Pontevedra: Culturgal 2025, actividades do 30 de novembro

Este é o programa do Culturgal 2025. As actividades previstas para o 30 de novembro son:

11h a 12h Sinatura de Susi DeLaTorre e Benjamín Hermida – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
11h a 12h Laura Miranda asina Piolliños – Antela Editorial
11:15h presentación con Luis Prego Aida e Rosa. Cantadeiras de Moscoso e actuación de Adonairare – Libraría Paz
11:30h Contacontos. Menú máxico de contos. Cris de Caldas – Xunta de Galicia
12h Sinatura de exemplares do título Cando era pequena polos autores, Blanca R. Millán e R. J. Peralta – Hércules de Ediciones
12h Conversa coas gañadoras dos Premios Raíña Lupa e Castelao LIX: Rosa Aneiros, Érica Esmorís e Laura Suárez. Conduce Susana Pedreira
12h Charla Dialogo entre Silverio Rivas e Alberto Ardid, formulando preguntas de debate. – Fundación Xoán Piñeiro
12h Érica Esmorís presenta Esta é a miña historia e terás que crela, con Susana Pedreira
12h Sinatura de Ana Moreiras – Aira
12h Sinatura de Askja, de Antonio Manuel Fraga – Xerais
12h Sinatura de A vinganza de Paquiño Jackson, de Alba Guzmán – Xerais
12h Sinatura de Francisco Castro-Boulevar
12h A escritora Isabel Blanco e a ilustradora María Lapido asinan exemplares de Galegas na música e outros libros – Belagua ediciones
12h Lectura dramatizada – FETEAGAL
12h Olaia Sendón asina O pirata Bruno – Cuarto de Inverno
12h Puntogal presenta: Demostración de traballos da First Lego League Galicia – Espazo Lego League Galicia
12h a 12:30h Presentación dos puzzles Os nosos mares, a cargo de Diego García de Miudiño e Clara Cerviño, ilustradora. – Economía Social de Galicia
12h a 13h Sinatura de Almu Santamaría e Eva Freire – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
12h a 13h Tiago Delgado asina A busca de Muncho – Antela Editorial
12:30h Sinatura de Juan Parcero-Boulevar
12:30h Maxia de perto. Óscar Fernández. Magia en la manga – Xunta de Galicia
12:30h Pablo Varela asina O dentista musical – Libraría Paz
12:30h a 14h Imprenta en vivo. Da man da cooperativa Manchea achegarémonos aos segredos das artes gráficas arredor dunha imprenta tipográfica. – Economía Social de Galicia
13h Sinatura de exemplares do título Soño de liberdade pola autora, Marisa Castro Cerceda – Hércules de Ediciones
13h Sinatura de Marc Taeger, ilustrador de Son animal, Extra, O elefante que perdeu o seu ollo, Un máis e outros títulos – KALANDRAKA
13h Rosa Aneiros asina Unha historia de amor como outra calquera – Libraría Paz
13h Sinatura de Kiko da Silva, autor de Moncho e a mancha e ilustrador de Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis, con Chema Heras, autor deste último título e de Avós – KALANDRAKA
13h Sinatura de Laura Suárez – Aira
13h Antonio M. Fraga asina Como escorrentar un lobo – Cuarto de Inverno
13:30h Pablo Varela, sinatura ‘O dentista musical’
13h a 14h Sinatura de Marta Ojea e Teresa Cameselle – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
13:30h Cé Orquestra Pantasma, acústico, Fios do querer 10ºaniversario – Miudiño S.Coop.Galega
14h a 15h Sinatura de Mar Muñiz – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
16:30h Antía Vázquez e André Espiñeira, sinatura de libros A Apalpadora – Mitolóxicas
17h Sinatura de exemplares do título A egua de Breogán e do resto da súa obra, pola autora, Estefanía Padullés – Hércules de Ediciones
17h Conversa coas gañadoras dos Premios Xerais Érica Esmorís e Abril Camino, conducida por Teresa Cuíñas
17h Presentación de Caixa Agasallo O MAR, ilustracións a partir dos poemas de Xosé Daniel Costas – AFOUTA
17h Presentación de Caixa Agasallo POEMONIMIA, ilustracións a partir dos poemas de Luís da Roxa – AFOUTA
17h Sinatura de Ítaca, de María Besteiros – Xerais
17h Sinatura de Ata que a norte nos separe e O libro de Borboligón, de Elena Gallego Abad – Xerais
17h Asinatura: Lela, a superavoa de Xosé Tomás – Libraría Pedreira
17h Lectura dramatizada – FETEAGAL
17:15h As escritoras Elisabeth Oliveira e Pura Tejelo asinan exemplares dos seus respectivos poemarios, As ninguén e Vestidos de organdí – Belagua ediciones
17:30h Contacontos. Menú máxico de contos. Cris de Caldas – Xunta de Galicia
17:30h a 18h Presentación da nova xoguetería da cooperativa Miudiño, a cargo de Silvia Freiría – Economía Social de Galicia
17:30h Sinatura con Fernando Tomé
18h Sinatura de Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino e Erin e o lobo, de Érica Esmorís – Xerais
18h Sinatura de Anaír Rodríguez e David Rodríguez
18h O escritor Xabier Paz asina exemplares da novela A filla de Lucrecia – Belagua ediciones
18h Jorge Rodríguez Durán asina Carnívoras e domésticas – Cuarto de Inverno
18 h Ana Romaní presenta Love me tender – Chan da Pólvora
18h Sinatura con Sandra Ferreira-Boulevar
18:30h Sinatura de Galizan Nation, de Isabel Rei Samartim-Boulevar
18:30h Maxia de perto. Óscar Fernández. Magia en la manga – Xunta de Galicia
19h Sinatura de De príncipes, princesas e otras andrómenas, de Miguel Ángel Alonso Diz e Luz Beloso – Xerais
19h Espectáculo Drag – FETEAGAL
19h Entrega do Premios do público ao mellores proxectos de videoxogos galego.Videoxogos.gal. Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos – Xunta de Galicia
19h Encontro Lembrando a Begoña Caamaño, homenaxeada no Día das Letras Galegas 2026, con Ana Romaní, A Pedreira, Mónica Camaño e Uxía-Escenario Música
19h Érica Esmorís asina O Peculiar – Cuarto de Inverno
Promoción Andrea Area Estudio e Volvemos a primera producciones – Pont-Up Store

