Arquivos da etiqueta: Francisco Castro
Lugo: Ulysses. European Odissey 2022-2024
Francisco Castro: “A situación do libro e da literatura galega é excepcional, pero o mercado é máis cativo”
Redondela: presentación de A batalla de Rande, de David Braña
A Coruña: presentación de Pensar é escuro. Poesía reunida (1991-2004), de Luísa Villalta
Vigo: presentación de Escola de mulleres, de Inma López Silva
Melide: presentación de A historia de Sara, de Francisco Castro
Compostela: presentación de A historia de Sara, de Francisco Castro
O Carballiño: presentación de A historia de Sara, de Francisco Castro
Francisco Castro: “O abuso sobre as nenas e nenos, sexual ou doutro tipo, é algo que me desgarra por dentro”
Entrevista de Laura Veiga a Francisco Castro en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Como xurdiu A historia de Sara?
– Francisco Castro (FC): Así como son quen de identificar claramente o momento exacto no que se me ocorreu cada unha das miñas outras 22 obras, esta saíu moi de dentro e dalgún lugar que non son capaz de identificar. De feito, saíu moi rápida: a base da historia escribina en dous días, aínda que logo traballei moito sobre ela. É unha historia moi coherente con todo o que fixen até o de agora porque sempre me ocupo de temas que me preocupan desde un punto de vista social, de temas duros.
– ND: Tampouco é a primeira vez que escribe sobre o dano que provocan as persoas adultas na infancia.
– FC: Hai moitas cousas que non me gustan na nosa sociedade, mais desde logo o abuso, sexa sexual ou de calquera outro tipo, sobre a infancia é algo que me desgarra por dentro. A obriga dos adultos é coidar, non esganar a vida a ninguén. A capacidade para relativizar e para valorar o que che pasa é diferente cando es maior que cando tes seis anos, como é o caso de Sara. E o certo é que as estatísticas falan de moitos nenos e nenas que son abusadas e ademais, como se conta no libro, no contexto inmediatamente familiar. Nun contexto no que ninguén sospeitaría que puidese estar acontecendo. E logo, claro, hai unha vergoña social moi grande e inclusive incredulidade. Como imos sospeitar de alguén da propia familia? Mais é así. (…)”













