Crónica videográfica do Encontro Galeusca 2025 (I)

O Encontro Galeusca 2025, organizado pola AELG, coa participación da AELC e da EIE, que contou co apoio de CEDRO, a Deputación da Coruña e o Concello de Santiago, tivo lugar en Santiago de Compostela o sábado 20 de setembro de 2025.

Aquí pode verse a crónica videográfica, da que publicamos hoxe a primeira parte:

Apertura do Encontro Galeusca:

Relatorio inaugural, por Goizalde Landabaso (EIE). A versión en galego do relatorio de Goizalde Landabaso pode descargarse aquí:

Acto aberto de reflexión sobre Galeusca:

Compostela: Gala dos Premios da Música e da Poesía Galego-Portuguesas aRi[t]mar 2025

‘Gracias por su visita’, de Uxía Algarra, é a proposta premiada no VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal

O 19 de outubro de 2025, o xurado do VIII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2025: Galiza + Portugal, dentro da X Xornada da Sección de Literatura Dramática, formado por Afonso Becerra Arrojo, en representación da AELG; Xosé Paulo Rodríguez, director do Teatro Rosalía Castro da Coruña e Membro da Xunta Directiva de La Red do Estado español; Célia Maria Guido Mendes, en representación do Camões–Centro Cultural Portugués en Vigo; e Fefa Noia, directora adxunta do Centro Dramático Nacional do Estado, convidada de honra desta edición; despois de deliberar tras ter presenciado as propostas achegadas e considerar tamén as votacións dos grupos participantes, chegou, finalmente, ao acordo de que a peza premiada coa posibilidade da súa estrea nalgún dos espazos teatrais da cidade da Coruña ao longo de 2026-2027 sexa:

GRACIAS POR SU VISITA, de Uxía Algarra.

Recibiron tamén mención de honra as propostas A voz interior, de Diana Sieira, e Rocky e a man máxica de protección, de Fernando Tato.

O xurado quere destacar a gran calidade de todas as propostas desta edición do Festival.

Uxía Algarra

Diana Sieira

Fernando Tato

(Fotos enviadas por Alberte Bello)

Antía Yáñez gaña o premio Raíña Lupa 2025 da Deputación na modalidade infantil coa obra “Bragakadabra”

Desde a Deputación da Coruña:
A escritora Antía Yáñez (Burela, 1991) é, con Bragakadabra, a gañadora, na modalidade infantil, do XIX premio Raíña Lupa de LIX, convocado pola Deputación da Coruña e ao que este ano concorreron 49 orixinais. O xurado declarou deserto o galardón na categoría xuvenil. O certame está dotado con 6.500 euros e a publicación da obra premiada.
A deputada de Cultura, Natividade González, presidiu o xurado integrado por Berta Dávila, Miguel Ángel Alonso Diz (representante da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Abel Tomé e as gañadoras do certame na anterior edición, Rosa Aneiros e Érica Esmorís. Como secretaria actuou Manuela Muñiz, xefa do Servizo de Acción Social, Cultura e Deportes da Deputación da Coruña.
De Bragakadabra o comité avaliador valorou, por unanimidade, “o humor, imaxinación, fantasía e tenrura con que a autora traballa a historia, unha narración fresca e chea de personalidade”. O xurado puxo tamén en valor “a reflexión que propón o libro sobre a capacidade de superación e empoderamento”. (…)