Arquivos da etiqueta: Eduard Velasco
Compostela: Filocafé con Eduard Velasco
O
domingo 6 de maio, de 18:30 a 20:00 horas, na cafetaría do CGAC (Rúa Valle Inclán, 2), en Santiago de Compostela, terá lugar un novo Filocafé, coa presenza de Eduard Velasco. A entrada será libre e gratuíta. Os filocafés son conversas públicas enfocadas desde un punto de vista filosófico nas que poden participar todas as persoas interesadas en intercambiar inquietudes ou puntos de vista desde calquera área ou nivel de coñecemento.
Tabela dos libros (novembro 2017)
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns do mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Barcelona: Poetas itinerantes/Poetes itinerants 2017
Guitiriz: presentación de O filósofo coxo, de Eduard Velasco
Vigo: A poesía non morde, aínda que ás veces debería, Festival PoemaRia
Entrevista a Eduard Velasco sobre O filósofo coxo
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Eduard Velasco fálanos d´O filósofo coxo, o libro co que gañou o II Premio de Poesía Xosé María Díaz Castro. Pode accederse á entrevista aquí.”
Entrevista a Eduard Velasco, arredor de O filósofo coxo
Eduard Velasco: “Reivindico que o Día das Letras Galegas sexa laborable para que poida ter éxito real”
Eduard Velasco gaña o Premio Díaz Castro de poesía
Desde
Sermos Galiza:
“O escritor galego-catalán Eduard Velasco vén de gañar a segunda edición do Premio Xosé María Díaz Castro de Poesía que organiza o Concello de Guitiriz.
A obra gañadora titúlase O filósofo coxo, e foi premiada por un xurado composto polo poeta Miguel Anxo Fernán Vello, a tradutora Ánxela Gracián e o crítico Armando Requeixo. Presentáronse 44 orixinais a este galardón. A obra será publicada nos vindeiros meses pola editorial Espiral Maior. (…)”







