Guiritiz: II Festival de Poesía Guitirica, do 1 ao 3 de xullo

A revista poética npgGaZeta abre as caboracións para o N°1

“Despois do éxito do N° 0 da revista, editado en dixital e en papel, e que tivo que ver paralizadas as presentacións físicas polo estado de alarma, a Nova Poesía Guitirica NPG aborda agora o N° 1 nunha web renovada e con novas seccións. Se no número cero as colaboracións consistían nun poema inédito e outro de un/ha autor/a xa publicado superando os 60 poetas, neste número poderase participar enviando un poema inédito ao correo da NPG npggazeta@gmail.com acompañando o enlace ás redes sociais d@ autor/a ou foto retrato.
A npgGaZeta é unha revista aberta á participación co soporte das agrupacións poéticas de base que están a traballar no país de forma democrática, transparente e comunal tal e como recolle o documento de base.
A revista dixital incorpora unha nova sección de entrevistas que priorizará a poetas de agrupacións poéticas de base.
A revista está coordinada por Moncho Bouzas e conta con un consello de redacción no que participan poetas de diferentes agrupacións poéticas de base do país que xa teñen participado recentemente no festival on line #enredeversos con máis de 30.000 visualizacións.
A primeira colaboración será do poeta Miro Villar, un dos fundadores do desaparecido Batallón Literario da Costa da Morte na páxina 6 da revista.
A web que soporta a revista mantén as seccións de Carvalho Calero e a de Estraperlo na que se aloxan publicacións poéticas dixitais de descarga gratuita en PDF.
No momento en que quede completado o N° 1 contamos poder apresentalo físicamente (versión en papel) conxuntamente co N° 0.”