As persoas que queiran asistir deben inscribirse previamente aquí.
As persoas que queiran asistir deben inscribirse previamente aquí.
O 8 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:30 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para estes días:
Sábado 7
– 12:00 h. Presentación e sinatura de Ba, de Dani Padrón, publicado por Bululú. Participa, xunto ao autor, María Canosa.
– 13:00 h. David Lorenzo asina exemplares de A predicción de Aloia, publicado por Do Cumio, e O neno peixe, publicado por Triqueta.
– 13:00 h. Blanca Millán asina O gran libro das nosas cousas, publicado por Do Cumio, e Benxamín, o cachalote que quería ser golfiño e Lola e as 21 vacas, publicados por Triqueta.
– 13:00 h. Contacontos arredor de Ola! Son un bicho bóla!, con Elvira Ribeiro e a ilustradora Noe Caamaño, publicado por Apiario.
– 18:30 h. Presentación de Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa, de María Canosa, publicado por Bululú. Haberá unha actriz caracterizada de Emilia Pardo Bazán.
– 18:30 h. Presentación de Orixe orzánica das sereas todas, de Rodrigo Osorio, publicado por Alvarellos, coa presenza de Henrique Alvarellos, xunto ao autor. Como personaxes, Urbano Lugrís e Leandro Carré (colabora o colectivo In nave civitas).
– 19:30 h. María Canosa asina Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa, publicado por Bululú.
– 19:30 h. Abel Alves e Jorge Campos asinan exemplares de O destino de Kameko, publicado por Aira.
– 20:30 h. Presentación e sinatura de A vida incerta, de Montse Fajardo, publicada por Do Cumio. No acto participa, xunto á autora, María Xosé Bravo.
– 20:30 h. María Lado asina exemplares de Gramo Stendhal, publicado por Apiario.
Domingo 8
– 18:30 h. Rena Ortega asina exemplares de Bo camiño, peregrino!, publicado por Do Cumio.
– 19:30 h. Xabier Quiroga asina exemplares de O baile dos estorniños, publicado por Xerais, e o resto da súa obra.
– 19:30 h. María Moure de Oteyza asina María das Herbas e as herbaxeiras do Caurel, publicado por Teófilo Edicións.
– 20:30 h. Emma Pedreira presenta e asina Os libros que hai en min, publicado por Cuarto de inverno. Participan, xunto á autora, Andrea Jamardo e David Cortizo Conde.
– 20:30 h. Jamas asina exemplares de Diario dun pirata confinado, publicado por Urutau.
Estas son algunhas das fotografías do acto de Lectura de textos de Xela Arias na Coruña, que tivo lugar o 16 de maio, organizado pola AELG xunto á Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Desde Nós Diario:
“Mulleres representativas do ámbito do feminismo e a cultura fixeron hoxe público un manifesto para solicitar á Xunta que non utilice a súa loita como escusa para intentar evitar que o Pazo de Meirás se converta nun centro dedicado á memoria antifranquista.
As asinantes entenden que tras décadas de traballo para que o Pazo pasase a mans “do seu lexítimo propietario, o pobo galego” é o momento “de mudar o seu significado e convertelo no símbolo de restitución da memoria das vítimas e da loita emprendida pola sociedade civil para acabar coa impunidade”, que foi precisamente o obxectivo que perseguía esa loita.
O texto foi promovido por tres mulleres: a xornalista Montse Fajardo, a presidenta da A. C. Alexandre Bóveda, María Xosé Bravo, e a poeta Marta Dacosta e sae á luz respaldado por moitas outras, integrantes do mundo da escrita, o xornalismo, o teatro, o audiovisual, a filosofía, o ensino, o sindicalismo e nomeadamente a loita feminista, aé achegarse ao cento.
Tamén quixeron apoiar o manifesto colectivos como o Soño de Lilith, Colectivo Feminista de Pontevedra, Colectivo Feminista Deza-Tabeirós, A Bella Otero ou Comanzo Mazá así como integrantes de Galegas 8M, a Marcha Mundial das Mulleres, 19 de Meirás, Escolas Asociadas da Unesco, AELG ou IGM.
As persoas que queiran sumarse poderán facelo a través desta ligazón, onde se pode consultar a listaxe de apoios.
As asinantes entran no debate sobre os usos de Meirás apoiando que se destine “á recuperación e a divulgación da memoria do pobo aldraxado e aniquilado e da súa loita antifranquista desde unha imprescindíbel perspectiva de país, clase e xénero, coa ollada posta tamén na restitución do recordo das mulleres que foron represaliadas (…) e que aínda así foron quen de ser solidarias co pobo perseguido, e resistentes na loita e na transmisión do verdadeiro relato”. Entre elas, citan as propias labregas de Meirás que participaron na revolta de 1933.
Como feministas, as asinantes entenden que cómpre facer visíbel a súa loita e traballar en prol da súa memoria e o manifesto –que fai un recoñecemento explícito á campaña “O feminismo non branquea o fascismo” iniciada semanas atrás nas redes– remata lembrando que o feminismo non agocha a memoria, está inzado dela.”
Estas son algunhas das fotografías do acto do Día de Rosalía de Castro 2021 na Coruña, que tivo lugar o 24 de febreiro, organizado pola AELG xunto á Agrupación Cultural Alexandre Bóveda. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.