Arquivos da etiqueta: Deputación da Coruña
A Coruña: Libros a monte 2017
Rianxo: presentación de Manuel Antonio. Unha vida en rebeldía, de Xosé Luís Axeitos
Bea Lema, a primeira muller que acada o premio Banda Deseñada Castelao
Desde
Sermos Galiza (foto de Andrea Rodríguez):
“Un xurado composto por especialistas en banda deseñada decidiu que Bea Lema se convirta na primeira muller gañadora do Premio Castelao da Deputación da Coruña, o único do xénero no panorama cultural galego ao que se presentaron dezaseis orixinais, o maior número da súa historia.
O xurado estivo presidido pola vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín Rei e formaban parte del Emilio Fonseca, gañador da anterior edición pola obra Fóra de marxe, e os autores Xosé Tomás, Natacha Busto e Pablo Auladell, que decidiron a obra gañadora da nova edición do único certame de banda deseñada do panorama galego. O premio está dotado con 6.500 euros máis a publicación da obra pola Deputación da Coruña. O xurado decidiu deixar deserta a convocatoria destinada a público infantil.
O xurado valorou a “intensidade dramática sen caer no sentimentalismo” da obra de Bea Lema ademais da “sensibilidade para contar patoloxías mentais desde o punto de vista infantil”. A resolución do premio recoñece tamén o valor de O corpo de Cristo á hora de “mostrar a resilencia dunha nena fronte aos problemas adultos” e, en canto o traballo gráfico da obra destaca que a autora prima unha “liña elegante e delicada que transmite atmosferas emocionais moi complexas, apoiándose en metáforas visuais moi intensas e potentes”.
Formada como deseñadora de produto pola Universidade da Coruña, Bea Lema (A Coruña, 1985) comeza a súa traxectoria profesional en 2010 traballando para a firma de cerámica Sargadelos. En 2013 crea, xunto a Xoan Torres, o proxecto Lelédacuca onde realizan obxectos que mesturan o deseño contemporáneo coa artesanía tradicional. (…)”
Entrevista a Manuel Ferreiro no Diario Cultural
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Esta é a terra dos eidos amigos. Manuel Ferreiro fala da Escolma xeográfica da poesía pondaliana, publicada pola Deputación da Coruña. Pode accederse á entrevista aquí.”
O Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña recoñece o labor normalizador da AS-PG e o proxecto Apego
Desde
a Deputación da Coruña:
“A AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega) e o proxecto “Apego” que ten á Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) como representante legal son as iniciativas gañadoras do VIII Premio Rosalía de Castro de Lingua.
A AS-PG resultou gañadora na categoría de colectivo, entidade ou asociación que destaque na promoción da lingua galega, segundo o xurado pola súa “tarefa continuada e a longa traxectoria a prol da lingua e cultura galegas, formación docente, publicación de materiais didácticos, promoción de espectáculos audiovisuais, elaboración de estudos sociais, implicación decisiva no proceso de normalización lingüística, etc”
Na categoría que premia proxectos ou iniciativas que traballan con tramos de poboación de menor idade, infancia e mocidade, resultou gañador o proxecto “Apego”, representado pola CTNL, segundo o xurado por “promover o uso do galego na infancia e a súa implantación en todo o país”.
O xurado estivo composto por Iolanda Galanes, Anxo Louzao, Cibrán Arxibai e Xián Naya coa vicepresidenta e responsábel da área de Cultura e Normalización Lingüística, Goretti Sanmartín, como presidenta e a técnica da área, Dores Sánchez como secretaria.
A vicepresidenta e responsábel da área de Normalización Lingüística, Goretti Sanmartín, destacou o “carácter innovador e pioneiro do proxecto Apego que vai destinado ao sector que máis precisa actividades de fomento de uso do galego, a infancia”. Por outra parte, a respecto do premio á AS-PG, Goretti Sanmartín indicou que “a súa traxectoria é a dun intenso percorrido por multitude de facetas de ampla incidencia social, con apostas dinámicas que tentan unir o mundo do lecer, do coñecemento e do orgullo do uso da lingua propia no país”.”
Día das diversidades sexuais 2017. Construíndo diversidade
A
secretaria xeral da AELG foi convidada a participar dos actos organizados pola Deputación Provincial da Coruña con motivo da conmemoración do “Día das diversidades sexuais” o 28 de xuño de 2017. Desde a Sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña organizouse unha campaña de sensibilización provincial baixo o lema “Construíndo diversidade”, co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de xerar sociedade, apoiando a diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade de xénero, así como normalizar a comunidade LGTBQI. Participaron nesta campaña 31 concellos da provincia da Coruña.
Estas foron as palabras da Secretaria xeral da AELG, Mercedes Queixas Zas, dentro do programa de actos:








