Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Bases do I Premio de novela Camiño de Santiago
Ana Cabaleiro gaña o Premio García Barros 2018
Desde
Galaxia:
“Reunido o 18 de xullo no concello da Estrada, o xurado do XXX Premio de Novela Manuel García Barros decidiu declarar gañadora a novela As Ramonas que, aberta a plica, resutou ser da autoría de Ana Cabaleiro.
O xurado, composto por Eulalia Agrelo Costas, Carlos Lema, Armando Requeixo, Olalla Cociña e Carlos Loureiro, actuando como secretario, sinalou que a novela está “Narrada cunha prosa de extraordinario labrado, salienta polo fino trazado das personaxes e a nidia aposta pola forza dos vínculos que veñen da infancia e da adolescencia e tamén da familia e a tribo, especialmente aqueles que a unen ás súas devanceiras e compañeiras”.
As Ramonas é unha historia de protagonismo feminino onde unha fotógrafa experimentada se atopa nunha encrucillada vital e profesional que lle fai cuestionarse todo. Como unha antiheroína do século XXI, a protagonista simboliza no seu camiñar a vitoria da arte sobre as continxencias cotiás. (…)
O premio ten unha dotación económica de 9.000 euros e As Ramonas será publicada o vindeiro outono na colección Literaria da Editorial Galaxia. (…)”
Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2018 para os 21 e 22 de xullo
O
22 de xullo finaliza a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:30 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:
Sábado 21
– 13:00 h. Presentación de As lembranzas perdidas no lago Antelväri, de Xosé Duncan, publicado por Galaxia.
– 20:30 h. Manuel Miragaia presenta Galeguia, publicado por Chiado Editora.
Domingo 22
– 12:00 h. Falando de libros coa ilustradora Lara Torres Rodríguez (O cataventos, de María Victoria Moreno), acompañada por Andrea Jamardo, e o escritor Héctor Pose (Mar de invernía e Arponera Café).
– 13:00 h. Charla-coloquio sobre o libro O valor das palabras. A enfermidade como unha oportunidade, por ASEM Galicia.
Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 20 de xullo
O
20 de xullo continúa a Feira do Libro de Rianxo (na Praza Castelao), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 12:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:30 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:
– 12:00 h. Teatro infantil: Cardume, por Xaropoetulú. Campo de Arriba.
– 21:00 h. Presentación de Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego, de Xosé Ricardo Losada, publicado por Galaxia. Acompañando ao autor estará o escritor Xosé Manuel Lobato.







