Arquivos da etiqueta: Francisco X. Fernández Naval
Boca do Río, Carnota: IV Enarborar o bosque, o 7 de xuño
Debido aos fortes ventos na praia de Boca do Río, e por motivos de seguridade, trasládase o evento e a carpa ao entorno do Polideportivo de Pedrafigueira.

Este ano terá lugar o IV Enarborar o bosque que, como sabedes, organizamos o colectivo artístico Arteu e Factoría Delideas. Trátase dunha convocatoria artística para defender o noso medio natural, durante unha xornada, o 7 de xuño na praia da Boca do río en Carnota.
Este ano a loita será contra o lume nos nosos bosques, que cada ano destrúen a nosa paisaxe.
Cada artista leva os seus materiais para crear ao aire libre e o seu xantar, nunha xornada na que tamén haberá música e poesía. A convocatoria está aberta ademáis ao público xeral, todas e todos son benvidos, rapazada e adultos.
Gustaríanos contar contigo. Podes ver información sobre este e os eventos anteriores no noso blogue tamén o evento que temos creado no Facebook.
Compostela: presentación de As crebas. Outro xeito de andar ao mar, de Francisco X. Fernández Naval e Maribel Longueira
O
xoves 24 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase As crebas. Outro xeito de andar ao mar, de Francisco X. Fernández Naval (texto) e Maribel Longueira (fotografías), publicado en Baía Edicións. No acto, xunto aos autores, participan Belén López Vázquez, Soledad Pite e Manuel Rodríguez.
Radiocrítica do 31-03-2014, por Armando Requeixo
Desde
o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 31 de marzo en Ames Radio (107.2 FM, agora accesible on line neste enderezo). Desta volta falei con Nazaret López sobre O sexo masculino dos anxos, de Manuel Janeiro (I: 00:16); Nimbos, de Xosé María Díaz Castro en edición de Luís González Tosar (I: 5:52); A autoestrada do Sur, de Julio Cortázar en tradución de Francisco X. Fernández Naval (II: 0:00) e Papá, que son os sorrisos?, de María Canosa e Dani Padrón (II: 8:43).”
Ferrol: acto arredor do libro A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval
O
xoves 20 de marzo, ás 19:30 horas, no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 202-204) de Ferrol, terá lugar un acto arredor do libro A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicado en Xerais. No acto acompañará ao autor Eliseo Fernández.
Vigo: edición de marzo do Círculo Poético Aberto
O
sábado 8 de marzo, ás 22:00 horas, no Café Uf Negra Sombra (Rúa Pracer, 19) de Vigo, terá lugar un novo recital do Círculo Poético Aberto. No acto, onde teñen confirmada a súa asistencia Francisco X. Fernández Naval, Raquel Pazos Garrido, Moncho Iglesias Míguez, Alexandre Insua Moreira ou José Goris Cuinha, preséntase o segundo número da revista Elipse.
A Coruña: recital poético Vento de inverno
A autoestrada do sur na nosa lingua no duplo aniversario de Cortázar
Desde
Sermos Galiza:
“O 12 de febreiro de hai trinta anos, morría Julio Cortázar en París. Trinta anos despois do seu pasamento e cando se conmemora o centenario do seu nacemento, a Editorial Trifolium publica en galego A autoestrada do Sur, en tradución de Francisco X. Fernández Naval. (…)
Cortázar, do que este ano se cumpre un duplo aniversario, visitou Galiza e tivo unha relación intensa co país, da man da galega Aurora Bernárdez coa que casaría en 1953.
O escritor Francisco X. Fernández Naval, tradutor do libro, é tamén autor de Respirar por el idioma. Los gallegos y Julio Cortázar, editado na Arxentina por Corregidor. Entre outros episodios que relacionan ao escritor con Galiza está o ter tido como editores a Lorenzo Varela e Luís Seoane e entrou en contacto tamén con exiliados como Rafael Dieste, domicilio arxentino no que o autor escribiu escribiu El examen“.
Compostela: presentación da Antoloxía de referencia do sentimentalismo (3 volumes)
O
martes 28 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Galería Bus Station Space (Praza de Camilo Díaz Valiño, 17, enfronte da estación de autobuses) de Santiago de Compostela, preséntanse os tres volumes da Antoloxía de referencia do sentimentalismo, publicados pola editorial Bubela. No acto participan Yolanda Castaño, Francisco X. Fernández Naval, Baldo Ramos, Eva Veiga, Olalla Cociña e Berta Dávila xunto cos antólogos Manuel Celso Matalobos, Olga Patiño Nogueira, Xavier Lama, Branca Novoneyra e Mariña Pérez Rei.
Arteixo: contacontos con Francisco X. Fernández Naval e Ali Ali
O
venres 17 de xaneiro, ás 18:00 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3, baixo) de Arteixo, terá lugar unha sesión de contacontos arredor da obra Suleimán y Salúa, de Francisco X. Fernández Naval e o ilustrador sirio Ali Ali, publicada en Trifolium, coa presenza dos dous coautores. A entrada será libre e gratuíta, mais para asistir é preciso reservar asistencia no teléfono 881-969745, ou ben no e-mail: luscandil@gmail.com.

