurxo Souto.
A Coruña: actividades destacadas do luns 6 na Feira do Libro
Continúa
a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), aberta até o venres 10 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. As actividades máis destacadas do luns 6 de agosto son:
– 19:00 h.: Presentación de Os cogomelos na cociña e outras cousas, de Pedro Roca e Xosé Manuel Fernández Costas, publicado por Baía. No acto participan, xunto aos autores, Paco Bernabeu e Belén López.
– 19:30 h.: Sinatura de exemplares de Agustín Fernández Paz.
– 20:00 h.: Presentación Para unha crítica do españolismo, de Camilo Nogueira, publicado en Xerais. Participan: Manuel Bragado e o autor.
– 20:45 h.:Presentación Os fillos do mar, de Pedro Feijoo, publicado en Xerais. Participan: Sergio Zearreta, Manuel Bragado e o autor.
– 21:15 h.: Presentación Castelao na Unión Soviética en 1938, de Xesús Alonso Montero, publicado en Xerais. Participan: Manuel Bragado e o autor.
Ribadeo: presentación de Tres mulleres galegas de armas tomar
O
martes 24 de abril, ás 20:00 horas, na Casa das Letras (Rúa Rodríguez Murias, 8) de Ribadeo, o Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza a presentación do libro Tres mulleres galegas de armas tomar: María Balteira, María Castaña e María Soliña, de Guillermina Domínguez e Felicia Estévez, publicado en Baía Edicións.
Renovación da páxina web de Baía Edicións
“Neste
novo espazo web de Baía Edicións incorporamos varios apartados: Novas sobre a actualidade, Material didáctico, Xuntanza de escritoras, Encontro coa natureza, Galería de imaxes e vídeos, e unha serie de recomendacións que Baía Edicións fai a todos os usuarios. No apartado Xuntanza de escritoras serán as escritoras as protagonistas deste espazo. Terán a posibilidade de incorporar artigos, reseñas, notas, relatos etc. O que queremos con este espazo é que , pretendemos que sexa algo máis…. un, para que falen do seu papel na sociedade, de como ven a literatura. Co apartado pretendemos (nenos, adultos, especialistas, etc.), incorporando no mesmo, reseñas, calendario de conmemoracións, artículos de opinión, consellos medioambientais etc. Pretendemos que sexa un espazo no que poida , enviándonos todos aqueles escritos, artigos, reseñas… que consideren interesante compartir.” Desde Baía.
Pontevedra: Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2012, presentación de O alento nas costas, de Natalia Carou
Do
domingo 4 ao sábado 31 de marzo, no Pazo de Cultura de Pontevedra, regresa o Salón do Libro Infantil e Xuvenil para achegarnos ao mundo da literatura. Este ano o Salón, que ten a Paco Martín como autor homenaxeado, indagará nas supersticións; de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil. Temos preparado un amplo programa de actividades no que toda a familia pode participar porque, no Salón, rapaces e maiores percorren xuntos e descobren o universo dos libros. O horario de apertura será de luns a venres de 9:30 a 13:30 h., e de 16:30 a 20:00 h., e os sábados de 10:00 a 13:30 horas. O programa completo pódese descargar aquí: programa_salon_libro_2012.
– O luns 26 de marzo, ás 19:00 horas, na Sala de exposicións, preséntase o libro O alento nas costas, de Natalia Carou Figueira, publicado por Baía Edicións.
Os editores galegos participan na Feira do Libro de Boloña
“A
Feira do Libro para rapaces de Boloña é o evento máis importante do mundo adicado ó libro infantil e xuvenil. Profesionais de todo o mundo daranse cita entre o 19 e o 22 de marzo na cidade italiana. O evento conta cun espazo de 20.000 m2 nos que se ubican os pavillóns que acollen ós editores dos cinco continentes. Mil douscentos expositores procedentes de 66 países e 5.000 profesionais. A feira conta tamén cun centro de axentes literarios e un espazo propio para ilustradores no que cada ano se monta unha gran exposición de obras para álbums ilustrados. O peso da ilustración na feira é enorme. Están acreditados máis de 70 xornalistas de todo o mundo e no transcurso da feira vanse dar a coñecer os libros. Os gañadores dos Premios Hans Christian Andersen do ano 2012 serán anunciados na feira o 19 de marzo e a cerimonia de entrega terá lugar durante o 33º Congreso Internacional de IBBY, que vai ter lugar en Londres do 23 ó 26 de agosto de 2012. O candidato da sección española é Agustín Fernández Paz, autor que tamén foi recoñecido na Feira Internacional do Libro de Guadalajara, México, do ano 2011, como Premio Iberoamericano de Literatura Infantil e Xuvenil. Varios editores galegos participan no stand patrocinado pola Consellería de Cultura. Contarán con libros na feira os editores de Biblos Clube, Baía Edicións, Edicións Embora, Editorial Galaxia, Ir Indo Edicións, Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións, OQO Editora, Ouvirmos e Toxosoutos e Edicións Xerais de Galicia. Contarán con espazo propio na feira: Kalandraka Editora, Nova Galicia Edicións e OQO Editora. Amais dos editores destas tres empresas,desprázanse a este evento editores do Consorcio Editorial Galego, empresa distribuidora de máis de cen editorais e entidades galegas; Editorial Galaxia e Ediciones Linteo. O 20 de marzo será presentado o catálogo Galician Books for Children & Young Adults, unha publicación dos editores galegos patrocinada pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e elaborada por GÁLIX, entidade que traballa en Galicia a prol da LIX e que forma parte da internacional OEPLI, organización europea de promoción da literatura infantil e xuvenil.” Vía Asociación Galega de Editores.
