Arquivos da etiqueta: Beatriz Maceda Abeleira
Andrea Barreira gaña o certame de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade Agustín Fernández Paz
Desde Nós Diario:
“O Xurado do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba (comarca da Terra Chá) e Edicións Xerais, e formado por Don Manuel Bragado Rodríguez, Dona Beatriz Maceda Abeleira e Don Pablo Nogueira Campo. O Xurado acordou, por unanimidade, outorgar o premio á obra titulada Quen precisa unha avoa?, da autora Andrea Barreira Freije.
O dítame valorou na novela o novidoso enfoque sobre o idadismo (discriminación contra persoas ou colectivos por razóns de idade, especialmente cando esta se produce contra as persoas maiores), a toma de consciencia sobre as necesidades das avoas por parte das crianzas, así como a importancia da observación e os coidados nas residencias de maiores.
A conciliación familiar, o tecido da rede de afectos e a sororidade entre todos os personaxes son outros temas desta novela na que a autora a través do humor transmite dun xeito maxistral a complicidade entre diferentes xeracións. (…)”
A Coruña: actividades do 7 de agosto na Feira do Libro 2023
Crónica videográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2023, dedicada a Fina Casalderrey (III)
A Homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXIX edición, recaendo na figura de Fina Casalderrey, que foi homenaxeada en Pontevedra o 10 de xuño de 2023, nunha actividade que contou co apoio do Concello de Pontevedra, CEDRO e Xunta de Galicia
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida da homenaxeada ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica e a colocación dun monólito conmemorativo.
Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe os vídeos referentes á primeira parte do acto no Teatro Principal de Pontevedra:
– Intervención do Coro Luís García Limeses: Vou cambiar o mundo, texto de Fina Casalderrey:
– Intervención do Alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, no acto de entrega da Letra E:
– Lectura da concesión por Beatriz Maceda Abeleira, vicepresidenta da AELG:
– Intervención de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, no acto de entrega da Letra E:
Beatriz Maceda Abeleira: “A escrita, aínda que parte da observación, é precisamente un acto de soidade”
Crónica fotográfica Roteiro Pegadas na Coruña do Libro negro da lingua galega, con Carlos Callón
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Pegadas na Coruña do Libro negro da lingua galega con Carlos Callón, celebrado o pasado 6 de xullo. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Crónica fotográfica da homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E 2023, dedicada a Fina Casalderrey (II)
A Homenaxe A Escritora na súa Terra – Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), chegou este ano á súa XXIX edición, recaendo na figura de Fina Casalderrey, que foi homenaxeada en Pontevedra o 10 de xuño de 2023, nunha actividade que contou co apoio do Concello de Pontevedra, CEDRO e Xunta de Galicia
Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da Asociación, e tense constituído ao longo de máis de dúas décadas como unha celebración na que a terra de acollida da homenaxeada ten unha presenza fundamental. É vontade da AELG honrar escritoras/es procurando o contacto directo coa autora e a súa implicación persoal na xornada de homenaxe.
Unha celebración múltiple e popular en que se vén recoñecendo a entidade literaria de insignes figuras das nosas letras, a través dunha serie de eventos como a entrega do galardón Letra E de escritora (unha peza escultórica), a plantación dunha árbore simbólica e a colocación dun monólito conmemorativo.
Aquí pode verse a crónica fotográfica, da que publicamos a continuación unha segunda escolla:
Vilalba: actividades do 4 de xuño na Feira do Libro 2023
Crónica fotográfica da Lectura pública polo Día das Letras Galegas 2023 na Coruña
Estas son algunhas das fotografías da lectura pública polo Día das Letras Galegas que tivo lugar na Coruña o 14 de maio, en colaboración coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí.