Desde Agadic:
“O Teatro Rosalía Castro da Coruña acollerá a estrea de A leituga, a nova produción da compañía galega Eme2, este venres día, 6 ás 20,30 h., cun segundo pase o sábado á mesma hora. Ambas as funcións inclúense dentro da programación de 21 actuacións que a Rede Galega de Teatros e Auditorios lle achega ao público coruñés este semestre.
Nesta carteleira, que se desprega tanto no Rosalía como no Fórum Metropolitano e no Centro Ágora, a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Concello da Coruña fan un investimento conxunto de 65.400 euros.
Víctor Duplá é o director desta proposta, a partir da obra de César Sierra traducida ao galego por José Luis López Roca. Para levala a escena conta cun elenco de nomes tan coñecidos como Xosé Barato, Mercedes Castro, Antonio Durán “Morris”, Federico Pérez e María Vázquez.
Na obra preséntanse cinco familiares (tres irmáns e as súas parellas) reuníndose na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en coma dende hai nove anos. A discusión por ver quen se encarga dos seus coidados fai que o que semella unha sinxela xuntanza acabe converténdose nun enfrontamento tenso que supón o centro desta comedia tráxica. Así, A leituga aborda a través do conflito íntimo os asuntos non resoltos, o sacrificio e a culpa, dentro da reflexión sobre o dereito á vida e o dereito á morte.
Programación do semestre
A Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto promovido pola Agadic en colaboración coas entidades xestoras dos seus preto de 40 espazos asociados, conta na súa programación para a cidade herculina neste primeiro semestre de 2018 con propostas tanto de teatro como de danza ou circo para todo tipo de públicos.
Destacan entre as montaxes que poderán verse proximamente dous dos novos espectáculos desta temporada: Puño puñete (8 de abril)e O servidor de dous amos(18 e 19 de maio). A primeira, de Baobab Teatro, é unha peza teatral, musical e visual para espertar os cinco sentidos dos nenos e nenas máis pequenos. O servidor de dous amos, pola súa parte, presenta a revisión a cargo de Talía Teatro dun dos clásicos da commedia dell’arte, escrito por Carlo Goldoni.
A maiores, o público infantil poderá gozar con O secuestro da bibliotecaria (14 de abril), de Sarabela Teatro, ou co espectáculo circense Erori (27 de abril), da compañía Cair Circo. Nas propostas para espectadoras e espectadores adultos, ata finais de maio pasarán pola Coruña Emilia (6 de abril), de Teatro del Barrio, e Desconexión (26 de maio), de Xurxo Cortázar. Completa a carteleira da Rede Galega de Teatros e Auditorios na Coruña a compañía coreográfica vasca Lasala, que presenta a peza de danza Now (28 de abril).”
Arquivos da etiqueta: Federico Pérez
Crónica videográfica do acto central do Día de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres (II)
O acto central do Día de Rosalía 2017, organizado pola AELG, co apoio de CEDRO, tivo lugar o domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, en Santiago de Compostela.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:
– Coral da Asociación cultural e musical Solfa: Negra Sombra.
– Lectura de poemas rosalianos, con Larraitz Urruzola (Asociación de Actores e Actrices de Galicia – AAAG), César Goldi (AAAG), Federico Pérez (AAAG), Josi Lage (AAAG), Ricardo de Barreiro (AAAG), Andrea Dunia (AAAG) e Mercedes Queixas.
– Coral da Asociación cultural e musical Solfa: Has de cantar.
Compostela: acto central do Día de Rosalía de Castro 2017, no Panteón de Galegos Ilustres, o domingo 19 ás 12 h.
- Coral da Asociación cultural e musical Solfa: A Rosalía (Letra: M. Curros Enríquez; música: J. Alfredo Oliveira)
- Saúda do Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias.
- Lectura do Manifesto da AELG. Ledicia Costas.
- Lectura de poemas rosalianos: Henrique Alvarellos (Asociación Galega de Editoras), Pilar Rodríguez (Federación de Librarías), Pilar Astray Rodríguez (Asoc. Traxe Galego), Pilar Reino (A. C. e Musical Solfa), Ramiro Torres (AELG)
- Coral da Asociación cultural e musical Solfa: Negra Sombra (Letra: Rosalía de Castro; música : J. M. Capón)
- Lectura de poemas rosalianos: Larraitz Urruzola (Asociación de Actores e Actrices de Galicia – AAAG), César Goldi (AAAG), Federico Pérez (AAAG), Josi Lage (AAAG), Ricardo de Barreiro (AAAG), Andrea Dunia (AAAG), Mercedes Queixas (AELG)
- Coral da Asociación cultural e musical Solfa: Has de cantar (Letra: Rosalía de Castro; música: Antonio B. Celada)
- Ofrenda floral
- Interpretación do himno
Compostela: Carlos Taibo presenta O penálti de Djukic
Bertamiráns: presentación de Masculino singular, de Carlos Negro
O martes 31 de maio, ás 20:30 horas, na Cafetería Ferlós, en Bertamiráns, preséntase o libro Masculino singular, de Carlos Negro, publicado por Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Valentina Formoso e Federico Pérez.
Compostela: lectura dramatizada de Somnámbulos, de Suso de Toro
O luns 20 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón Afundación (Rúa do Vilar, 19) de Santiago de Compostela, terá lugar unha lectura dramatizada sobre Somnámbulos, de Suso de Toro, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e o Ateneo de Santiago, participa, xunto ao autor, o actor Federico Pérez.
Como cho digo ;-), para que os medios non traduzan a realidade galega
Desde Sermos Galiza:
“Persoas coñecidas de distintos ámbitos da cultura, o ensino ou o deporte sumáronse xa á campaña Como cho digo ;-) que esta terza feira botou a andar a CTNL nun acto que se desenvolveu no espazo cultural da Nave de Vidán e no que participaron varias das primeiras asinantes, entre as que se atopaban, María Reimóndez, Uxía, Mónica Caamaño, Federico Pérez, Jorge Mira ou Najla Shami e o propio presidente da CTNL, Nel Vidal.
Desvelouse finalmente o contido da nova campaña que busca transmitir aos medios de comunicación a vontade social de que a realidade que se produce en galego se recolla tamén na nosa lingua, sen traducións. Cada unha das persoas participantes teñen na súa traxectoria abondosos exemplos de como as súas declaracións e entrevistas foron traducidas ao seren recollidas nos medios de comunicación, de maneira especial, nos xornais e, contra esa práctica tan estendida, suman o seu apoio á nova campaña da CTNL.
“Dicimos que nos gustaría que a lingua galega se visibilizase máis nos medios e, polo tanto, que estes a usasen, cando menos, para reflectir as declaracións que se fan nesta lingua, para informar dos actos desenvolvidos en galego, para crear información a partir de notas e comunicados redactados na nosa lingua, etc”, recóllese nunha campaña que ten entre as persoas promotoras a Fernando Vázquez, Yolanda Castaño, Francisco Castro, Uxía, Mónica Caamaño, Jorge Mira, Luís Davila, Avelino González, Benigno Campos, Salustiano Mato, Manuel Bragado, Sés, Manuel Rivas, Verónica Boquete, Marcos Calveiro, Ezequiel Mosquera, Xosé Manuel Pereiro, Rosa Aneiros, Susana Romero, Roi Casal ou Pilar Neira.
Sumáronse tamén á campaña entidades, asociacións e colectivos como a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, A Mesa, Nova Escola Galega, Asociación Socio-Pedagóxica Galega, Asociación Galega de Editores, Associaçom Galega da Lingua, Xuíces para a Democracia, Asociación Galega de Onomástica ou Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional.
Pódese apoiar a campaña desde a páxina web de Como cho digo ;-). Quen se sume recibirá unha declaración personalizada no correo electrónico.”