Arquivos da etiqueta: Laura Lojo
Compostela: presentación de A cámara do sangue, de Angela Carter
Compostela: presentación de Amores sen morte/Deathless Loves, de Claudio Rodríguez Fer
O xoves 26 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Follas Novas de Santiago de Compostela (Rúa Montero Ríos, 37), preséntase a antoloxía bilingüe galego-inglesa Amores sen morte/Deathless Loves, de Claudio Rodríguez Fer, publicado por Follas Novas Edicións. No acto, xunto ao autor, participan Armando Requeixo, Luís Alonso Girgado, Jorge Sacido e Laura Lojo.
Publicación da web do grupo de investigación Poxeirga
“O grupo de investigación Poxeirga acaba de publicar a súa web. Vencellado a ese grupo está o proxecto Us and Them: Discourses on Foreignness by Irish and Galician Women Writers (1980-2007), cuxa I.P. é a profesora Manuela Palacios, e que conta con financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación (FFI2009-08475/FILO). Como antecedentes podemos citar aqueloutro proxecto así mesmo financiado, Poetas irlandesas e galegas contemporáneas (1980-2004), xa dirixido por Manuela Palacios. O obxectivo deste proxecto, tal como se explica na web, é, partindo dos vencellos socioculturais entre Irlanda e Galicia e da emerxencia sen precedentes de tantas mulleres escritoras nun e noutro lugar desde os 80, explorar o xeito no que a literatura contemporánea de autoría feminina configura a estranxeiría e produce unha crítica social da diferenza cultural. Ademais de Manuela Palacios forman parte do proxecto Laura Lojo, María Dolores Gómez Penas, María Xesús Nogueira, Burghard Baltrusch, Olivia Rodríguez González, Luz Mar González Arias, María Xesús Lama, José Francisco Fernández Sánchez, Helena Miguélez Carballeira e Borbála Faragó.” Vía Poesía Galega.