Arquivos da etiqueta: María Solar
Compostela: actividades destacadas do domingo 28 na Feira do Libro 2019
O domingo 29 de abril comeza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:30 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:
– 12:30 h. Pregón a cargo de Marilar Aleixandre.
– 13:00 h. Presentación de O cirrio e o dron, de José Julio Fernández, publicado por Hércules de Edicións.
– 13:30 h. Marilar Aleixandre asina exemplares da súa obra na caseta de Secretaría.
– 18:00 h. Presentación-concerto de Canta, miña pedra, canta, de Xoán Curiel, publicado por Galaxia.
– 19:00 h. Presentación e obradoiro arredor do libro Quokka Moka de María Solar, ilustrado por Víctor Rivas, publicado por Xerais. Ao remate sinatura de exemplares.
– 19:45 h. Presentación de Novas masculinidades, de Jorge García Marín, publicado por Através Editora. Con Daniel Amarelo.
– 20:00 h. Charo Baleirón e Esther Balboa asinan Coñecendo a Antonio Fraguas. Roteiros literarios, na caseta da Libraría Ler Librerías.
María Solar: “A miña patria está na fantasía, na invención, en ser soñadora”
Compostela: presentación de O dono do derradeiro minuto, de Luis García Montero (tradución de Isaac Xubín)
Entrevista con Manuel Lourenzo na TVG
Desde a TVG:
“Manuel Lourenzo recibe o Xograr de Outono do FIOT de Carballo. Foi pioneiro nas artes escénicas en galego creando o grupo de teatro O Facho na Coruña. Ao longo da súa vida escribiu máis de 300 obras teatrais. Entrevista de María Solar.”
Entrevista a Marta Dacosta sobre Labirinto ou memoria
Desde o Chamando á Terra, da Radio Galega:
“María Solar entrevista a Marta Dacosta. A poeta achéganos ao seu poemario Labirinto ou memoria. Pode escoitarse aquí.”
A Coruña: crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con María Solar
Estas son algunhas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria, que tivo lugar o sábado 9 de xuño. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2018, María Solar (sábado 9 de xuño)
Os Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2018 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello da Coruña.
Volven os Paseos pola Coruña Literaria para coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.
- Sábado 9 de xuño (a partir das 17:30 h): paseo con María Solar arredor de Os nenos da varíola. Inscricións: desde o 28 de maio a partir das 9.00 horas.
Desde o peirao da Coruña partiu en 1803 a corveta María Pita para levar a vacina da varíola ao Novo Mundo da única maneira posible, a través dunha cadea de vacinación a 22 nenos orfos. A cidade foi parte e escenario da preparación desta xesta médica sen precedentes. Os nenos da varíola recupera, novelada, a memoria do que pasou. O roteiro levaranos da man pola historia e a ficción literaria, un paseo para recuperar parte da memoria da cidade e da humanidade.
Actividade dirixida a persoas maiores de 16 anos. 55 prazas por paseo.
É necesaria a inscrición, que pode facerse dos seguintes xeitos, nas datas indicadas para cada paseo:
– Presencial na Conserxaría do Centro Ágora
– No teléfono 981 189 888.
– Enviando un correo electrónico a lingua@coruna.es, onde deberá constar o/s nome/s e apelidos da/s persoa/s inscritas e un teléfono de contacto.
María Solar conversa con Dolores Vilavedra, editora de De Gres a Cádiz, de Xosé Neira Vilas
Desde Chamando á terra, da Radio Galega:
“Un libro póstumo autobiográfico de Xosé Neira Vilas, que recolle desde a súa infancia ata os 20 anos, cando embarca en Cádiz para América. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Crónica videográfica da III Gala do Libro Galego (V)
A III Gala do Libro Galego, coorganizada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia, tivo lugar o sábado 19 de maio no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que destacamos hoxe estas intervencións:
– Premio na categoría de Literatura Infantil: A señorita Bubble, de Ledicia Costas, ilustrado por Andrés Meixide (Edicións Xerais de Galicia):
– Premio na categoría de Literatura Xuvenil: Os nenos da varíola, de María Solar (Editorial Galaxia):
– Premio na categoría de Libro ilustrado: Tinta de luz, ilustrado por Berta Cáccamo, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Chan da Pólvora Editora):