O sábado 30 de abril, ás 12:00 horas, na Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa María, esquina rúa Rubalcava), preséntase Manuel María: un home de mil pezas, de Vicente Araguas, publicado por Embora.
Arquivos da etiqueta: Galería Sargadelos Ferrol
Ferrol: presentación de Amor é unha palabra coma outra calquera, de Francisco Castro
Ferrol: presentación de Manuel María: Eu son fala e terra desta miña terra, de Margarita Ledo
24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro: Mobiliza Rosalía
Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal.
Pode descargar aquí o cartel base do Día de Rosalía de Castro 2016, en formatos pdf e jpg.
A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contaron con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.
No Twitter:
No Facebook:
No Instagram:
Actos promovidos pola AELG (actualización diaria)
Sigue lendo
Mobiliza Rosalía, no Día de Rosalía de Castro

Ferrol: presentación de O último día de Terranova, de Manuel Rivas
Ferrol: inauguración da exposición VisualconVersa, de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos
Ferrol: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O martes 28 de abril, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, terá lugar a presentación do libro Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicado en Xerais.
Actividades promovidas pola AELG no Día de Rosalía, 24 de febreiro
Ás 19:00 o Grupo Bilbao convoca unha lectura de poemas de Rosalía diante da que fora a súa residencia madrileña, na rúa Ballesta, 13.
A RÚA DE VALDEORRAS
Como cada ano, está a celebrarse nos Concellos, tras aprobación dos seus plenos, a data do nacemento de Rosalía de Castro, coa lectura da súa obra en bibliotecas públicas ou naqueles lugares que dispoñan os Concellos. No Concello de A Rúa de Valdeorras lévase celebrando dende hai catro anos. Este ano terá lugar na biblioteca pública municipal sita na rúa Hermanos Losada, 15 (Casa da Cultura da Rúa).
Hoxe, 24 de febreiro, o alumnado dos centros Pablo Sexto, I.E.S. Cosme López Rodríguez, Colexio Manuel Respino, Taller da Memoria e público en xeral, teñen unha cita co mundo rosaliano ás 19:30 h.