Arquivos da etiqueta: Inma López Silva
O Porriño: presentación de Hotel para coleccionistas discretos, de Diego Giráldez
Monterroso: IV Feira do Disco e Libro Galego
– 11:00 h. Obradoiro gastroliterario Cociñando con Bolboretas no bandullo, (para nen@s de 5 a 12 anos con reserva previa). Reservas e info 630 65 04 19 / 699 69 14 47
– 11:00 h. Presentación de Hotel para coleccionistas discretos, de Diego Giráldez, publicado por Galaxia. Acompañan ao autor Manrique Fernández e Francisco Castro.
– 11:30 h. Presentación de A gotiña viaxeira, de Toño Núñez, publicado por Edicións Fervenza.
– 12:00 h. Presentación de Monstros, con ou sen consentimento, de Chuches Amil. Con Fran Amil. Concerto para nen@s.
– 12:50 h. Presentación de Chámame señora, pero trátame coma un señor, de Inma López Silva, publicado por Galaxia.
– 16:10 h. Presentación da Colección Cámara Escura, con Eutropio Rodríguez (aCentral Folque).
– 16:30 h. Contacontos + actividade: A manchas ou a raias, con Estefanía Padullés.
– 16:45 h. Presentación de Cairón nº 3. Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns. Con Xesús Alonso Montero, Daniel Salgado e Francisco Pardo.
– 18:20 h. Presentación de O puño e a letra, con Yolanda Castaño, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Presentación de Memoria do silencio, de Eva Mejuto, publicado por Xerais.
Serra de Outes: presentación da colección Feminismos de Galaxia
A Coruña: presentación de Chámame señora, pero trátame coma a un señor, de Inma López Silva
Vilagarcía: presentación de Números vermellos, de Ana Fontenla
Compostela: Palabra de muller. Lembrando a Luísa Villalta no seu quince cabodano
Bueu: presentación de Oito olladas sobre a folga feminista do 8 de marzo
Vigo: coloquio “Falemos do feminicidio”, con Carme Adán e Inma López Silva
Inma López Silva: “O feminismo é un movemento atractivo porque demostra que o debate non ten por que ser excluínte”
Entrevista de Daniel Salgado a Inma López Silva en Sermos Galiza:
“(…) – Sermos Galiza (SG): Que ten de singular o machismo no campo cultural?
– Inma López Silva (ILS): É singular na medida en que se trata dun espazo do que a priori non adoitamos agardar machismo. Porque é un ámbito que consideramos politicamente correcto, en que todos somos sensíbeis e progresistas. Presuponse unha tendencia á comprensión da igualdade. Pero non é así e ten lóxica que non sexa así. Porque o patriarcado é unha estrutura que abrangue todo, e o mundo da cultura é mundo. Iso conta o libro: aínda que non esteamos dispostas a crer a priori que moitos dos comportamentos son machistas, ou que tentemos xustificalos desde outros puntos de vista, son comportamentos machistas exactamente igual en calquera outro ámbito de relación humana.
– SG: Cuestiona, dalgún xeito, ese illamento respecto do social en que a miúdo se entende que vive a cultura.
– ILS: Claro. Aínda non hai moito que estaba nun acto cultural e un alcalde dicíame: “Uf, non sabes o machismo que hai fóra. Na cultura non hai machismo”. Non, mira, na cultura hai exactamente o mesmo machismo que noutros sitios. Para desmontar un pouco esa idea, tirei de anecdotario. Os exemplos falan por si sós. Quen os pode contar? Pois unha escritora en primeira persoa. Levo toda a vida nisto e podo dar fe. E iso que non son desafortunada: tiven un certo éxito e non vivín unha situación de agresividade extrema, casos de acoso e cousas que, evidentemente, tamén hai. (…)
– SG: Chámame señora… amosa confianza na capacidade da literatura e da escritura para modificar a realidade. Esta opinión non é a máis usual.
– ILS: Sempre crin niso, se non, non escribiría. Creo firmemente na capacidade transformadora da literatura. Na posibilidade de construír mundos alternativos. As escritoras temos unha responsabilidade: amosar a través dos mundos alternativos que creamos que hai outra realidade posíbel. Que podemos pensar desde outro punto de vista. Á parte de liberador e catártico, é didáctico. Somos nós as que podemos rachar cos estereotipos e co prestabelecido. Agora está moi de moda pola serie, pero se Margaret Atwood non escribise O conto da criada -por certo, é un texto dos anos 80, que escribiu desde un punto de vista moi diferente do de agora, contra a Administración Reagan e o puritanismo-, se ela non o escribise, probabelmente moita xente non se daría de conta do extremo onde levan determinadas actitudes. E iso só se pode facer imaxinando esa posibilidade. As escritoras podemos facelo e eu considero que debemos facelo. (…)”