
Arquivos da etiqueta: Begoña Caamaño
Presentación de Begoña ou o pracer da amizade, de Beatriz Maceda, na Coruña
Ferrol: actos destacados do 25 de abril na Feira do Libro 2026
Compostela: presentación de Begoñísima, de Andrea Nunes Brións, e celebración de Begoña Caamaño
Ferrol: actos destacados do 24 de abril na Feira do Libro 2026
Foz: coloquio arredor de Begoña Caamaño
Presentación de Begoñísima, de Andrea Nunes Brións, e celebración de Begoña Caamaño, en Compostela
Coloquio arredor de Begoña Caamaño, en Foz
Eva Mejuto presenta Os fíos de Begoña, nos Vermús literarios Un ronsel de historias, en Combarro
Paula Carballeira: “Con este libro quixen achegar á xente a faceta de Begoña Camaño máis íntima, máis alegre”
Entrevista de Diego Gonzalves a Paula Carballeira en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Por que decide escribir sobre Begoña Camaño?
– Paula Carballeira (PC): Porque coincidindo coas Letras Galegas, onde se vai facer moito énfase na súa faceta literaria, eu, que fun amiga de Begoña, unha das moitas amigas que tivo en diferentes eidos, quería pór a miña visión dela desde unha perspectiva que quizais non é tan coñecida ou que ao mellor non tiña tanta presenza no mundo literario, que era a máis transgresora de Begoña, máis implicada coa sociedade, con diferentes tipos de conflitos sociais, e que ten moito a ver para coñecer a súa figura e para explicar tamén o seu posicionamento literario. Polo tanto, eu quería abrir varias portiñas a esa Begoña comprometida, a esa Begoña loitadora e a esa Begoña que tiña na miña lembranza.
– ND: Que é o que máis destacaría desta faceta de Caamaño?
– PC: Destacaría que Begoña, que era xornalista, sabía moi ben como chegar á xente, onde pór o foco; sobre todo en situacións inxustas, que vivimos habitualmente. Ademais, ela, que tiña ese don da palabra, tanto oral como escrita, servía como ponte para que outras voces se puidesen escoitar.
Por iso, eu quixen facer unha peza de teatro na que dalgún modo remitise á radio, onde ela tamén desenvolveu moito a súa faceta profesional, e onde ela non só ofreceu a súa voz, senón que tamén deu oportunidades de que outras voces se escoitasen. (…)”








