Arquivos da etiqueta: Claustro corda comensal
A Coruña: actividades do 9 de agosto na Feira do Libro 2024
Ponteareas: actividades do 14 de xullo na Feira do Libro 2024
O Porriño: actividades do 12 de maio na Feira do Libro 2024
Compostela: presentación de Claustro corda comensal, de Samuel Merino, o 18 de abril
Ourense: presentación de Claustro corda comensal, de Samuel Merino, o 17 de abril
O Porriño: recital-presentación de Samuel Merino e Silvia Penas, o 12 de abril
Samuel Merino recita Claustro corda comensal na Libraría Paz de Pontevedra
Pontevedra: Teñamos a poesía en Paz con Oriana Méndez e Samuel Merino
Samuel Merino: “Non é doado vivir da poesía e o noso tecido cultural tampouco axuda”
Entrevista a Samuel Merino en La Opinión:
“(…) – La Opinión (LO): Ten público a poesía ou faltan lectores e lectoras?
– Samuel Merino (SM): Hai bastante público de poesía e moita xente se está achegando agora de novas. Eu son relativamente novo nisto, levo cinco anos publicando, e por sorte xa me pillou nunha época de bonanza, de repunte da poesía. Son optimista e creo que cada vez está tendo máis público, hai máis xente que colle un libro de poesía por vez primeira por curiosidade para ver o que se agocha detrás.
– LO: E a que cre que é debido ese repunte?
– SM: Estamos nunha época na que a información é multicanle e chega a máis xente dun xeito máis directo, o que ofrece unha visión que antes non existía. Eu antes a visión que tiña da poesía era só a que che ensinan no instituto. Agora, a golpe de clic, podes achegarte a textos e a xente recitando que tocan temas que chegan á sensibilidade. Tamén estamos nunca época na que a arte tende a diluírse. Podes ler un libro e non saber se estás lendo un ensaio, poesía ou narrativa. Estes híbridos axudan a que non haxa unha etiqueta pechada.
– LO: Vostede tira das redes para achegar a súa poesía. Que lle aportan?
– SM: Tiro das redes sociais porque é o que teño, non teño unha tradición vinculada ao mundo da literatura. A miña vinculación é a través da lectura, e especialmente do teatro e as artes escénicas. Moito do que coñecín de literatura foi a través das redes sociais, por intereses propios e mesmo por azar en moitas librerías. Todo foi chegando ata o punto no que estou agora. (…)”