Arquivos da etiqueta: Baldo Ramos
Compostela: presentación do libro CaRa inversa, de Xosé María Álvarez Cáccamo e Baldo Ramos
Carlos Penela gaña o XVII Premio de Poesía Miguel González Garcés, sendo designado Baldo Ramos como finalista
Carlos Penela,
vigués do ano 1975, é o gañador da XVII edición do Premio de poesía Miguel González Garcés que convoca a Deputación da Coruña.
Así o decidiu o xurado, reunido o xoves 19 de xuño na sede da institución provincial, tras valorar “o rigor na elobración do conxunto, a súa capacidade de reflexión metapoética e de aprehensión do mundo pola linguaxe, con moi suxestivas referencias culturais da tradición europea”.
O gañador, que se presentou ao certame cun poemario titulado Arte de fuga, é licenciado en Filoloxía portuguesa pola USC e actualmente vive en Viena. Ademais de escribir, dedícase tamén á tradución e á docencia.
Entre o seu currículo destacan o Premio Espiral Maior de Poesía en 1997, o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón no ano 2000 ou o accésit do Premio Esquío de poesía no 2004. Ademais, no ano 2007 gañou o Premio de poesía Caixanova coa obra Sombras, rosas, sombras.
Agora, como gañador do Miguel González Garcés, recibirá 6.500 euros e a edición da obra.
Os
membros do xurado decidiron tamén designar como finalista ao poeta e artista plástico de Celanova Baldomero Fernández Ramos, coñecido como Baldo Ramos, pola obra Amado estranxeiro. Este último será recoñecido coa edición dunha obra que, segundo reflexa a acta de concesión do premio, destaca “pola súa capacidade de sorpresa no uso da imaxe, pola perspectiva equilibradamente visionaria e o seu sentido rítimico”.
O xurado do premio de poesía que convoca a Deputación estivo presidido por Mariel Padín, vicepresidenta primeira da institución e responsable da área de Cultura, e comisariado por Xavier Seoane. Tomaron parte tamén nas deliberacións Xosé María Álvarez Cáccamo, Ramón Neto, Henrique Rabuñal, Manuel Forcadela e Alexandre Nerium.
Cuestionario Proust: Oriana Méndez
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Oriana Méndez:
«1.– Principal trazo do seu carácter? A fame.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas? A solidariedade.
3.– Que agarda das súas amizades? Que me avisen para as festas.
4.– A súa principal eiva? Pode ser a impaciencia.
5.– A súa ocupación favorita? Ler cuestionarios Proust.
6.– O seu ideal de felicidade? Unhas cervexas e boa compaña mirando para as Cíes.
7.– Cal sería a súa maior desgraza? Non o podo saber.
8.– Que lle gustaría ser? Outra persoa, saber como se é outra.
9.– En que país desexaría vivir? En Cuba.
10.– A súa cor favorita? Negro.
11.– A flor que máis lle gusta? Non sei nada de flores, gústanme as mapoulas sobre os campos de Castela.
12.– O paxaro que prefire? Teño problemas coas aves desde pequena.
13.– A súa devoción na prosa? Cid Cabido.
14.– E na poesía? Manuel Antonio.
15.– Un libro? M-Talá.
16.– Un heroe de ficción? Drácula.
17.– Unha heroína? Pepa a Loba.
18.– A súa música favorita? Agora mesmo Das Kapital.
19.– Na pintura? O que fai Baldo Ramos.
20.– Un heroe ou heroína na vida real? Todos aqueles aos que o fascismo está asasinando en Ucraína.
21.– O seu nome favorito? Antonia.
22.– Que hábito alleo non soporta? O de molestar.
23.– O que máis odia? O neoliberalismo.
24.– A figura histórica que máis despreza? Franco.
25.– Un feito militar que admire? A batalla de Stalingrado.
26.– Que don natural lle gustaría ter? Levitar desde logo.
27.– De que maneira lle gustaría morrer? De ningunha maneira me gustaría morrer.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual? Nin remota idea.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia? Aqueles que derivan da dor.
30.– Un lema na súa vida? Venceremos, claro.”
Compostela: exposición Biblioteca de olladas
Celanova: presentación de Onde beben os cervos que amansou o calígrafo, con poemas de Baldo Ramos e gravados de Carlos González Villar
O
sábado 19 de abril, ás 12:00 horas, na Fundación Curros Enríquez (Rúa Curros Enríquez, 37), de Celanova, preséntase o libro-catálogo Onde beben os cervos que amansou o calígrafo, coa presenza dos seus autores, Baldo Ramos e Carlos González Villar.
Cuestionario Proust: Baldo Ramos
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Baldo Ramos:
«1.– Principal trazo do seu carácter?
– Ser paciente e non preguntar máis do debido.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A humildade e que sexan sinceras.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Que non me traizoen máis do necesario.
4.– A súa principal eiva?
– Non saber confesarme como deus manda.
5.– A súa ocupación favorita?
– Ver medrar os meus fillos
6.– O seu ideal de felicidade?
– Que sexan felices cando medren.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Morrer e non decatarme.
8.– Que lle gustaría ser?
– De maior? Uf, xa me pasou o tempo de poder escoller.
9.– En que país desexaría vivir?
– Nunha Galicia que se entendera a si mesma.
10.– A súa cor favorita?
– O negro negro.
11.– A flor que máis lle gusta?
– A rosa de cor azul.
12.– O paxaro que prefire?
– O que non se deixa ver con facilidade.
13.– A súa devoción na prosa?
– Imos rezar algo por Faulkner ou Onetti.
14.– E na poesía?
– Os poetas sen sotana.
15.– Un libro?
– De papel.
16.– Un heroe de ficción?
– O que non pretende ser críbel.
17.– Unha heroína?
– A que non cre demasiado en si mesma.
18.– A súa música favorita?
– A música barroca.
19.– Na pintura?
– O expresionismo abstracto norteamericano.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– A xente que fai ben a cambio de nada.
21.– O seu nome favorito?
22.– Que hábito alleo non soporta?
– A falta de sinceridade.
23.– O que máis odia?
– A xente que non sabe escoitar.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Hai tantos persoeiros da maldade, que resulta difícil escoller.
25.– Un feito militar que admire?
– O compromiso dos soldados que senten que traballan para unha ONG.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– O de ser árbore.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
– Cos ollos ben abertos
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– O do morcego que descubriu as contrapartidas da luz.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A ignorancia e a incredulidade.
30.– Un lema na súa vida?
– Vive e deixa vivir.”