Vinte e seis obras finalistas compiten polos Premios AELG 2012, que chegan á súa XIII edición
Os 417 socios e socias da AELG xa escolleron os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2011 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística. Nestes dous últimos casos tamén participan na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente.
As obras gañadoras daranse a coñecer na Cea das Letras, un dos actos máis importantes na vida da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, que terá lugar o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela.
Así pois, da conxunción de votos emitidos nunha primeira quenda resultaron finalistas:
Narrativa:
– Extramunde, Xavier Queipo, Xerais.
– Laura no deserto, Antón Riveiro Coello, Galaxia.
– Non hai noite tan longa, Agustín Fernández Paz, Xerais.
Ensaio:
– Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, Carlos Callón, Xerais.
– Rosalía de Castro. Estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), Francisco Rodríguez, Asociación Socio-Pedagóxica Galega.
– Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, Mercedes Queixas Zas, Galaxia.
Poesía:
– balea2, Estevo Creus, Positivas.
– Leopardo son, Pilar Pallarés, Espiral Maior.
– Todas as mulleres que fun, Andrea Nunes Brións, Corsárias.
Teatro:
– A función do tequila, Manuel Guede, Deputación da Coruña.
– Chegamos despois a unha terra gris, Raúl Dans, Xerais.
– Fábula galénica, Inácio Vilariño, Baía.
Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2011:
– Anxo Tarrío.
– Bieito Iglesias.
– Iago Martínez.
– Ramón Chao Rego.
– Santiago Jaureguizar.
Literatura Infanto-Xuvenil:
– Fantasmas de luz, Agustín Fernández Paz, Xerais.
– Noutra dimensión, Marica Campo, Galaxia.
– O meu gato é un poeta, Fran Alonso, Xerais.
Tradución:
– Os trobadores de Occitania, Darío Xohán Cabana, Edicións da Curuxa.
– Sonetos de Shakespeare, Ramón Gutiérrez Izquierdo, Xerais.
– Versos escollidos (de Wisława Szymborska), Lucía Caeiro, Positivas.
Mellor Blog Literario:
– As crebas, Miro Villar.
– Caderno da crítica, Ramón Nicolás.
– Criticalia, Armando Requeixo.
Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.
Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros dous galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG: o premio para a Institución que se caracterizase pola súa contribución á divulgación da literatura galega, que este ano será para os Equipos de Normalización Lingüística dos centros de ensino e Servizos de Normalización Lingüística dos concellos; e mais o Premio AELG 2012 Escritor Galego Universal, outorgado pola Asemblea ao escritor José Luis Sampedro, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana; a AELG agarda contar coa súa presenza na Cea das Letras.
Chantada: presentación de O penalti de Fuco, de Afonso Eiré
O
venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, no Círculo Recreativo e Cultural (Casino) de Chantada, preséntase a novela O penalti de Fuco, de Afonso Eiré, publicado en Baía Edicións. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Manuel Rodríguez Aguiar, Kiko Novoa e Patricia Gómez Uzal.
Convocado o 5º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2012
“Baía Edicións convoca o Premio de Creación Meiga Moira de Literatura infantil e xuvenil, que se rexerá polas seguintes
– PRIMEIRA. Poderán concorrer ao premio todas as autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega (de conformidade coas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego aprobadas pola RAG) de obras de creación literaria dirixidas a nenas e nenos de 8 a 16 anos. As obras deberán ser inéditas e non premiadas. Se no período de tempo transcorrido entre a presentación do orixinal e o ditame do xurado a obra obtén outro premio ou é publicada, a autoría vese obrigada a comunicalo á editorial e non poderá recibir este premio.
– SEGUNDA. O orixinal, escrito en letra Times, corpo 12 e a dobre espazo, enviarase xunto con cinco copias debidamente encadernadas a:
BAÍA EDICIÓNS
Polígono Pocomaco, 2ª Avda.
Parcela A2 / 22. 15190 A Coruña.
O prazo de recepción de orixinais remata o 17 de Maio de 2012.
– TERCEIRA. Con cada orixinal, que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo, teléfono e correo electrónico da autoría, así como o título da obra e grupo de idade ao que vai dirixida (8 a 12 anos ou 12 a 16), indicando no mesmo: Premio Meiga Moira 2012.
– CUARTA. O premio, que poderá quedar deserto, considerará un único galardón, ao que se lle asigna unha dotación económica de 2.500 euros. A obra será publicada por Baía Edicións na súa colección Meiga Moira, renunciando a persoa gañadora aos dereitos de autoría da primeira edición, tanto en galego como noutras linguas de posíbel publicación por parte da editorial. No caso de realizarse unha segunda edición, esta rexerase polo modelo de contrato de autoría propio de Baía Edicións. A obra finalista será publicada segundo contrato de autoría estabelecido por Baía Edicións.
– QUINTA. O xurado está composto por cinco persoas de recoñecido prestixio, unha delas da propia editorial, que actuará, asemade, como secretaria.
– SEXTA. A resolución do xurado darase a coñecer o 17 de setembro de 2012.
– SÉTIMA. As obras non premiadas non serán devoltas pola editorial.
– OITAVA. A participación nesta convocatoria presupón a aceptación das presentes bases, así como as decisións do Xurado, que serán inapelábeis.”
