Arquivos da etiqueta: Edicións Embora
Ferrol: actos destacados do sábado 14 e domingo 15 na Feira do Libro
O
sábado 14 e domingo 15 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución), con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:30 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses días:
Sábado 14
– 12:00 h. Firma de Xaquín Marín e Gabriel Tizón na caseta de Central Librera.
– 13:30 h. O actor e escritor Pepablo Patinho presenta o seu álbum infantil 321, publicado por Edicións Embora.
– 18:30 h. Un paso (sempre) adiante! Actuación musical do dúo formado por Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro, arredor de poemas galegos de diversa autoría.
– 20:30 h. Presentación do libro – disco Tanto encanto reunido, de Berros do Castro, publicado por Edicións Embora.
Domingo 15
– 13:00 h. Firma de Ramón Loureiro na caseta de Central Librera.
A Coruña: presentación de Salseiros, de Suso Lista
O
xoves 12 de xuño, ás 20:30 horas, no Bar O’Delito (Rúa Tabares, 1) da Coruña, preséntase o libro de relatos Salseiros, de Suso Lista, publicado por Embora. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Lourenzo e Manuel Rivas.
Corme: presentación de Salseiros, de Suso Lista
A Coruña: presentación de De Liverpool ás Sisargas, de Xabier Maceiras e Fernando Patricio
Carballo: encontros literarios arredor de Acuario, de María Canosa
O
xoves 27 de febreiro, ás 09:15 horas, María Canosa manterá un encontro literario co alumnado do Colexio Rural Agrupado da Rega (Carballo), arredor do seu libro Acuario, publicado por Embora.
O venres 28 de febreiro desenvolverá a mesma actividade ás 10:15 horas no Colexio Rural Agrupado de Cances, e ás 12:00 horas, no de Verdillo.







