O
Festiletras 2016, que terá lugar na aldea do Couto (Concello de Ponteceso), terá os seguintes actos destacados no xoves 19 de maio:
– 12:00 h., na Fundación Eduardo Pondal. Homenaxe a Manuel María. Con Miguel Mato. Recital poético da mocidade, co alumnado do IES de Ponteceso.
– 17:00 h., na Casa dos Veciños. Os vellos non deben de namorarse, de Fantoches Baj.
Arquivos da etiqueta: Manuel María
Outeiro de Rei: acto da Real Academia Galega no Día das Letras
Boiro: VI Romaría das Letras no Barbanza
Coñécense os gañadores do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía de Arteixo
Os
premios do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía coñecéronse durante a cerimonia celebrada durante a noite do venres 13 de maio en Arteixo. Durante o acto de entrega, que foi comandado polo profesor e escritor Henrique Rabuñal, o novo coordinador do certame, Alfredo Ferreiro, presentou o volume A garza insomne, que recolle os nove relatos finalistas das anteriores tres edicións, e sobre o que valorou “a colaboración do fotógrafo Xacobe Meléndrez, cuxa garza real destaca na portada do libro; e tamén, desde logo, o traballo esmerado e rigorosamente profesional de Galaxia, editora que nos honra colocando o noso libro na súa colección literaria principal, o que asegura a súa máxima divulgación”. O escritor Xavier Alcalá falou en representación da editorial e confirmou o interese da de Galaxia en apoiar os criadores e as criadoras do país dentro e fóra do mesmo, para o que está empeñada na actualidade na súa modernización e internacionalización, especialmente nos mercados hispanófono e lusófono.
A continuación o coordinador leu a acta do xurado, composto polos escritores Teresa Moure Pereiro (escritora), Marcos Sánchez Calveiro (escritor), Antonio Piñeiro Fernández (gañador da 24ª edición) e Alfredo Ferreiro (coordinador que asistiu como secretario, con voz e sen voto), en que se revelaba que por unanimidade debían os tres premios ás seguintes obras:
– 1º Premio, con 4.000 € e a publicación da obra, para o relato “Hai patios de luces tristes”, de Diego Giráldez.
– 2º Premio, con 500 € e a publicación da obra, para o relato “O mérito da chuva”, de Carlos Quiroga.
– 3º Premio, con 300 € e a publicación da obra para o relato “A aranha de Sidney”, de José António Lozano.
O evento contou coa actuación musical do grupo 4 jazz, que interpretou temas con letra de Manuel María así como outros do canon lírico galego, portugués e brasileiro.
A velada, que tiña comezado coa plantación dunha árbore conmemorativa do 25 aniversario do Certame, luce unha placa en que pode lerse: “Con raíces na Terra / a lingua medre / e a literatura floreza”. Como fin de festa, celebrouse un ágape na sala de exposicións do Centro Cívico.
A esta edición do certame presentáronse 72 orixinais, dos que 60 foron seleccionados para a valoración do xurado por cumpriren debidamente as bases.
A foto dos autores premiados é de Nifunifa.
Madrid: conferencia Manuel María: poesía, paisaxe e tradición, por José Antonio Cascudo
Rio de Janeiro: Jornada das Letras Galegas 2016: Manuel María
Ferrol: Recitando a Manuel María no Ateneo Ferrolán
Compostela: Verso busca voz, homenaxe a Manuel María
A
Cidade da Cultura celebra o 17 de maio, Día das Letras Galegas, rendéndolle homenaxe a Manuel María. Será a través dun espectáculo multimedia que inclúe versos, vídeo-creación e música en directo, co seguinte programa:
– De 10:00 a 12:00 h. Obradoiro de poesía e rap. A partir de 8 anos.
– De 12:30 a 14:00 h. Verso busca Voz. Recital colectivo e mutimedia.
– 14:00 h. Aperitivo literario cortesía de Eidos de Iria, Petroni e Caurelor
A Cidade da Cultura convida á cidadanía a participar nun recital colectivo no que ademais de poñerlle voz aos poemas preferidos de Manuel María, poderemos gozar en directo coas improvisacións sonoras de Koroiev (Roberto Casteleiro) e as videocreacións de DSK (Juan Lesta e Belén Montero). As persoas que desexen participar recitando deberán inscribirse previamente aquí. Pola súa banda, a entrada será libre para todos aqueles que prefiran asistir unicamente como público.
Previamente, a Cidade da Cultura acollerá un Obradoiro de poesía e rap a cargo de Für alle Falle (Iñaki López e Vanesa Castro) para rapaces a partir de 8 anos no que, partindo dos versos de Manuel María, realizarán as súas propias creacións. O resultado será parte do recital colectivo co que homenaxear ao gran poeta lucense. A entrada é de balde mais é preciso inscribirse previamente.
A mañá concluirá cun aperitivo literario no que os participantes en ambas as dúas actividades, así como o público asistente, poderán degustar zumes feitos a base de froitos do Courel da firma Caurelor, un bo vermú galego da man de Petroni e olivas de Eidos de Iria.







