O
mércores 19 de marzo, ás 20:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase A alternativa está aquí, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Emilio M. Martínez Rivas e Manuel Bragado.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Bertamiráns, Ames: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
Brasília: Elena Gallego participa no XI EIDE (Encontro Internacional de Escritoras), a celebrar entre o 13 e o 17 de marzo
Desde
Xerais:
“Espallar a maxia do dragón galego e buscar novos lectores para a súa triloxía fantástica é o obxectivo co que a escritora galega Elena Gallego Abad participa no Encontro Internacional de Escritoras (XI EIDE Brasil) que se celebra en Brasília do 13 ao 17 de marzo.
Promovido pola Academia de Letras e Música do Brasil, o XI EIDE celébrase por vez primeira nun país de lingua portuguesa, e reúne na Capital Federal do Brasil a escritoras, xornalistas e formadores de opinión de varios países, evidenciando o espírito creativo das mulleres e a súa capacidade de produción literaria. A programación xeral do evento abrangue unha serie de palestras, talk shows, oficinas e performances. Tamén unha exposición de libros, con lanzamentos e presentacións.
A saga Dragal será unha das obras literarias presentadas durante este encontro. Elena Gallego Abad impartirá unha palestra cuxo texto será publicado pola Fundação Alexandre Gusmão – FUNAG, vinculada ao Ministerio de Relações Exteriores de Brasil, nunha antoloxía bilingüe (castelán e portugués). Ademais de participar neste XI EIDE Brasil, durante os últimos días Elena Gallego xa mantivo encontros con editoras cariocas, que amosaron o seu interese por unha posible tradución de Dragal ao portugués. Máis información na web do encontro.”
Vigo: presentación de A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo
O
venres 14 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Librouro (Rúa Eduardo Iglesias, 12) de Vigo, preséntase A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo, con ilustracións de Xosé Cobas, publicada por Xerais. No acto, xunto aos autores, participan Ramón Nicolás e Helena Pérez.
Ribeira: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, por Carlos Callón
A Coruña: presentación de Emilia Pardo Bazán. Unha nena seducida polos libros, de María Xosé Queizán
Vigo: Homenaxe a Xela Arias, o martes 11 de marzo
Á procura dos trazos que nos describan
Con
este verso de Xela Arias nomeamos a homenaxe que a AELG lle quere render á autora en marzo deste ano 2014. Un verso que na súa expresión sintetiza toda unha declaración de intencións, pois é o noso cometido -como organización que representa as escritoras e os escritores galegos- recoller, profundar e transmitir os trazos que nos describen. Trazos ou a obra das escritoras e os escritores que constrúen esta casa de noso que é a literatura galega.
Homenaxear a Xela Arias é testemuñar que se tratou dunha autora singular para o seu tempo. É render homenaxe a unha voz única e a unha muller para quen a literatura foi un modo de vida. Unha muller que sentía e amaba a súa lingua, a terra e o pobo que creou esa lingua.
É o momento de lembrar a Xela, unha década despois do seu pasamento, na cidade en que viviu, nas voces que darán a dimensión extensa da súa personalidade, activa e curiosa, polifacética, que sumou poesía e música e plástica e creou arte. Xela poeta, tradutora, editora, docente… Xela comprometida alzando a súa voz contra a catástrofe do Prestige ou describindo a dor das desherdadas ou o amor das nais.
É o momento de facer memoria, lembrar os seus versos e transmitir ese herdo inmenso que é a súa obra. Sumando trazos que nos describen.
No acto poético-musical participarán:
– Manuel Bragado e Fran Alonso, director e subdirector de Edicións Xerais.
– María Xesús Nogueira, editora da obra de Xela Arias.
– Antía Otero e Marta Dacosta, poetas.
– Pilar Carro, promotora do certame poético Xela Arias do IES A Sangriña.
– Alba Cid, poeta premiada no certame Xela Arias.
– Virginia Barros, Directora do IES Álvaro Cunqueiro.
– Eduardo Estévez, tradutor de Xela para o español.
– Avelino González, actor.
– Ana Iglesias, escritora.
– Mercedes Queixas, en nome da AELG.
Darase lectura tamén ao texto escollido pola escritora María do Carme Kruckenberg.
A parte musical estará a cargo de:
– O grupo Xardín desordenado.