Sandra Lodi gaña o IV Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi

Desde Galaxia:
“Na Sala de Xuntas da Casa do Concello da Estrada, reúnese o xurado para escoller a obra gañadora desta III edición do Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi, formado por Luz Beloso, Sara Valcárcel Maceira, Luís Davila, Armando Requeixo Cuba, e Carlos Loureiro Rodríguez, exercendo como secretario.
Despois de valorar os orixinais presentados e de levar a cabo distintas seleccións e contraste de opinións, previas á xuntanza do día de hoxe, o xurado acordou, por unanimidade conceder o Premio de Álbum Ilustrado Alberte Quiñoi á obra titulada Papóns, que se presentou baixo o pseudónimo “avoa”. Unha vez aberta a plica, esta resultou ser da autoría de Sandra López Díaz (Sandra Lodi).
O xurado quixo destacar neste álbum ilustrado que é unha obra moi atractiva visualmente cun uso dos planos e das cores impecable. Unha narrativa coherente e ben encetada; que pon en valor o mundo rural e os afectos entre avoa e neta. Un vínculo de transmisión cultural e familiar imprescindible que amosa de forma tenra e fermosa.
Tamén salientan como a autora representa os corpos, son mulleres reais, reproduce o noso pobo á perfección. A ilustración é orixinal e dinámica, cun estilo propio, cunha composición e perspectiva coidadas.
A relación que amosa co medio e cos animais é sensible e acertada. Forma parte da realidade das nenas e nenos que tiveron a sorte de criarse nese ambiente privilexiado no que imaxinar e crear as súas propias historias.
Un álbum que pon en valor a necesidade de preservar e protexer a natureza. De respectar os animais e darlles o seu propio lugar. Unha historia de xenerosidade que pon o foco no protagonismo que xogarán as novas xeracións como exemplo de conciencia. Un traballo colectivo que todas as persoas deben exercer en conxunto.
Será un deses libros que perduren no tempo.”

Compostela: Xornadas Gálix. Desfacendo a Raia XII. A LIX fronte aos novos formatos de lectura

Francisco Castro: “Os produtos artísticos teñen a obriga de facer reflexionar a sociedade”

Entrevista a Francisco Castro en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Quen é Sara?
– Francisco Castro (FC): É una cativa de seis anos que non fala logo dun accidente traumático no que morreu o seu pai. A partir dese momento, só fala co fantasma do seu pai. En realidade é Sara quen escribe o libro porque está narrado en primeira persoa, non ten puntuacións, nin liñas de diálogo porque trato de escribir esta historia coma imitando a maneira de falar dos cativos. Repite moito as cousas e pasa dun tema a outro con total naturalidade. A esta nena estalle pasando algo moi gordo, o máis infernal do que lle poda pasar a un neno ou a unha nena dentro da súa casa.
– LVG: O feito de ser un libro ilustrado quere dicir que vai dirixido a un público infantil?
– FC: Eu escribín este libro para un público adulto; é un libro ilustrado para adultos. É algo que se fai moito en Francia e en Alemaña, pero que en España non é habitual; hai moita banda deseñada, pero no libros ilustrados para adultos. Eu cando escribo estou interpelando ao lector adulto. (…)
– LVG: Os seus libros teñen sempre un sentido moi social. Teñen algunha finalidade didáctica?
– FC: Intento que non, pero o resultado está aí. Eu diría que é un acto consciente político e social porque eu non son capaz de facer literatura só entretida, con todo o respecto e o recoñecemento a quen o fai. Eu entendo que quen temos un altofalante como é a literatura, ou os artigos que escribo en La Voz ou as miñas intervención na Radio Galega creo que temos unha certa obriga de que os nosos produtos artísticos poñan o dedo nas cuestións que creo que a sociedade ten que reflexionar. Neste libro falo da saúde mental infantil e tamén da violencia sexual contra os nenos e as nenas, e alguén podería dicir que deses temas feos mellor non sería, pero creo que a literatura si ten que ocuparse deles.
– LVG: Como foi a coordinación coa ilustradora Luz Beloso?
– FC: Como é un texto moi especial, eu sabía que necesitaba unha ilustradora moi especial por iso falei con Luz. Ela díxome inmediatamente que si, pero eu lle dixen que era mellor que lera o texto antes. Chamoume esa mesma noite e díxome que estaba moi emocionada e chorara moito lendo o texto. Se o libro termina sendo unha pequena alfaia será, sobre todo, polo traballo dela. Foime amosando bocetos de como quería levar o tema. Un dos personaxes é un fantasma, algo que non é doado de representar. Eu fun vendo as ideas que ela tiña, fómolas comentando e unha vez que tiñamos máis o menos claro cal era a música que queriamos xa foi o seu traballo. Quedou realmente espectacular. (…)”

Moaña: Xornadas literarias “Muller e creación” 2022