Arquivos da etiqueta: De baleas
Bueu: presentación de de baleas, de Eduardo Estévez
Sarria: presentación de de baleas, de Eduardo Estévez
Lugo: presentación de De baleas, de Eduardo Estévez
O mércores 31 de xaneiro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama de Lugo (Avenida da Coruña, 21), preséntase De baleas, de Eduardo Estévez, publicado por Caldeirón. No acto participa, xunto ao autor, Ana Seijo Cuba.
De baleas, de Eduardo Estévez
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Eduardo Estévez presenta De baleas, un poemario expandido ao son e á banda deseñada. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Pontevedra: presentación de De baleas, de Eduardo Estévez
A Coruña: presentación de de baleas, de Eduardo Estévez
Lalín: presentación de De baleas, de Eduardo Estévez
O mércores 3 de xaneiro, ás 20:30 horas, no Café Casino (Rúa Monte Faro, 8), en Lalín, preséntase De baleas, de Eduardo Estévez, publicado por Caldeirón. No acto intervirá, xunto ao autor, Celso Fernández Sanmartín e Benxamín Otero.
“Poemas atravesados de baleas”
Entrevista de Daniel Salgado a Eduardo Estévez en Sermos Galiza:
“A balea é un animal mitolóxico. Mais materia e mito son, por veces, dificilmente distinguíbeis. E as baleas existen. O poeta Eduardo Estévez (Buenos Aires, 1969) viunas na Patagonia, navegou entre elas, sentiunas falar. Agora atravesan o seu último libro, de baleas (Caldeirón), no que regresa ás orixes do seu labor como lector e escritor de poesía. “A certa tradición cultural arxentina que tiña esquecida”, engade.
“unha balea varada na praia / estarrece como a ruína dun imperio // é unha postal imposíbel / no centro da paisaxe”, escribe Estévez. “As baleas son unha escusa. Hai textos sobre ellas, é certo, pero en xeral andan por aí”, explica. Ao poeta interésalle máis a “carga simbólica”, a potencia metafórica do mamífero: “É a memoria, a viaxe, a paciencia, moitas cousas bonitas”. E que lle permiten escavar, como quería Seamus Heaney para a súa pluma, na propia biografía.
“Antes de chegar a Galiza, vivín en Venezuela catro anos. Nunca conseguín integrarme. Relacionábame cun grupo do que chaman alí sureños, chilenos, uruguaios, arxentinos”, relata, “por iso cando viñen aquí pelexei por integrarme. Tapei todo o arxentino, non quería unha tribo”. Mais a paternidade mudou o seu punto de vista. “Decateime de que o meu fillo non sabía nada desa cultura e decidín recuperala”. Esa decisión coincidiu con outra epifanía, a visita a Galiza do gran poeta arxentino Juan Gelman (1930-2014).
“cando o río era opaco e a esperanza / non minguaba / juan poeta”, di no poema e volveu macarena na inundación. Gelman e Raúl González Tuñón (1905-1974), aquel escritor comunista de enorme estatura na Arxentina, actúan como presenzas fundantes en de baleas. Mesmo comparecen con nome e apelidos nalgús textos. “Busco que o diálogo que estabelezo con outras voces ao ler sexa explícito”, indica Estévez, “aínda que non sempre estea de acordo con elas e as contradiga”. (…)”
Tabela dos libros (decembro 2017)
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Cos primeiros do mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”