– O clarinetista Fernando Abreu acompañado da voz de Iolanda Zúñiga.
Contaremos tamén coa presenza da familia de Xela Arias, representada por Darío, fillo, e Xoán Arias, irmán.
A AELG convida a todas e todos a acudir a este acto de memoria.
Betanzos: presentación de O solpor da cupletista, de María Xosé Queizán
O
mércores 12 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos de Betanzos (Rúa Santiago, 4), preséntase O solpor da cupletista, de María Xosé Queizán, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participa Manuel Bragado.
Tabela dos Libros de marzo, por Armando Requeixo
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a Tabela dos Libros de marzo. Nela figuran seleccionados os volumes que Manuel Rodríguez Alonso, Inmaculada Otero Varela, Francisco Martínez Bouzas, Montse Pena Presas e Armando Requeixo estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas. En hora boa a todxs xs destacadxs e beizóns xs compañeirxs pola parte que me toca. Boas lecturas!»
Taboleiro do libro galego (XX), por Ramón Nicolás
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica:
“Segunda entrega deste 2014 do Taboleiro do libro galego que recolle, segundo os datos obtidos dalgunhas librarías galegas, as novidades editoriais máis vendidas en lingua galega ao longo do mes de febreiro. O meu agradecemento, nesta ocasión, ás seguintes librarías: Biblos, Casa do Libro de Vigo, Torga, Couceiro, Andel, Aira das Letras, Paz, Trama, Cartabón, Á lus do candil, Carricanta, Suévia e Libros para Soñar.
NARRATIVA
1º-. A memoria da choiva, de Pedro Feijoo, Edicións Xerais.
2º-. Sete Caveiras, de Elena Gallego, Edicións Xerais.
3º-. O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila, Editorial Galaxia.
4º-. A lúa da colleita, de Anxos Sumai, Editorial Galaxia.
5º-. Legado nos ósos, de Dolores Redondo, Editorial Xerais.
6º-. Os Gotten, de Alfonso Álvarez Cáccamo, Edicións Xerais.
POESÍA
1º-. Moda galega reloaded, de María Reimóndez, Positivas.
2º-. Raíz da fenda, de Berta Dávila, Edicións Xerais.
3º-. Nimbos, de Xosé María Díaz Castro, Galaxia.
4º-. Silencio habitado, de Olga Patiño, Pigmalión.
5º-. Penúltimas tendencias, de Carlos Negro, Edicións Xerais.
ENSAIO-TEATRO
1º-. Para que nos serve Galiza?, de Xaime Subiela, Editorial Galaxia.
2º-. Outra idea de Galicia, de Miguel Anxo Murado, Debate.
3º-. A cultura tradicional galega desaparecida, de Antonio Rodríguez Cabanas, Edición de autor.
4º-. Vida e obra de Xosé María Díaz Castro, de Armando Requeixo, Galaxia.
5º-. Novos pasos por Bretaña, de Pemón Bouzas, Edicións Xerais.
INFANTIL-XUVENIL
1º-. Nubes de evolución, de Andrea Maceiras, Edicións Xerais.
2º-. O raposo e a mestra, de Manuel Rivas, Xerais (ilustracións de Jacobo Fernández).
3º-. Recinto gris, de Ledicia Costas, Edicións Xerais.
ÁLBUM ILUSTRADO
1º-. Pan de millo, de Migallas, Kalandraka.
2º-. Toc Toc, de Pablo Díaz, ilustracións de Nuria Díaz, Galaxia.
3º-. O grúfalo, de Julia Donaldson, Patas de Peixe.
4º-. Mamá, de Mariana Ruiz Johnson, Kalandraka (tradución de Manuela Rodríguez).
BANDA DESEÑADA
1º-. Astérix e os Pictos, René Goscinny (autor), Albert Uderzo (ilustrador), Jean-Yves Ferri (autor), Didier Conrad (ilustrador), Xavier Senín e Isabel Soto López (tradutores), Edicións Xerais.
2º-. Ardalén, de Miguelanxo Prado, El Patito Editorial.
3º-. Castelao 3. Máis alá, de Inacio / Iván Suárez, Demo Editorial.
OUTROS
1º-. CoraSons, colectivo CoraSons, Kalandraka.
2º-. Revista Luzes, nº 3.



