Arquivos da etiqueta: Irmandades da Fala
Viveiro: mesa de debate sobre Antón Villar Ponte e outros persoeiros das Irmandades
O sábado 8 de outubro, ás 12:00 horas, no Teatro Pastro Díaz (Constanza de Castro, 19), en Viveiro, terá lugar a mesa de debate Protagonistas (I): Antón Villar Ponte, Xohán Vicente Viqueira e Florencio Vaamonde Lores, coa que a Real Academia Galega continúa o ciclo No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos.
Modera: Carlos Nuevo Cal.
Relatores:
– Emilio Xosé Ínsua. Antón Villar Ponte (1881-1936): un guieiro xeneroso e esforzado.
– Antón Costa. Xohán Vicente Viqueira e o ensino galego.
– Isabel Seoane. A participación de Florencio Vaamonde nas Irmandades da Fala.
Ourense: inauguración da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!
Pontevedra: Mesa de debate Un novo teatro galego, no Centenario das Irmandades da Fala
Pontevedra: inauguración da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!
Vigo: inauguración da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!
Compostela: mesa redonda As Irmandades da Fala e a prensa
O martes 19 de xullo, ás 19:30 horas, no Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval), en Compostela, terá lugar a mesa redonda As Irmandades da Fala e a prensa, organizada pola Real Academia Galega. Interveñen Margarita Ledo (Pensar un modelo de comunicación), Carme Vidal (As mulleres no voceiro das Irmandades) e Xan Carballa (A prensa, escaparate das Irmandades), moderados por Víctor Freixanes.
Compostela: mesa redonda Oratoria e prosa non ficcional do tempo das Irmandades
O xoves 7 de xullo, ás 19:30 horas, no Museo do Pobo Galego (San Domingos de Bonaval), en Compostela, terá lugar a mesa redonda Oratoria e prosa non ficcional no tempo das Irmandades, organizada pola Real Academia Galega. Interveñen Arturo Casas, Xesús Alonso Montero e Teresa López, moderados por Henrique Monteagudo.
Compostela: inauguración da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!, no Museo do Pobo Galego
Museo do Pobo Galego, Compostela: obradoiros Facemos Irmandade?, do 6 ao 8 de xullo
Desde o Museo do Pobo Galego:
No mes de Xullo, o Departamento de Educación e Acción Cultural desenvolverá os obradoiros Facemos Irmandade? arredor das Irmandades da Fala e da exposición sobre elas que se amosará no Museo do 23 de Xuño ao 31 de Xullo. En tres xornadas distintas e con diferentes metodoloxías, nenos, nenas e persoas adultas poderemos achegarnos ao importante labor deste colectivo do que, neste ano, celebramos o centenario da súa fundación:
– En busca dos tesouros das Irmandades. 6 de Xullo de 11:00 a 12:30 h. Para nenas e nenos de 7 e 9 anos.
– En busca dos tesouros das Irmandades. 7 de Xullo de 11:00 a 12:30 h. Para nenas e nenos de 5 a 6 anos.
– Pegadas das Irmandades en Compostela. 8 de Xullo de 17:00 a 18:30 h. En familia.
Os obradoiros, que serán dirixidos por Educultoras, contan cun aforo limitado polo que é necesario inscribirse en deac@museodopobo.gal ou no Tl. 981-583620. Os obradoiros son gratuítos para socios e socias e familias con persoas no desemprego. Ten o custo de 2€ para quen non estiver en ningunha destas situacións.”