Arquivos da etiqueta: Dores Tembrás
A Coruña: presentación de Contra todo isto. Un manifesto rebelde, de Manuel Rivas
Vértice de versos: entrevista a Dores Tembrás
Compostela: concerto de despedida do Pergamiño Vindel con Ensemble Micrologus e Dores Tembrás
A
sexta feira 2 de marzo, ás 20:30 horas, no Museo do Centro Gaiás (Cidade da Cultura), terá lugar un concerto de despedida do Pergamiño Vindel, a cargo do grupo de música antiga Ensemble Micrologus, que interpretará seis das sete cantigas con melodía de Martín Códax, mentres que Dores Tembrás recreará a única sen notación, pero á que lle porá musicalidade co seu recitado. Máis información sobre as entradas aquí.
Bergondo: homenaxe a Filomena Dato, “A Poeta das Mariñas”
A Coruña: recital de Dores Tembrás e Antonio Gamoneda no Ciclo Poetas Di(n)versos
A
segunda
feira 19 de febreiro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Dores Tembrás e Antonio Gamoneda. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos febreiro 2018.
A Coruña: recital poético arredor de Luísa Villalta, en novembro de 2017
“Recital poético e de textos arredor de Luísa Villalta, dentro do ciclo de actividades As Chaves do Tempo. Interveñen Nacho Pena Maceda, Cesáreo Sánchez, María Xosé Bravo, Beatriz Maceda, Chisco Fernández Naval, Dores Tembrás, Eli Ríos, Lino Braxe, Marica Campo, Olga Patiño, Xavier Seoane, Xulio Valcárcel. Inclúese unha montaxe sonora con texto de Xavier Campos, poesía de Luísa Villalta, locución de Eva Vieites e idea de Clara Soler. Foi celebrado no Monty da Coruña, o 25 de novembro de 2017.”





